lunes, 15 de septiembre de 2008

O Malpica imponse o Porteño 2-0

SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, (Rubén, 79’) Alfredo, Iago, Manu Pardo, Cheo, Rancaño, (Charli, 76’), Charro, (Alfredo Suárez, 66’), Andrés, (Busto, 55’), R. Sassano.

CF Porteño: Asier; Manuel, Roberto, Baleiro, Roski, (Wi, 86’), Alberto, Robertito, Tono, (Chino, 86’), David Toja, Bello, Óscar, (Varela, 62’).

Goles: 1-0 Cheo remata a portería tralo centro dende a banda dereita de Rubén; 2-0 Sassano bate o porteiro por baixo logo dunha boa xogada persoal.

Mal partido o disputado na Pedra Queimada por parte do Malpica. Os de Manuel Agilda estiveron moi imprecisos durante todo o encontro tendo asi as mellores ocasións na primeira parte o equipo visitante. O Porteño puido poñerse por diante pero en duas ocasións toparonse co poste e noutra moi clara de Baleiro que rematou alto. Tamen Cheo logo dunha xogada ensaiada puido adiantar os locais pero o seu tiro non atopou portería.

O que non se lle pode reprochar os malpicáns foi a actitude da segunda parte, xa que a falta de bo xogo, tiraron de casta para levarse o partido e tendo varias ocasións desaproveitadas por parte de Rancaño, Sassano e Alfredo Suárez.

O colexiado Sr. Chouciño Landeira, non tivo complicacións no partido, pero si abusou en moitas ocasións do cartón amarelo por dirixirse a él e non polas entradas do partido. O cometido destes personaxes é impartir xustiza, non abusar da potestade que teñen e faltandolle o respeto a algúns xogadores, xa que si estes o fan expúlsanos e santas pascuas.

lunes, 8 de septiembre de 2008

Debut con derrota para os de Manuel Agilda

SCD Malpica: Toni, Avelino, Iago, Victor, Marcos Amado, Andrés (Charro min.45), Manuel (Alfredo Suárez min.75), Rancaño, Busto (Rubén min.45), Cheo e Sassanno.
Santa Comba "B": Ángel; Miguel, Esteban, Solis, Matías, Pio, Diego, (Tuco min.91), Matón, (Juanillo min.70), Churian, (Marcos Facal min.89), Bruno, Óscar, (Micael min.70).

Goles: 1-0 min.33; Churian marca a placer tas pase de Diego. 1-1 min. 37; Manuel de volea dende o borde da area. 2-1 min.79 Diego tras unha gran xogada define con un explendido disparo cruzado.

Debut con derrota dun Malpica que non estivo mal en liñas xerais pero que volve a estar falto de gol. O equipo visitante foi o dominador do encontro cun Cheo moi activo, pero de novo os dianteiros non tiveron o seu día. Asi, na primeira parte Busto puido inaugurar o marcador, pero o seu tiro foise alto e mesmo Cheo dispuxo de dous tiros que atallou facilmente o portiero local. Co equipo Malpicán volcado e tras un fallo do Malpica o Santa Comba conseguiu abrir o marcador tras unha gran xogada de Diego, o mellor do Santa Comba, que deixa o seu compañeiro libre de marca. Logo empataría Manuel nos que quizáis foron os mellores minutos do Malpica e nos que puido poñerse por diante. Na segunda parte o mesmo guión, sucedianse as ocasión para o Malpica cos centros que Cheo mandaba dende a banda, pero estes non atopaban rematador, e novamente nunha contra o equipo local levouse o gato a auga e os tres puntos. O Malpica tentouno ata o final pero non puido acadar nin sequera o empate.
Hai que dicir que o arbitro permitiu o xogo duro dos locais, xa que nalgunhas xogadas merecedoras de cartón amarelo non os enseñou. Parecía estar máis pendente de que non lle protestasen que do xogo en si.
Pero non hai que esconderse detras do árbitro, xa que o Malpica dispuxo de bastantes ocasións para gañar o partido.

sábado, 6 de septiembre de 2008

¡Sorte amigos!


Queremos aproveitar a ocasión para desexarlle sorte os xogadores que abandoaron o Malpica nesta tempada. Diego marchou para o Sofán, Medros para o San Lorenzo, Tono para o Buño e Alex e Jorge Lema (creador xunto Alfredo Suárez deste Blog) para o Ponteceso "b". Desexamoslle unha moi boa tempada nos seus respectivos equipos e damoslle as gracias pola sua colaboración en tempadas anteriores. Sorte compañeiros.

Santa Comba "B" - SCD Malpica

Este domingo disputase a primeira xornada da Liga da Costa. O Malpica debuta contra o Santa Comba "b" e o partido será as 18:30. Todos aqueles afeccionados que desexen viaxar e apoiar o seu equipo podeno facer no autobus que sairá dende a parada de taxis de Malpica as 16:30.
Ven animar o teu equipo

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Exito do noso blog

Neste mes xa pasamos a barreira dos mil visitantes, algo que dende logo agradecemos xa que a xente se mostra interesada nas novas da S.C.D. Malpica. Dende esta páxina queremos darvos as gracias e esperamos que disfrutedes navegando por aquí.