lunes, 18 de agosto de 2008

O Malpica conquista o Trofeo da Oleiría

O Malpica impuxose este pasado Domingo o Buño no Trofeo da Oleiría. O Partido disputouse na Pedra Queimada, xa que o campo do Buño esta en obras.
Foi un partido moi raro donde o Malpica, pese a que se impuxo no partido, demostrou que lle quedan cousas por mellorar. O resultado final foi de 3-1. Goles: 1-0; Alfredo Suárez de falta. 2-0; Rancaño tras xogada de Cheo. 3-0; Manuel, de falta. 3-1; Diego, tras un saque de esquina.
Proximamente informaremos da hora a que se disputará o trofeo das Festas do Mar que se celebrará o vindeiro sábado.

lunes, 11 de agosto de 2008

Malpica 2 - Xallas 0

Victoria do Malpica ante o seu primeiro test serio na pretempada. Chegaba "A Pedra Queimada" o Xallas, equipo que se prevee sexa a gran revelación nesta vindeira tempada, pra enfrontarse o equipo de Manuel Agilda que saiu co seguinte once: Toni, Marco, Iago, Avelino, Victor, Andrés, Manuel, Cheo, Busto, Sassano e Rubén.
O partido foi moi igualado na primeira metade, na cal os dous equipos gozaron de boas oportunidades, pero principalmente o xogo desembolveuse no medio campo resaltando a Manuel no Malpica e Toni no Xallas que estiberon moi activos. Neste periodo tívose que producir un cambio no Malpica xa que tras un choque nun salto de cabeza Marco sufriu un golpe e fíxose unha brecha. Alfredo substituiuno.
Na segunda metade sairon Rancaño, Kike e Alfredo Suárez por Andrés, Cheo e Rubén; pero outra vez, para desgracia do equipo local Kike lesionouse no xeonllo dereito tendo que ser substituido polo Charro.
Charro foi o protagonista do partido xa que marcou os dous goles do Malpica:
O primeiro tras un tiro dende dentro da area que petou nun defensa, o segundo nunha boa xogada trenzada polo Malpica na que o Charro revolveuse e cruzou ante o porteiro cunha gran definición. Lamentablemente tamén hai que destacar outra lesión grave, xa que Iago tivose que retirar co que parece ser una rotura de fibras, outra máis para un xogador castigado por este tipo de lesión.
En definitiva, un bo partido para o Malpica, pero esperemos con marxe de mellora.

viernes, 8 de agosto de 2008

SCD Malpica - Xallas F.C.

Tras un partidiño de proba fronte o Cerqueda, no cal os de Manuel Agilda se impuxeron claramente, o domingo día 10 os xogadores teran un rival xa a ter en conta. Será o Xallas, equipo que ascendeu este ano a segunda rexional quedando campión na terceira da costa. O partido poderase seguir a partir da 18:30 no campo "A Pedra Queimada".
Ven ver o teu equipo

lunes, 28 de julio de 2008

Comeza a pretempada

Despois da presentación o pasado día 23, Manuel Agilda confirmou que o martes día 29 de Xullo dará comezo a pretempada da SCD Malpica. O preparador ten pensado que o equipo entrene tres dias por semana, para poder coller boa forma de cara os partidos de preparación. Asi mesmo trasladoulle os xogadores a súa confianza e confirmou que a mediad que vaia avanzando a pretemporada trasladará a directiva a lista de xogadores coa que afrontará a campaña 2008/09.

martes, 8 de julio de 2008

Presentación da SCD Malpica

Finalmente a presentación da SCD Malpica celebrarase o día 23 de xullo no campo "A Pedra Queimada". Os xogadores teran que persoarse as 21:00 horas e con roupa para entrenar.

Manuel Agilda novo adestrador


Finalmente, a SCD Malpica chegou a un acordo con Manuel Agilda para que sexa o adestrador do equipo durante a próxima campaña 2008/09. Agilda chega para cubrir o oco de Ramón Esmoris, o cal levará a cabo o traballo cas categorias base do Malpica.

Manuel Agilda conta co título nacional e anteriormente adestrou o Olímpico de Rutis e o Betanzo B. Desexamos que o seu labor no equipo leve o Malpica de novo a codearse cos equipos punteiros da liga da costa.