lunes, 10 de diciembre de 2007

Malpica 2 - Buño 0


SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Fariña, Andrés, Charro, (min.87 Rubén), Quique, Lema, Manuel, Elías, (Coki, min. 79).
Buño SD: Añón, Óscar, Aitor, Diego, Mario, Jorge, (Richard), Aldao, Carlos, Víctor, Emilio, (Manu), Neucha.
Goles: 1-0 Min. 48: Manuel, de penalti cometido a Lema. 2-0 Min. 85: Fariña dende o medio do campo tras un erro do porteiro.

O malpica volvía a casa despois de dúas xornadas xogando fora no que conseguira dous valiosos empates. A tarde presentábase propicia para consolidar eses bos resultados conseguindo os tres puntos ante o colista da categoría. Aínda así, as condicións cliamtolóxicas non eran as mellores xa que se levantara un forte vento que non ía deixar xogar con comodidade.
Na primeira parte o equipo local acusou o vento en contra e sobretodo as maiores gañas dos visitantes, que con pouco futbol pero moita intensidade conseguiron pouco a pouco crear perigo. Victor, o mellor home dos visitantes, dispuxo de varias ocasión nas que fixo intervir a Toni, que estivo moi acertado. O conxunto de Esmoris non era capaz de saír coa pelota xogada debido a gran presión que estaban a realizar os xogadores do Buño. Aínda así, o resultado non se moveu na primeira metade.
Trala reanudación, todo cambiou. Agora o vento sopraba a favor do cadro local e as forzas iban minguando nos visitantes. A consecuencia disto, o Malpica dispuxo de 5 corners consecutivos nos que creou moito perigo, de feito, no último deles, foi no que se orixinou o penalti que deu lugar ó 1-0. Lema recolleu un balón solto na área, amagou co disparo e foi derribado polo seu marcador, penalti claro aínda que moi protestado. Manuel foi o encargado de transformalo mandando o balón a escadra dereita da portería. O partido poñíase de cara para o Malpica que nos minutos seguintes seguiu atacando e provocando máis ocasións de perigo por medio de Lema, que rematou cun forte cabezazo un corner botado por Diego, obrigando ó porteiro a facer unha espectacular parada mandando o balón ó longueiro.
Pouco a pouco, o dominio do Malpica foi decrecendo, pero o equipo visitante nunca dou sensación de verdadeiro perigo, tendo como única ocasión aillada un tiro de Victor que Toni mandou a corner sen problemas. No minuto 85, nunha das innumerables faltas que fixo o Buño, Fariña colgaba un balón sin aparente perigo á área visitante, que tras botar, o porteiro "tragouse" de maneira escandalosa sentenciando así o encontro.
Non foi un encontro moi vistoso, pero os tres puntos son moi importantes para acabar a primeira volta entre os catro primeiros e afrontar a visita do Ponteceso con moita moral.

1 comentarios:

  1. Anónimo10/12/07

    A verdá é que o Malpica non xogou moi ben, pero si que tivo a efectividá que lle faltou noutros encontros. O que conta son os goles a fin de contas.
    PERO AÍ TAMOS EN CHAMPIONS!!!JAJAJA

    ResponderEliminar