lunes, 7 de enero de 2008

Malpica 3 - Porteño 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Marco, Andrés, (Alfredo II, m.37), Charro, (Quique, m. 63), Lema, (Martuxa, m. 80), Rodri, Manuel, (Coki, m. 85), Dani.
CF Porteño: Diego; Matías, Roberto, (Óscar, m. 63), Rosquilleiro, Álex, Gemisa, (Piti, m. 68), Ismael, Varela, Cousillas, (Manuel, m. 46), Vello, Choó, (Ástu, m. 46).
Goleadores: 1-0, min.1: Charro tras adiantarse ó central. 2-0, min. 66: Rodri marca de forte disparo 3-0, min. 77: Lema cun gran disparo dende máis de 20 metros.

Primeiro partido do ano na Pedra Queimada, que rexistrou unha entrada frouxa debido ás malas condicións climatolóxicas, con chuvia e moito vento. O Malpica quería empezar o ano ben despois do último tropezo no campo do Sofán. En fronte, estaba o Porteño, un equipo en estado de gracia que viña de gañar os seus últimos 5 partidos e que estaba 2 puntos por encima do cadro que adestra Esmorís.
O partido non puido empezar mellor, xa que na primeira xogada, Dani mandaba un pase interior ó Charro, que se adiantaba ó central e no man a man definía con maestría mandando o balón ó segundo pau sen que Diego puidera facer nada. Só ían 42 segundos de partido e o conxunto local estaba por diante no marcador. A primeira parte morreu aí, xa que o Porteño non era capaz de chegar con perigo e o Malpica limitábase a controlar o balón e aprobeitar algunha ocasión para matar o partido. Ocasión que casi chega no minuto 27, cando tras unha boa xogada pola banda dereita, Avelino centrou un balón medido que Lema rematou acrobáticamente obrigando a Diego a facer unha gran parada.
A segunda metade comezou igual que rematara a primeira, só que ó cuarto de hora da reanudación, o cadro local volveu a golpear de novo. Foi tras un saque de banda que Lema peinou para Rodri e este sen pensalo enganchou un trallazo que se colou pola escadra sen que nada puidera facer o porteiro visitante. O partido pareceu complicarse un pouco trala expulsión por doble cartón amarelo a Marco, pero o Porteño non foi quen de poñer en apuros a Toni, que apenas interviu. Cando faltaban 15 minutos para o remate do encontro, Lema sentenciou o partido cun golazo, recolleu o balón en tres cuartos de campo, e tras avanzar uns pasos mandou un trallazo que se colou pola escadra ante a atenta mirada de Diego, que nada puido facer.
Máxima efectividade do Malpica, que na segunda metade realizou un gran encontro. Cabe destacar a volta ó equipo de Dani, que fixo un gran partido creando moito perigo pola banda esquerda.

1 comentarios:

  1. Grazas Rapaces:

    O de Jemisa foi un erro da mecanografía
    E o de Lema ou Daniel, foi que cando cheguei ao campo, o partido xa estaba comenzado, pidín información a distintas persoas, uns non sabían e outros dixeron que fora Lema.

    Desculpas.

    ResponderEliminar