lunes, 12 de noviembre de 2007

Monte Louro 4 - Malpica 1

UD Monte Louro: Juan Carlos; César, (Antonio), Pedro, Tono, Gael, Pulpo, Chema, (Eloy), Piti, Joja, Sérgio, Edu.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Alfredo II, Víctor, Marco, (Coki), Javi, (Charro), Lema, R. Sassano, Manuel, Charli.
Goles: 1-0, Piti, min. 39, remata a porta valeira, nun erro colectivo da defensa e tras desfacerse do porteiro visitante. 2-0 Joja, min. 47, nun bonito remate dende cerca, a pase de Sergio. 3-0, Edu, min. 70, de remate cruzado a centro de Sergio. 4-0,Sergio, min. 83, en bonita xogada persoal. 4-1, Lema, min. 85, adiantándose ao porteiro local rematando un centro de Diego

A tarde presentábase perfecta para xogar ó futbol, bo tempo e moi bo ambiente nas gradas. O conxunto de Esmoris viña con moita confianza tras dúas vitorias consecutivas e pretendia engancharse ó tren de cabeza sumando os tres puntos.
O partido comezou cunha fase de recoñecemento entre os dous equipos, parecían estarse observando un o outro para ver quen daba o primeiro golpe. Foi o conxunto local o que a abriu a lista de ocasións. Toni tivo que intervir en algunha ocasión e noutra, Diego foi o que sacou o balón debaixo dos paus. A ocasión máis clara foi un man a man que tivo o interior esquerdo do Monte Louro que se lle foi arriba. Cando a primeira parte estaba chegando ó seu fin, Lema perdeu un balón no medio do campo, a defensa estivo despistada e Toni fallou na súa saída deixando o balón nos pes de Piti que facía o xusto 1 - 0. Chegábase así ó descanso sen que o Malpica tivera unha ocasión de gol.
A segunda metade foi moi parecida. O Malpica gañou máis chegada en ataque coa entrada de Charro pero seguía sen atopar o camiño do gol. Pronto chegou o segundo golpe para os de Esmorís co segundo gol, obra de Joja, tras un bo pase de Sergio. Este segundo tanto dos locais fixo que o conxunto malpicán se viñera a baixo tanto mental como fisicamente, aínda así disfrutou dalgunha ocasión por medio de Rodri tras unha boa xogada de Charro. Ademais, o arbitro non se atreveu a pitar un claro penalti a Charro cando o resultado era de 2 -0, sinalando falta fora da área. Logo chegaron dous goles máis cando o Malpica xa estaba roto, foron dous rápidos contragolpes. Cando o partido estaba agonizando, Lema marcou o tanto da honra tras un bo centro de Diego. Partido para olvidar do Malpica, que deberá mellorar moito no próximo partido na casa contra un duro rival, o Corme.

3 comentarios:

  1. Anónimo13/11/07

    ¡Hola rapaces! e posible que teñádes razón, pois tantas notas como tomo durante os partidos a veces emborrachome delas. eu agora mesmo no estou seguro quen foi o do pase a Lema, pero fíome de vos, ademais, tedes ocasión de comentalo nos vestiarios, polo tanto, corrixo o realizador do pase de Charro a Diego.
    Moitas grazas.
    Luís Porto.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo13/11/07

    Por favor, tédeme informado da lesión de Alfredo.
    Grazas. L.P.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo16/11/07

    Veña amigos un traspés sofreo calquera, animo e a seguir co bo xogo.

    ResponderEliminar