lunes, 28 de enero de 2008

Baio 2 - Malpica 1

CD Baio: Trucho; Víctor Silvarredonda, (Alberto, m. 46), Fermín, Santi, Diego, Sergio Pensado, David Costa, (Fredi, m. 88), Martín, Mario, (Cristian, m. 46), Juan Carlos, Carro, (Adrián, m. 88).
SCD Malpica: Toni; Javi, Diego, Víctor, Alfredo II, (Fariña, m. 70), Andrés (Daniel, m. 78),Cheo, Lema, (Charro, m. 64), Rodri, Manuel,Martuxa.
Goleadores: 0-1, min. 47, Lema cunha boa vaselina tras facer unha boa parede con Cheo. 1-1, min. 50, Alberto cruza o balón ante Toni que dubidou na súa saída 2-1, min. 76, Pensado rouballe o balón a Rodri na frontal da área e bate a Toni.

Chegaba o Malpica ó Platas Reinoso coa necesidade de romper a súa mala xeira de resultados e non descolgarse da cabeza. Así, comezou o partido con moita intensidade e no minuto 5 xa Lema estrelara un balón no longueiro tras unha gran carreira de Cheo. A primeira parte foi totalmente para o cadro de Esmorís, que tivo en Cheo a súa máxima arma ofensiva, xa que entrou pola banda dereita sempre que quixo. Aínda así, o equipo visitante non foi quen de adiantarse no marcador e os dous equipos foron ó descanso con empate a ceros.
A segunda metade comezou do mesmo xeito, e froito diso, tan só dous minutos despois da reanudación, o malpica conseguiu trenzar unha xogada pola banda dereita, na que Lema fixo unha gran parede con Cheo, e tras quedarse só no man a man con Trucho, definiu cunha perfecta vaselina. Poñíase o partido de cara para o Malpica que seguía xogando un bo futbol. Pero os cambios que o adestrador local introducira no descanso comezaron a facer efecto e o Baio veuse arriba. Tan só 4 minutos despois, unha xogada pola banda esquerda rematou cun desaxuste na defensa malpicana e cun centro ó que Toni non decidiu saír, e que quedou perfecto para que no segundo pau, Alberto cruzara o balón ó fondo da rede. Instantes despois, o partido rematou por tolear de todo, xa que o árbitro expulsou ó porteiro do Baio por doble amonestación por non sacar de porta. Na seguinte xogada, Martuxa agrediu a un xogador local e foi expulsado, ademais de ter que retirarse ó hospital por un corte na cara. Dende ese momento, o Baio fíxose dono do encontro e comezou a meter ó Malpica na súa área, o gol tiña que chegar, e foi no minuto 76, tras un barullo. O balón caeulle a Rodri, que quixo buscar unha mellor posición para despexar e Pensado rouboulle o balón quedando só ante Toni que nada puido facer. O cadro local aínda puido aumentar máis a súa renta mentres que o Malpica non conseguiu tirar unha sóa vez a portería.

lunes, 21 de enero de 2008

Malpica 1 - Muros 3

SCD Malpica: Illote; Avelino, Diego, Víctor, Marco, (m.33, Alfredo II), Andrés, (m. 73, Fariña), Charro, (m. 55, Dani), Lema, Rodri, Manuel, Martuxa.
Muros SD: Rubén; Adán, (m. 73, Sandre), Iván, Mayu, Teo, Varo, Xurxo, (m. 59, Gelu), Manu, Maxi, (m. 55, Jaro), Aarón, (m. 81, Abel), Brais, (m. 84, Andrés).
Goleadores: 0-1. Maxi, min. 5, a porta valeira, aproveitando un choque entre o porteiro local Illote co seu defensa, Víctor. 0-2. Brais, min. 24, de vaselina ante de Illote. 0-3. Manu, min. 67, de penalti, por máns de Avelino. 1-3. min. 76, Rodri tras centro de Dani.

Algún día tiña que chegar, o Malpica, único equipo da costa invicto no seu campo, perdeu onte esas condición. Foi no peor partido da tempada, sen dúbida, do conxunto de Ramón Esmorís. O cadro local nunca dou a talla ante o equipo muradán. Os visitantes ramataron o partido na primeira metade, na que, só a falta de acerto fixo que non se foran ós vestiarios cun resultado máis avultado. Abriu o marcador moi cedo Maxi, tras unha indecisión entre Illote e Victor na ambos chocaron, quedando o balón morto para empuxar a gol. Era o minuto 5 e o Malpica xa ía por detrás. Tan só 15 minutos despois o Muros volvería a marcar cunha gran vaselina de Brais ante a saída de Illote. Con 20 minutos de partido, o encontro xa estaba resolto, xa que o cadro local non daba sinais de vida, sendo o conxunto visitante o que tiña aínda máis ocasións para aumentar a vantaxa, varias delas que se estrelaro no pau. Na segunda parte, o muros dedicouse a conservar a victoria e incluso a aumentou tras un penalti e posterior expulsión de Avelino, que trasnformou Manu. Curiosamente, con 10 homes foi cando o Malpica creou máis perigo aínda que sen moito acerto. Rodri maquillou o resultado tras un gran centro de Dani, rematando sen deixala caer.

lunes, 14 de enero de 2008

Castriz 2 - Malpica 0

SD Castriz: Juan; Alejandro, Torreira, (m. 90 Martín), Roberto, Toniño, Jota, Luís, (m.85, Javier), Koeman, Mauri, (m.92, Moreno), David Brenlla, (m. 69, Bruno), Sebas, (m. 87, Prego).
SCD Malpica: Toni; Avelino, Javi, Diego, Alfredo II, Quique (m. 58, Dani), Charro, Lema, Rodri, Manuel, Martuxa.
Goles: 1 - o, Min. 35. Toniño remata no segundo pau unha falta botada por Jota. 2 - 0, Min. 75 Sebas tras un córner.


O Malpica presentábase no campo do terceiro clasificado, do que estaba a un punto, coa intención de situarse por encima na clasificación. As condicións non axudaban moito xa que fixo unha tarde moi fría e con choiba en algúns instantes do partido. Isto fixo que o partido non fose moi vistoso e que as ocasións chegaran todas en balóns largos ou xogadas de estratexia.
O cadro de Esmorís comezou dominando cunha gran presión coa intención de levarse o partido dende o primeiro momento. Así, ós catro minutos, o Charro roubou un balón froito da gran presión colectiva e o rexeite colleuno Martuxa que no man a man con Juan chegou un pouco forzado e non puido superalo. O Malpica seguiu bastante ordenado e exercendo unha boa presión, mentres, o conxunto local só chegaba a área de Toni mediante pelotazos, como unha xogada na que Alfredo esbarou, e o meta visitante tivo que facer unha gran intervención no man a man co dianteiro do Castriz. No minuto 18, Lema recibe só dentro da área un bo centro de Avelino e cabecea alto cando tiña todo a favor. Tan só un minuto despois, Rodri foi derribado na área pero o árbitro, moi caseiro, non sinalou nada. O Castriz só podía crear perigo en xogadas de estratexia, e así foi como chegou o primeiro gol. Jota botou unha falta lateral ó segundo pau, e Toniño, ante a pasividade da defensa malpicán, fusila a Toni nun bo remate. Remataba así a primeira parte cun resultado totalmente inxusto.
A segunda metade foi un calco da primeira. O cadro visitante levou o peso do encontro pero non foi quen de definir ante a meta local. Na reanudación o Malica chegou a dispoñer de tres oportunidades claras de gol que non foi quen de resolver. Ós cinco minutos, Manuel recolle un rexeite e manda unha volea dende 40 metros que pega no longueiro, nese mesmo rexeite, o Charro só e ca porteria valeira, manda o balón alto. Dez minutos despois, o Charro prolonga un bo balón para Rodri e o seu tiro e despexado a córner por Juan. Como pasara no primeiro tempo, tras perdoar o Malpica, golpeou o Castriz. Xa tivera algunha ocasión debido ós espazos deixados atrás polo empuxe visitante. No minuto 75, un córner botado por Torreiro ó segundo pau foi rematado por Sebas tras unha mala saída de Toni. Tralo segundo gol, o Malpica baixou os brazos e non puido facer máis. Foi un día destes nos que non che sae nada, e no que o adestrador Ramón Esmorís dixo: "Nestes partidos quédanche cara de tonto, fas todo por gañar e perdes".
Para a semana o Malpica recibe ó Muros na Pedra Queimada onde espera retomar a xeira do triunfo.

lunes, 7 de enero de 2008

Malpica 3 - Porteño 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Marco, Andrés, (Alfredo II, m.37), Charro, (Quique, m. 63), Lema, (Martuxa, m. 80), Rodri, Manuel, (Coki, m. 85), Dani.
CF Porteño: Diego; Matías, Roberto, (Óscar, m. 63), Rosquilleiro, Álex, Gemisa, (Piti, m. 68), Ismael, Varela, Cousillas, (Manuel, m. 46), Vello, Choó, (Ástu, m. 46).
Goleadores: 1-0, min.1: Charro tras adiantarse ó central. 2-0, min. 66: Rodri marca de forte disparo 3-0, min. 77: Lema cun gran disparo dende máis de 20 metros.

Primeiro partido do ano na Pedra Queimada, que rexistrou unha entrada frouxa debido ás malas condicións climatolóxicas, con chuvia e moito vento. O Malpica quería empezar o ano ben despois do último tropezo no campo do Sofán. En fronte, estaba o Porteño, un equipo en estado de gracia que viña de gañar os seus últimos 5 partidos e que estaba 2 puntos por encima do cadro que adestra Esmorís.
O partido non puido empezar mellor, xa que na primeira xogada, Dani mandaba un pase interior ó Charro, que se adiantaba ó central e no man a man definía con maestría mandando o balón ó segundo pau sen que Diego puidera facer nada. Só ían 42 segundos de partido e o conxunto local estaba por diante no marcador. A primeira parte morreu aí, xa que o Porteño non era capaz de chegar con perigo e o Malpica limitábase a controlar o balón e aprobeitar algunha ocasión para matar o partido. Ocasión que casi chega no minuto 27, cando tras unha boa xogada pola banda dereita, Avelino centrou un balón medido que Lema rematou acrobáticamente obrigando a Diego a facer unha gran parada.
A segunda metade comezou igual que rematara a primeira, só que ó cuarto de hora da reanudación, o cadro local volveu a golpear de novo. Foi tras un saque de banda que Lema peinou para Rodri e este sen pensalo enganchou un trallazo que se colou pola escadra sen que nada puidera facer o porteiro visitante. O partido pareceu complicarse un pouco trala expulsión por doble cartón amarelo a Marco, pero o Porteño non foi quen de poñer en apuros a Toni, que apenas interviu. Cando faltaban 15 minutos para o remate do encontro, Lema sentenciou o partido cun golazo, recolleu o balón en tres cuartos de campo, e tras avanzar uns pasos mandou un trallazo que se colou pola escadra ante a atenta mirada de Diego, que nada puido facer.
Máxima efectividade do Malpica, que na segunda metade realizou un gran encontro. Cabe destacar a volta ó equipo de Dani, que fixo un gran partido creando moito perigo pola banda esquerda.