O pasado martes día 13, ven de confirmarse a grave lesión de Alfredo Suárez. O xogador vai perderse toda a temporada debido a rotura do seu ligamento cruzado, asi como unha pequena rotura no corno do menisco e un esguince no ligamento lateral interno. O xogador, o cal deberá pasar polo quirofano en torno a un mes e medio, declarou e fixo incapé en que "o importante e que a lesión cure o mellor posible", xa que o importante neste momento "é a saude e intentar volver a vida normal o antes posible. Tanto desde Malpica, como de outros moitos lugares o xogador recibiu mensaxes de apoio, o cales "quero agradecer" xa que me son de gran axuda neste momento.
jueves, 15 de noviembre de 2007
martes, 13 de noviembre de 2007
Estamos dentro!
Isto comeza a ser serio, o noso blog xa pode ser coñecido por máis xente xa que o pasado venres o DeporSport facía mención á nosa páxina nun reportaxe sobre os sitios webs dos equipos da costa. Hai que seguir traballando.
lunes, 12 de noviembre de 2007
Monte Louro 4 - Malpica 1
UD Monte Louro: Juan Carlos; César, (Antonio), Pedro, Tono, Gael, Pulpo, Chema, (Eloy), Piti, Joja, Sérgio, Edu.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Alfredo II, Víctor, Marco, (Coki), Javi, (Charro), Lema, R. Sassano, Manuel, Charli.
Goles: 1-0, Piti, min. 39, remata a porta valeira, nun erro colectivo da defensa e tras desfacerse do porteiro visitante. 2-0 Joja, min. 47, nun bonito remate dende cerca, a pase de Sergio. 3-0, Edu, min. 70, de remate cruzado a centro de Sergio. 4-0,Sergio, min. 83, en bonita xogada persoal. 4-1, Lema, min. 85, adiantándose ao porteiro local rematando un centro de Diego
A tarde presentábase perfecta para xogar ó futbol, bo tempo e moi bo ambiente nas gradas. O conxunto de Esmoris viña con moita confianza tras dúas vitorias consecutivas e pretendia engancharse ó tren de cabeza sumando os tres puntos.
O partido comezou cunha fase de recoñecemento entre os dous equipos, parecían estarse observando un o outro para ver quen daba o primeiro golpe. Foi o conxunto local o que a abriu a lista de ocasións. Toni tivo que intervir en algunha ocasión e noutra, Diego foi o que sacou o balón debaixo dos paus. A ocasión máis clara foi un man a man que tivo o interior esquerdo do Monte Louro que se lle foi arriba. Cando a primeira parte estaba chegando ó seu fin, Lema perdeu un balón no medio do campo, a defensa estivo despistada e Toni fallou na súa saída deixando o balón nos pes de Piti que facía o xusto 1 - 0. Chegábase así ó descanso sen que o Malpica tivera unha ocasión de gol.
A segunda metade foi moi parecida. O Malpica gañou máis chegada en ataque coa entrada de Charro pero seguía sen atopar o camiño do gol. Pronto chegou o segundo golpe para
os de Esmorís co segundo gol, obra de Joja, tras un bo pase de Sergio. Este segundo tanto dos locais fixo que o conxunto malpicán se viñera a baixo tanto mental como fisicamente, aínda así disfrutou dalgunha ocasión por medio de Rodri tras unha boa xogada de Charro. Ademais, o arbitro non se atreveu a pitar un claro penalti a Charro cando o resultado era de 2 -0, sinalando falta fora da área. Logo chegaron dous goles máis cando o Malpica xa estaba roto, foron dous rápidos contragolpes. Cando o partido estaba agonizando, Lema marcou o tanto da honra tras un bo centro de Diego. Partido para olvidar do Malpica, que deberá mellorar moito no próximo partido na casa contra un duro rival, o Corme.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Alfredo II, Víctor, Marco, (Coki), Javi, (Charro), Lema, R. Sassano, Manuel, Charli.
Goles: 1-0, Piti, min. 39, remata a porta valeira, nun erro colectivo da defensa e tras desfacerse do porteiro visitante. 2-0 Joja, min. 47, nun bonito remate dende cerca, a pase de Sergio. 3-0, Edu, min. 70, de remate cruzado a centro de Sergio. 4-0,Sergio, min. 83, en bonita xogada persoal. 4-1, Lema, min. 85, adiantándose ao porteiro local rematando un centro de Diego
A tarde presentábase perfecta para xogar ó futbol, bo tempo e moi bo ambiente nas gradas. O conxunto de Esmoris viña con moita confianza tras dúas vitorias consecutivas e pretendia engancharse ó tren de cabeza sumando os tres puntos.
A segunda metade foi moi parecida. O Malpica gañou máis chegada en ataque coa entrada de Charro pero seguía sen atopar o camiño do gol. Pronto chegou o segundo golpe para
jueves, 8 de noviembre de 2007
Avelino Vs Adelino
O xornal coruñes DeporSport destaca o peculiar enfrontamento que se dou este domingo na Pedra Queimada entre o lateral do Malpica e o dianteiro do Esteirana.
lunes, 5 de noviembre de 2007
Malpica 3 - Esteirana 0
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Alfredo, Víctor, Marco, Alfredo Suárez (Koki), Kike, Charro (Javi), Manuel, Charli (Lema)SD Esteirana: Luki; Chispi, Mingos, (Suizo), Pablo, Roque, Picho, Pepe, (Uro), Martín, Adelino, (Áitor), Tuno, Quique.
Goleadores: Min. 11, Alfredo, de penalti 1-0. Min. 48, Manuel, de falta directa: 2-0. Min. 89, Lema dende uns 40 metros, adiantándose á saída do porteiro 3-0.
Gran tarde para xogar ó futbol na Pedra Queimada na que se deron cita ó redor de 130 afeccionados para presenciar o encontro entre o conxunto local e o Esteirana. O cadro de esmoris tiña a intención de seguir coa boa actuación que o levara a colleitar un importante triunfo a domicilio a xornada anterior.
O partido comezou bastante ben para o conxunto local, dominando e chegando con perigo. Non tardaron en chegar as primeiras ocasións por medio de Alfredo Suárez e máis Charro. Así, e froito da insitencia local, rondaba o minuto 11 cando Manuel mandou un gran pase a Kike, que despois dun bo control orientado foi derrubado na área cando xa estaba encarando ó porteiro. Aínda que os xogadores de Esteirana protestaron insitentemente, parecía claro que houbera penalti. Alfredo Suárez enganou ó porteiro convertindo o 1 - 0. Parecía que o partido estaba encarrilado, pero incomprensiblemente, e como xa sucedeu máis dunha vez nesta tempada, o cadro de Esmorís desapareceu do encontro e o conxunto visitante aproveitou para virse arriba e obrigaou a Toni a intervir en varias ocasións.
A segunda metade comezou máis igualada pero foi o Malpica o que golpeou de novo nada máis comezar. Foi Manuel, que anotou o segundo transformando de maneira brillante unha falta directa que el mesmo provocara. O partido continuou polos mesmos derroteiros ata o minuto 60 cando se producíu a xogada clave e á vez desgraciada do partido. Alfredo Suárez pisou mal tras disputar un balón e sentíu como lle estalaba por completo o xeonllo. O xogador tivo que ser retirado polos seus compañeiros entre berros de dór, deixando gran preocupación entre os xogadores.
Os minutos restantes foron un monólogo do Esteirana que meteu ó conxunto local no seu campo, o cal se limitaba a saír en tímidos contragolpes. Malía isto, o cadro visitante non logrou marcar, unhas veces pola falta de puntería e outras polas grans intervencións de Toni que fixo unha moi boa actuación.
Xa no minuto 89, Lema aproveitou un contragolpe lanzado por Manuel para adiantarse á saída do porteiro e batelo dende uns 40 metros establecendo o derradeiro 3 a 0.




