Nesta semana na súa sección "A bitacora da semana" presentan o noso blog.
Podes velo en: www.quepasanacosta.com
SCD Malpica: Toni; Avelino, Víctor, Alfredo II, Iago, Andrés, (Fran Martuxa, 63’), Cheo, Rancaño, R. Sassano. (Charro, 78’), Alfredo, (Rubén, 63’), Busto, (Charli, 63’).
Xa comeza a ser un problema para o Malpica atopar porta. Desta vez os malpicáns conseguiron o empate no Platas Reinoso 0-0, pero o resultado non reflexa o visto no encontro. Os de Manuel Agida tiveron máis ocasións que o Baio e puideron levarse o partido, nembargantes outra tarde para olvidar dos dianteiros visitantes.
Na segunda metade máis do mesmo o Malpica quería e non podía. Tras unha gran xogada de Cheo, Rancaño tivo a ocasión de desnivelar o marcador pero o porteiro local conseguiu abortar o perigo e máis tarde Busto nun centro que bateu nun defensa, pero Dani consegue sacar o balón na liña de gol. O Baio tamén puido marcar despois dun desaxuste do porteiro visitante, pero o tiro de Martin foise desviado.
SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, (Rubén, 79’) Alfredo, Iago, Manu Pardo, Cheo, Rancaño, (Charli, 76’), Charro, (Alfredo Suárez, 66’), Andrés, (Busto, 55’), R. Sassano.
O que non se lle pode reprochar os malpicáns foi a actitude da segunda parte, xa que a falta de bo xogo, tiraron de casta para levarse o partido e tendo varias ocasións desaproveitadas por parte de Rancaño, Sassano e Alfredo Suárez.
SCD Malpica: Toni, Avelino, Iago, Victor, Marcos Amado, Andrés (Charro min.45), Manuel (Alfredo Suárez min.75), Rancaño, Busto (Rubén min.45), Cheo e Sassanno.
seu tiro foise alto e mesmo Cheo dispuxo de dous tiros que atallou facilmente o portiero local. Co equipo Malpicán volcado e tras un fallo do Malpica o Santa Comba conseguiu abrir o marcador tras unha gran xogada de Diego, o mellor do Santa Comba, que deixa o seu compañeiro libre de marca. Logo empataría Manuel nos que quizáis foron os mellores minutos do Malpica e nos que puido poñerse por diante. Na segunda parte o mesmo guión, sucedianse as ocasión para o Malpica cos centros que Cheo mandaba dende a banda, pero estes non atopaban rematador, e novamente nunha contra o equipo local levouse o gato a auga e os tres puntos. O Malpica tentouno ata o final pero non puido acadar nin sequera o empate.