miércoles, 3 de julio de 2013

PARTIDO BENÉFICO: SCD MALPICA - VETERANOS DEPORTIVO DA CORUÑA

PARTIDO AMIGABLE:

SCD MALPICA - VETERANOS DO DEPORTIVO DA CORUÑA

-HORARIO: SÁBADO 6 DE XULLO ÁS 18 HORAS NA PEDRA QUEIMADA (MALPICA)

Animamos a todo aquel que queira colaborar co pobo saharaui a que acuda o vindeiro sábado á Pedra Queimada para presencialo encontro entre a SCD e os Veteranos do Deportivo, no que participan xogadores ilustres como Fran, Manjarín, Songoo, Andrade, José Ramón, etc.

O precio da entrada será de 3€.

Asimesmo hai varias actividades complementarias. A primeira é unha churrascada no campo prevista para ás 14 horas (gratuita para @s soci@s do Malpica).

Por outro lado, despois do encontro contaremos cunha disco móvil que actuará ata a madrugada.

Moitas gracias a todos e todas pola colaboración neste acto benéfico.

jueves, 27 de junio de 2013

COPA DA COSTA 2013: FINAL

COPA DA COSTA 2013:

FINAL: SCD MALPICA - XALLAS SANTA COMBA

LUGAR E DATA: Campo Platas Reinoso (Baio), sábado 29 de xuño ás 19:00 horas. Haberá servicio de autobús que sae do centro da vila ás 17.30 horas.

A SCD MALPICA logra chegar á final da Copa da Costa tras 28 anos sen facelo (a última vez foi en 1985, ano no que conquistou o seu último título copeiro). Dende a directiva do clube queremos pedilo apoio de tódolos socios e aficionados malpicáns neste día histórico para a entidade, pois entre todos seguro que podemos volver a repetila xesta de 1985.


jueves, 30 de mayo de 2013

Comunicado da SCD Malpica



   COMUNICADO DA SCD MALPICA:

   Antes de nada decir que a idea da SCD Malpica non é polemizar nin entrar en ningún tipo de guerra con ningún clube, e moito menos cun do mesmo Concello. Non obstante, dado o comunicado que onte  mércores 29 de maio colgou a UD Cerqueda no seu perfil de Facebook creemos necesario manifestala nosa posición ante as varias incongruencias que no mesmo se describen, pois vémonos envoltos nun conflicto que non foi creado por nós.

   En primeiro lugar hai que decir que tralo encontro que o pasado domingo enfrentou ao Malpica e Zas na Pedra Queimada, os presidentes de ámbolos dous clubes malpicáns tiveron unha reunión informal onde se tratou o tema do día e horario da ida dos cuartos de final da Copa da Costa. Xa que o Cerqueda se xoga o ascenso á Segunda Autonómica e que se nos dixo que o Camelle quería xogar domingo pola tarde (que é o horario oficial) chegamos ao acordo de que o encontro se disputaría sábado 1 de xuño ás 16:30 horas en Buño.

   As dúas partes estábamos de acordo en día e hora, pero para sorpresa nosa o Presidente da UD Cerqueda volve a poñerse en contacto coa SCD para volver a cambialo propoñendo datas alternativas como o xoves 30 de maio, venres 31 ou luns 3 de xuño. Queda claro que a intención do Malpica era disputala eliminatoria como creemos que merece unha competición como a Copa da Costa (máis neste ano que é o 50 aniversario) e por eso estábamos dispostos a xogar tanto sábado como domingo a calquera hora, inclusive pola mañá, deixando en primeiro lugar que o Cerqueda e Camelle fixasen o seu partido. Os argumentos que se empregan por parte do Cerqueda caen polo seu propio peso en varios aspectos:

            1.- É totalmente lícito que o Cerqueda priorice o ascenso á Copa, pero ¿entón por qué non renunciaron á Copa antes do sorteo ou na ronda anterior? Xa antes dos oitavos de final sabían que ían coincidir no fin de semana dous partidos (neste caso Soneira B e Ponteceso). Algo que por certo pasou sempre nos últimos anos a tódolos equipos e que segue a pasar este ano (por exemplo co Baio e Laxe). 

            2.- A SCD Malpica estaba disposta a xogar calquera día do fin de semana, pero o que non estamos dispostos a facer e xogar un día laborable entre semana por motivos que son obvios, pois non somos un clube profesional. Comezando polos socios e a afición, pois gran parte non poderían asistir a un encontro que debería de ser unha festa para o fútbol malpicán. Ademais de que hai varios xogadores que tampouco poderían estar por traballar e estudiar fóra da vila.

            3.- No comunicado do Cerqueda danselle as gracias tanto ao Ponteceso como ao Soneira B polas “facilidades e por deixarlles competir” mentres que co Malpica se fala de “decepción”. Esto causounos unha gran sorpresa pois tanto a ida como a volta tanto da Copa como da eliminatoria de ascenso xogáronse sábado e domingo, algo que era o que ía suceder tamén nesta ronda. 

            4.- Tamén se afirma que “entenden a decisión do Camelle” por non querer cambialo partido fóra do seu horario oficial por estar no seu dereito, mentres que dende a SCD Malpica si estábamos dispostos a cambialo e se nos critica por non querer poñelo para un día laborable.

            5.- Do mesmo xeito faise referencia a un custo económico para o Cerqueda. Cabe recordar que o custo é para os dous equipos, todos sabemos que se perde unha importante taquilla tratándose dun derbi, ao que hai que engadir o perxuízo deportivo que supón para o Malpica estar dúas semanas sen competir. 

            6.- Igualmente, alúdese a posibles problemas de lesións por xogar o día antes. Tampouco semella un argumento moi sólido, xa que se desgraciadamente hai un xogador mancado dificilmente se podería recuperar a tempo para domingo se a Copa se disputase o venres en lugar de sábado. 

   Para rematar, insistir en que a intención da SCD Malpica non é para nada entrar en polémicas, tan só quixemos dar publicidade a nosa versión dos feitos e aclarar que a idea do clube era disputalos cuartos de final da Copa contra o Cerqueda e que para iso estivemos dispostos a xogar calquera día e hora do fin de semana.

                                                  A directiva da SCD Malpica.


jueves, 23 de mayo de 2013

Oitavos de final da Copa da Costa

O vindeiro domingo día 26 de Maio ás 18:00 terá lugar na Pedra Queimada o partido de volta de oitavos de final que enfrontará á S.C.D Malpica co Sp. Zas. O resultado do partido de ida foi 0-0, polo que todo está aínda por decidir.

lunes, 5 de noviembre de 2012

S.C.D. MALPICA 2-0 NOIA C.F.


SCD Malpica: Suso; David Castro, Uru, Víctor, Juanjo Rabuñal, Alemán, Neucha (Charro, min. 81),  Cheo (Adrián, min. 67), David Blanco (Marco, min. 87), Tato (Ismael, min. 74), Mario Casal.
Noia CF: Toledo; Mario, Juanjo, Luís Transbach, Pose (Hugo, min. 78), Josiño, Tarelo (Jorge, min. 54), Banana, Óliver (Ciño, min. 78), Chispa, Joseiño (Adrián, min. 81).
Árbitro: Zas Vázquez.- (1ª Aut.- A Coruña). Boa actuación, excepto por algún leve erro que non influiu para nada no resultado final.
Asistentes: Paz Rodríguez e Pichel Castro  (Auxiliar e 2ª Aut.-A Coruña). Correctos, aínda que tampouco tiveron xogadas de demasiada dificultade.
Goleadores:    1-0, m. 22: falta directa moi próxima ó vértide esquerdo da área do Noia, que materializa Cheo de forma maxistral. 2-0, m. 31: falta similar á anterior, pero desta volta escorada hacia o lado dereito. Neucha coa súa habilidade habitual lanza un forte disparo que supera a barreira e se cola pegadiña ao pao.
Comentario: A Pedra Queimada acollía o enfrontamento entre dous dos gallitos da clasificación cunha das mellores entradas do que levamos de campionado (unhas 200 persoas). Con este gran ambiente, o Malpica volveu a saír unha semana máis moi forte dende os primeiros minutos, ante un rival moi compacto que facía moi complicada a elaboración do característico xogo de toque que gusta aos de David Baña. Malia todo, as ocasións máis importantes da primeira metade (aínda que poucas) foron para o equipo local, sobre todo en rápidas transicións cando se recuperaba o balón, gracias a boa presión que se exerciu durante practicamente todo o encontro. Xa no minuto 3, Tato recibía en profundidade de Alemán, e metía un pase entre liñas ao que non chega David Blanco por centímetros, cando encaraba xa ao meta Toledo. 15 minutos máis tarde, Neucha recibe de Mario Casal e lanza un trallazo que sae rozando o pao. Pola súa banda, o Noia dispuxo dunha única ocasión clara nestos primeiros 45 minutos. Un pase en longo que non acerta a despexar a defensa malpicán chega aos pes do dianteiro noiés, que se planta ante Suso, pero o seu intento de vaselina vaise fóra por pouco.
Xa na segunda metade, e co 2-0 a favor, o Malpica dedicaríase máis a controlar o partido e o Noia seguiría sin crear demasiado perigo. Tan solo se contabilizou un disparo raso de Josiño, que detivo Suso sin demasiados problemas. O resto, foron multitude de lanzamentos dende longa distancia, que non foron entre os tres paos. Por parte do Malpica, cabe resaltar outras dúas ocasións: David Blanco sae como unha bala despois de interceptar un pase da defensa rival, pero o seu disparo deteno Toledo, e un lanzamento de Isma tras unha serie de combinacións con Adrián, que despexa o meta visitante, non sin problemas.  
Con esta nova victoria o Malpica aúpase á 3ª posición da tabla, a 3 puntos do líder da categoría e a 2 do propio Noia, que marcha segundo da competición.

martes, 23 de octubre de 2012

S.C.D. Malpica 5-0 C.F. Laro


SCD Malpica: Suso (Víctor Martínez, min. 72); David Castro, Uru (Marco, min. 66), Juanjo Rabuñal (Alemán, min. 59), Víctor, Mario Casal, Neucha, Rancaño (Ismael, min. 70), David Blanco, Tato (Charro, min. 70), Adrián.
CF Laro: Tino; Novoa, Galego (Borja, min. 67), Reboredo, Sánchez, Charly, Dani, Ibi, Rucho, Zobra (Corradi, min. 72), Diego (Lamela, min. 72).
Árbitro: Patiño García (1ª Aut.- A Coruña). Regular. Seguiu as accións de cerca, pero cortou en demasía o xogo e non pitou un claro penalti sobre David Blanco cando encaraba ao porteiro rival Tino.
Asistentes: Cavado Rodríguez e Rodríguez Penas. (2ª Aut.- A Coruña). Correctos.
Goleadores:    1-0, min. 6: Tato aproveita un rechace a tiro propio para inaugurar o marcador. 2-0, min. 31: Apertura de Rancaño sobre Uru que profundiza ata a liña de fondo e sirve ao segundo pao, onde Neucha empalma para superar a Tino. 3-0, min. 34: pase entre liñas de Adrián sobre Tato que penetra na área, cede atrás a David Blanco e este fusila a pracer. 4-0, min. 66: despexe defectuoso do porteiro visitante que aproveita David Blanco. 5-0, min. 69: internada de Adrián por banda dereita que finaliza con centro ao segundo pao e cabezazo maxistral de Neucha.
Comentario: Saiu o Malpica enchufadísimo, en busca dunha victoria ante a súa afección. As ocasións de gol sucedéronse prácticamente dende o primeiro minuto. Destacando, unha gran internada de David Blanco por banda dereita que remata con un centro envenenado, que se termina marchando moi cerca da escuadra rival (min. 4), Uru desborda por velocidad en banda esquerda e sirve ao segundo pao para Neucha, quen envía fóra tras un remate de cabeza en plancha (min. 12), Neucha envía fóra dende dentro da área tras recibir un pase de Tato que o deixa só para o remate (min. 24) e dous centros de Charro na segunda parte, que non acertan a materializar Uru e Neucha, respectivamente.
Pola súa banda, o Laro simplemente gozou duns 15 minutos de dominio na primeira parte, con tres xogadas destacables: unha falta con moito perigo que Suso ten que despexar cos puños (min. 16), unha internada por banda esquerda que remata con centro e impecable volea, que Suso é quen de repeler a corner (min. 20) e xa co tempo cumplido, Corradi roubaría un balón á defensa malpicán, pero Víctor (recién incorporado ao terreo de xogo) desbarataría o man a man, nunha gran intervención.
Con esta victoria o Malpica encadena unha serie de bos resultados que o aúpan a 4ª posición. Esperemos que se poida manter o bo nivel de xogo a pesar da dificultade dos próximos enfrontamentos.