lunes, 28 de enero de 2008

Baio 2 - Malpica 1

CD Baio: Trucho; Víctor Silvarredonda, (Alberto, m. 46), Fermín, Santi, Diego, Sergio Pensado, David Costa, (Fredi, m. 88), Martín, Mario, (Cristian, m. 46), Juan Carlos, Carro, (Adrián, m. 88).
SCD Malpica: Toni; Javi, Diego, Víctor, Alfredo II, (Fariña, m. 70), Andrés (Daniel, m. 78),Cheo, Lema, (Charro, m. 64), Rodri, Manuel,Martuxa.
Goleadores: 0-1, min. 47, Lema cunha boa vaselina tras facer unha boa parede con Cheo. 1-1, min. 50, Alberto cruza o balón ante Toni que dubidou na súa saída 2-1, min. 76, Pensado rouballe o balón a Rodri na frontal da área e bate a Toni.

Chegaba o Malpica ó Platas Reinoso coa necesidade de romper a súa mala xeira de resultados e non descolgarse da cabeza. Así, comezou o partido con moita intensidade e no minuto 5 xa Lema estrelara un balón no longueiro tras unha gran carreira de Cheo. A primeira parte foi totalmente para o cadro de Esmorís, que tivo en Cheo a súa máxima arma ofensiva, xa que entrou pola banda dereita sempre que quixo. Aínda así, o equipo visitante non foi quen de adiantarse no marcador e os dous equipos foron ó descanso con empate a ceros.
A segunda metade comezou do mesmo xeito, e froito diso, tan só dous minutos despois da reanudación, o malpica conseguiu trenzar unha xogada pola banda dereita, na que Lema fixo unha gran parede con Cheo, e tras quedarse só no man a man con Trucho, definiu cunha perfecta vaselina. Poñíase o partido de cara para o Malpica que seguía xogando un bo futbol. Pero os cambios que o adestrador local introducira no descanso comezaron a facer efecto e o Baio veuse arriba. Tan só 4 minutos despois, unha xogada pola banda esquerda rematou cun desaxuste na defensa malpicana e cun centro ó que Toni non decidiu saír, e que quedou perfecto para que no segundo pau, Alberto cruzara o balón ó fondo da rede. Instantes despois, o partido rematou por tolear de todo, xa que o árbitro expulsou ó porteiro do Baio por doble amonestación por non sacar de porta. Na seguinte xogada, Martuxa agrediu a un xogador local e foi expulsado, ademais de ter que retirarse ó hospital por un corte na cara. Dende ese momento, o Baio fíxose dono do encontro e comezou a meter ó Malpica na súa área, o gol tiña que chegar, e foi no minuto 76, tras un barullo. O balón caeulle a Rodri, que quixo buscar unha mellor posición para despexar e Pensado rouboulle o balón quedando só ante Toni que nada puido facer. O cadro local aínda puido aumentar máis a súa renta mentres que o Malpica non conseguiu tirar unha sóa vez a portería.

0 comentarios:

Publicar un comentario