Partido moi disputado o de Miraflores, donde o Malpica saiu presionando dende o primeiro momento. Xa no minuto cinco, nunha acción moi protestada, Manu conseguía transformar en gol a infracción indicada polo colexiado por esgotamento de tempo do porteiro no saque. Poñíanse ben as cousas para o equipo visitante, sen embargo, pouco despois, o Muros conseguía a igualada nunha xogada afortunada. Xa na segunda parte o Malpica volvía a adiantarse grazas o gol de Alfredo, nunha xogada ben trenzada por todo o equipo. Ahí acabouse o dominio do dos visitantes e o equipo local volcouse sobre a porteria de Toni. Asi, cun fallo do Malpica, e cun corner ben rematado por Xurxo, o Muros conseguiu darlle a volta o marcador. Cando xa todo o mundo cria na victoria do Muros, Sasanno sacou probeito dun barrullo dentro da area e estableceu o tres a tres no marcador. O Malpica segue ca racha dos empates, nunha xornada donde claramente mereceu a victoria. Hai que destacar a mala actuación do colexiado, protestada tanto por locales como visitantes, nun partido que se lle foi das mans dende o primeiro minuto, perxudicando a ambolos dous equipos e incluso chegando a enfrentalos con decisións "incribles".
Muros - Malpica : 3-3. Boa entrada en Miraflores, con 150 aficionados.
Goles: 0-1, min 5: Manuel; 1-1, min 12: Xurxo; 1-2, min 73: Alfredo; 2-2, min 87: Mallu; 3-2, min 92: Xurxo; 3-3, min 93: Sassano, que primeiramente anulou e despois concedeu. Os locais dominaron os primeros 45 minutos, pero o Malpica, ca entrada de Sassano, mandou na segunda parte. Foron expulsados mediocentro do Malpica Andrés e o adestrador visitante Esmoris.
Koke: Sa sabes que podes contar sempre coa miña colaboración.
ResponderEliminarPD: A miña dirección de correo electrónico é: lportov@.gmail.com
e a dirección de páxina Web é: scd-malpica.blogspot.com
Un saudo: Luis