jueves, 18 de octubre de 2012

Ag. Estudiantil 1-2 S.C.D. Malpica


Agrupación Estudiantil: Vicente; Aldrey (Collíns, min. 75), Mamadou (Colón, min. 46), Chechu, David, Peiteado, Diego (Robín, min. 64), Bandeira (Omar, min. 70), Jomis, Franqueiro, Capís.      
SCD Malpica: Suso; David Castro, Juanjo Rabuñal, Víctor, Marcos Amado, Andrés, Mario Casal, Rancaño (Alemán, min. 80), David Blanco (Uru, min. 73), Cheo (Charlie, min. 85), Tato (Adrián, min. 66).  
Árbitro: David Rosende Porto (1ª Aut.-Santiago). Correcta arbitraxe en liñas xerais, aínda que se tragou dous posibles penaltis: un a prol do Malpica sobre David Blanco cando se dispuña a encarar portería contraria e outro para o equipo local de Víctor sobre Jomis, por unha entrada a destempo. En cambio, acertou nos dous penaltis sinalados.
Asistentes:  Rivas Rodríguez e Santos Romero. Actuación aceptable, aínda que se botou en falta a súa colaboración co arbitro nalgunha xogada na que se atopaban mellor colocados que o colexiado.       
Goleadores: 0-1, min.10: saque de banda de Juanjo Rabuñal sobre a área pequena que despexa un defensor. O rexeite empálmao Andrés sin deixar caer o balón e este entra rozando o pao dereito do meta local. 0-2, m. 11: saque de portería de Suso, que peina Mario no centro do campo. David Blanco anticípase ao seu par para cruzar de primeiras, tamén coa cabeza, á espalda dos dous centrais. Ahí aparece Tato para salvar a saída do porteiro cruzando o balón coa punteira. 1-2, m. 90+3: Nun dos múltiples balóns colgados do equipo local, o esférico cae sobre a man de David Castro cando se dispoñía a controlalo. O lanzamento da pena máxima foi executada por Colón, que enganou perfectamente a Suso.  
Comentario: A SCD Malpica chegaba cun once inicial lixeiramente diferente do que viña amosando nas xornadas anteriores. Non obstante comezou o partido coas ideas moi claras do que debía facer nun campo que non se prestaba para o xogo combinativo. Co equipo moi ben armado dende atrás e buscando a presión en canto tiña ocasión, para dificultar a saída rival dende atrás. Esto fixo que nos primeiros 45 minutos o Malpica fora o claro dominador, e que a Ag. Estudiantil case non pisase a área de Suso.
Xa na segunda parte, e co resultado a favor, os locais empezaron a asediar o marco visitante sobre todo con xogo directo, pero Suso mostrouse moi seguro en toda a tarde. Aínda así a SCD tería a posibilidade de ampliar o marcador mediante un penalti sinalado no min. 74 sobre Uru, pero Vicente detivo o lanzamento de Rancaño. A Ag. Estudiantil reduciría distancias xa sin tempo para máis, polo que non se chegou a temer polos 3 puntos. 

lunes, 1 de octubre de 2012

FLAVIA S. D. 0 - 2 S. C. D. MALPICA


FLAVIA SD: Diego; Carlos, Tevi (Abel min. 80), Poto, Alfonso, Chava, Roi (Kevin min. 56), Rubén(Cristian min 27), Tris, Manu (Samuel min. 61), Rubi.        
SCD MALPICA: Suso; Adrián, Mario Casal, Marcos Amado, Andrés (Ismael min. 80), Alemán, Rancaño, Neucha (David Castro min. 82), Cheo, Tato (Martín Uruguaio min. 74), Charro (Marco min. 89).  
Árbitro: Miguel Ángel Castro.- (1ª Aut.-Santiago). Moi boa arbitraxe.
Asistentes:     Sres: Queija Pérez e Martínez Sequedo.-        
Goleadores: 0-1 no min. 50: pase en longo de Tato sobre Charro, o porteiro sae mal ó intentar despexar  quedándolle o balón a Charro nos pés, o cal dispara a pracer para facer o 0-1;  0-2  no min. 90: asistencia de Adrián sobre o desmarque de Cheo, este último centra introducindo o balón na porteria o defensa local ó intentar ceder o balón ó porteiro co peito. 
Comentario:  Partido moi disputado no campo do Flavia, de grandes dimensións e baixo un sol abrasador. Este feito sen duda afectou ó espectáculo que ofreceron ambos conxuntos pois o partido foi bastante lento, cun equipo local tocando con pasividade no seu campo pero sen apenas crear ocasións de gol en todo o partido. De feito, non se contabilizaron tiros á portería por parte do Flavia. Pola contra, o Malpica, consciente das condicións nas que se disputaba o partido e dos erros cometidos en partidos anteriores, limitouse a practicar un xogo de contención, presionando ben sempre que o equipo local intentaba rebasar o medio campo. Froito deste traballo chegou o primeiro gol que, tras un roubo de Mario Casal e cesión a Tato, este envía en longo para que Charro suba o 1-0 ó marcador. A partires de ahí, o equipo local tentou xogar cun pouco máis de présa pero sen resultado, xa que os continuos balóns en longo que envíaban eran neutralizados sen problema pola defensa malpicán. Xa co partido case finalizado, a xogada entre Adrián e Cheo terminou por finiquitar un partido nun campo difícil e ante rival duro, sobre todo verbalmente, pois algún xogador local de lengua non andaba nada mal. 

lunes, 10 de septiembre de 2012

SD PILOÑO 3-1 SCD MALPICA


SD Piloño: Iván; Jairo (Sergio, min. 81), Diego, Álex, Alberto (José Antonio, min. 64), Manuel (Alexandro, min. 46), Marcos (M. Ángel, min. 71), Santiago, Brian, Juan, Bruno.

SCD Malpica:
Suso; Charlie (Martín Uruguaio, min. 46), Marcos Amado, Víctor, Marco (Ismael, min. 75), Rancaño, Neucha, Alemán (Andrés, min. 55), David Blanco, Mario Casal (Tato, min. 70), Adrián (Charro, min. 46).

Arbitros: Óscar Enriquez Pereiro cos asistentes Iglesias Penela e Reboredo Riadicios.
Pitou descaradamente a favor do equipo local e sempre cunha actitude chulesca, que desquiciou ao equipo malpicán. Expulsou a Suso (min. 55) ao sinalar penalti por derrubo sobre Bruno. Ademáis anulou un gol a Neucha por entender que houbo falta previa e concedeu o gol que supuxo o 2-1 do Piloño en clarísimo fóra de xogo.

Goles:
1-0, min. 37: centro dende a banda dereita que empalma Bruno co interior, batendo a Suso por arriba.
1-1, m. 44: saque de esquina executado por Rancaño sobre o primeira pao. Ahí aparece Víctor que toca de tacón e anota o empate despois de que un defensor local desvíe o balón. 
2-1, m. 75: Bruno recibe en clarísimo fóra de xogo un despexe da súa defensa, e supera a Andrés de tiro cruzado. 
3-1, m. 90+2: Co Malpica volcado en busca do empate, Brian resolve unha contra cunha gran vaselina.

Comentario: Máis alá da penosa actuación arbitral, non tivo unha boa tarde o Malpica, que en ningún momento do partido se chegou a sentir cómodo. Ambos equipos abusaron en exceso de xogo directo, impedindo que se vira un encontro vistoso en “O Coballón”. Na primeira metade ademáis dos goles, solo se contabilizou unha ocasión clara por equipo: un man a man de Adrián co porteiro local que envía demasiado alto, e por parte do Piloño, un remate de cabeza de Juan que se pasea pola área pequena sin encontrar rematador.
Xa na segunda parte, cun Malpica que semellaba comezar mellor plantado no terreo de xogo, comezaría o festival arbitral. A expulsión de Suso no citado penalti, deixaría ó Malpica con un home menos case toda a segunda parte. Aínda así o todoterreno Andrés (ante a ausencia de porteiro suplente) detivo a pena máxima despois dunha gran estirada. Continuou o partido sen un dominador claro, ata que Bruno anotou o 2-1 en posición antiregulamentaria. A partir de ahí o Malpica volcouse sobre a portería local, embotellando ó Piloño no seu campo, a pesar de estar en inferioridade numérica, pero as imprecisións no último pase impediron que se conseguise a igualada. Xa co partido prácticamente rematado chegaría o gol de Brian que poñería o 3-1 definitivo.
Toca facer borrón e conta nova, porque o vindeiro fin de semana visitará a Pedra Queimada o Cacheiras, que ven de empatar 2-2 co Villestro.

lunes, 3 de septiembre de 2012

Resultados e clasificación

Deixámosvos aquí o resto dos resultados do Grupo 2 da 1ª Autonómica así como a clasificación trala primeira xornada. Ámbalas duas imaxes foro extraídas da web nordeportes.



domingo, 2 de septiembre de 2012

MALPICA 3-0 CORME (XUVENÍS)


SCD Malpica: Ángel; Víctor, Canario, Fenosa, Diego, Josiño (Stiven, min. 88), Camilo, Aitor (M.Ángel, min. 69), Almeida (Jorge, min.88), Juny, Pitís (David, min.64).

Corme CF: Javi; Iván, Quique (Daniel, min.15), David, Jorge, Antonio (Truli, min.70), Fran (Isma, min.79), Dani (Alejo, min.46), Eloy, Juanma (Alberto, min.78), Brais. 

Goles: 
1-0, min.52: Almeida aproveita o rexeite do porteiro cormelán a tiro de Camilo para facer o primeiro da tarde.
2-0, min.84: Nunha contra do equipo malpicán, Juny leva ó seu par e solta un zapatazo cruzado que da no pao dereito á altura de escadra e se cola dentro, sin que o porteiro Javi poida facer nada para evitalo. 
3-0, min.91: Diego recibe un saque de banda e sin pensalo pégalle a portería dende 20 metros, sorpredendo ó gardameta visitante por encima.

Comentario: Bo partido en liñas xerais do equipo xuvenil, que aínda que ten unha plantilla moi renovada logrou iniciar a campaña con un importante triunfo. A vindeira semana intentarán seguir con esta dinámica fronte ó Pontenceso SD no campo do Pinguel.


Resultado Malpica - Amio


Malpica: Suso, David Castro, Víctor, Amado, Rancaño, Alemán (Ismael min.71), Adrián (Mario Casal min. 74), Cheo (Charlie m. 85), David Blanco (Charro m. 46), Neucha, Uruguaio (Tato m.63).

Amio: Adrián, Tojo, Boler, Tito, Vilas, Castro, Elusto (Roi m. 81) , Tiki, Jairo, Benji, Rodri (Jersi m. 65).

Arbitros: Carro Moreira cos asistentes López Gonzáles e Rodríguez Penas. Deixaron xogar aínda que cecáis debería haber cortado con amonestacións o xogo duro dos visitantes. Anularon un gol legal a Mario Casal.

Ambiente: Tarde soleada con vento moderado tirando a forte. Sobre 150 persoas nas bancadas.

Goles: 0-1 min. 4: indecisión entre a defensa local e o porteiro que provoca que o dianteiro visitante Jairo remate a porta valeira; 1-1 min. 28: gran xogada individual de Adrián, que avanza desfacéndose de contrarios, entra na área e cede a Uruaguaio para que este marque de disparo raso axutado ó pao; 2-1 min. 83: saque de banda en longo de Cheo sobre o punto de penalty que, tras un barullo na área, remata Charro cruzado batendo ó meta visitante.

Comentario: O partido non podía comenzar peor posto que ós 5 minutos, unha indecisión entre a defensa local e o porteiro Suso dáballe o primeiro e único tanto para os visitantes. Ate ahí a aportación ofensiva do Amio C. F. xa que non volviu tirar á porta en todo o partido. A partires do gol, o Malpica fixose co control total do balón xerando numerosas ocasións de gol entre as que destacan as seguintes: unha internada de Cheo pola dereita que termina cun centro á cabeza de Neucha que detén o meta rival nunha gran intervención; unha combinación entre Neucha, Uruguaio e Adrián que termina cun tiro que detén o porteiro; xogada de corner ensaiada que centra Rancaño e remata Neucha salvándoo un defensor baixo paos; disparo de David Blanco dende a frontal que sae alto; xogada de Neucha que se desfai de varios contrarios para finalmente ceder á David Blanco, o cal remata cruzado saíndo o tiro rozando o pao. Ate aquí deu de si a primeira metade, cun Malpica totalmente volcado en ataque, presionando moi ordeandamente, recuperando e iniciando o xogo con criterio, sempre apoiándose nunha defensa moi segura.

A segunda metade foi máis do mesmo, xerándose as seguintes ocasións de gol por parte do Malpica (o Amio non se acercou á área local): vaselina de Cheo que se vai por pouco tras un medido pase de Alemán; combinación entre Rancaño e Charro con remate deste último que se vai fóra por pouco; saque de banda en longo de Cheo que remata Neucha salvándo o porteiro visitante nunha expléndida parada, etc..

Con simplemente contar o número de ocasións de ambos equipos xa se pode sacar unha idea de como foi o partido: dominio total do equipo local que realizou un gran partido, con fases de xogo combinativo moi bo, ante un rival que se empregou con excesiva dureza en determinados momentos do partido. Deste xeito, o equipo dirixido por David Baña e o seu segundo, Javi, inician a liga gañando e convencendo, servíndolle para continuar traballando na mesma liña para seguir avanzando con éxito na categoría.