martes, 9 de octubre de 2007

Malpica 4 - Baio 2


Malpica: Toni, Victor, Alfredo, Iago ( Charli), Diego, Marco ( Coki min.80) Kike ( Martuxa min. 61) Manuel, Lema ( Charro min. 72), Alfredo Suárez, Rodrigo.
Baio: Trucho, Ramón, Diego Costa ( Muíño min. 68), Iván, Cristian ( Santi min.68), Mario, Alberto, Dario ( Carro min. 24), Carlos, David Costa ( Fermín min. 66)
Goles: 1-0: Rodri min.12; 2-0: Rodri min. 18; 2-1: Carlos min. 22; 2-2 Carlos min.28; 3-2 Alfredo S. min. 72; 4-2 Manuel min.79.


Bo ambiente na Pedra Queimada con ó redor de 120 persoas nun partido no que o Malpica trataba de reecontrarse ca vitoria e seguir facéndose forte no seu campo. O partido comezou de forma trepidante, non había un dominio claro e ambos equipos dispuxeron de algunha ocasión. Froito deste descontrol, rondaba o minuto 12 cando Alfredo Suárez iniciou un contragolpe pola banda esquerda, foise en velociade do seu marcador e puxo un preciso centro que Rodri, con moita clase, matou co peito e sen deixala caer mandou o balón a escadra dun certeiro zurdazo. O partido poñíase de cara para o equipo local o que lle axudou a seguir dominando nos minutos seguintes, froito desa presión e tan só 6 minutos despois, Rodrigo conseguía aproveitar un mal despexe do porteiro para poñer ó Malpica dous goles por diante. O partido parecía medio resolto, pero incompresiblemente o conxunto de Esmorís votou unha sesta de 10 minutos que o Baio aproveitou para reestablecer as taboas no marcador con dous goles de Carlos, o primeiro nunha xogada colectiva e o segundo cun gran disparo dende o pico da área. A primeira parte remataría sen máis sobresaltos. O segundo tempo comezou sen un dominador claro, pero o Malpica non tardou en facerse co control do partido. De feito, foi xusto despois da mellor ocasión do Baio, cun disparo dende a área pequena que Toni despexou nun alarde de reflexos, cando o equipo local decidíuse a ir polo encontro. Así, no minuto 72 Alfredo Suárez, que xa dispuxera minutos antes dunha gran ocasión cun disparo desviado despois dunha gran xogada persoal, poñía por diante ó Malpica ó aproveitar unha boa deixada de Charli tras un barullo na área e cruzar o balón facendo inútil a estirada de Trucho. O Baio tivo que estirarse e entón apareceron máis espazos para os anfitrións, cando se estaba chegando ó minuto 80 Rodri meteu un gran pase ó Charro que quedou só diante do porteiro e foi derribado ó borde da área polo porteiro visitante. Manuel executouna moi ben enganado ó porteiro perfectamente e colocando o balón no fondo das redes.

Gran vitoria do Malpica que colle confianza para afrontar o difícil partido da próxima xornada na que visitará o feudo do lider, o Cee.

0 comentarios:

Publicar un comentario