lunes, 28 de septiembre de 2009

SOFÁN 2 - MALPICA 3

SD Sofán: José Ramón; Juanjo, Diego, Roberto Souto, (Gende 67’), Varela, (Adrián 60’), Pensado, (Óscar 89’), Mario, Alemán, Berti, Eloy, (Jacobo 69’), Bertín, (Pizo 74’).

SCD Malpica: Toni; Marco, Marcos Amado, (Víctor 46’), Alfredo II, Iago, Casais, (Carlitos 46’), Neucha, (Ismael 81’), Andrés David Blanco, Charly, , Eloy, (Manu Pardo, 46’),

Árbitro: Sr. España Andrade. (A Coruña). Nada acertado, en especial nos penaltis sinalados; ademáis, non sinalou dous penaltis, un sobre o visitante David preto do descando e outro sobre o sofanista Mario ao comezo da segunda metade. Tivo un aire chulesco e moi caseiro en diferentes fases do partido.

Goleadores: 0-1; (17’): gran combinación entre, Casais, David Blanco e Charly, este lanza un tiro forte á escadra dereita da portería de José Ramón, que rexeita nunha grande estirada, e Neucha que chegaba lanzado, empalma a rede en boca de gol. 1-1, (22’): Bertín, arranca en fóra de xogo, centra, a defensa malpicana queda parada reclamándolle ao árbitro, e Mario, remacha a rede, o colexiado concede o gol, a pesar das protestas dos visitantes. 1-2, (57’): Carlitos, remata a media volta un saque de curruncho efectuado por Neucha, ante a pasividade da defensa local. 2-2, (59’): Bertín, deixase caer con picaresca na área ante o acoso do defensa malpicán, Marco, o propio Bertín, transforma a pena máxima. 2-3, (70’): Manu Pardo, transforma un penalti, sinalado, por derribo de José Ramón, sobre David Blanco, cando este encaraba a portería local tras un balón en profuncidade do propio Manu Pardo. Os xogadores da SD Sofán, protestaron moito a xogada, estimando que non houbera contacto do porteiro local.

Ambiente e Incidencias: Tarde soleada en “O Carral”. 140 siareiros nas bancadas. Non houbo expulsados. O xogador local Pensado, retirouse lesionado ao sufrir un tirón muscular.

Comentario: Chegaban os dous equipos a esta cuarta xornada da Liga da Costa cos primeiros "apuros" da tempada, xa que viñan de perder os dous últimos partidos. Durante o primeiro tempo apenas se puido ver xogo combinativo no terreo de xogo, predominando o xogo directo. A SCD Malpica non se atopou nada cómoda durante os primeiros 20 minutos, xa que o equipo dividíase en dous debido a que a presión en campo contrario non era efectiva por culpa de que o árbitro non sinalaba ningún fóra de xogo dos locais (con ocasións claras dos sofanistas Berti e de Eloy). Así as cousas, a defensa visitante tivo moitas complicacións xa que tiñan moito espazo libre as súas espaldas, favorecendo o xogo directo do Sofán. En ataque, o Malpica estivo bastante espeso, destacando só a ocasión de Neucha de falta e un posible penalti non sinalado a David.

Na segunda metade continuou a igualdade entre ámbolos dous equipos, aínda que o Malpica estivo moito mellor plantado que na primeira metade, xa que xuntou máis as liñas eliminando as dificultades defensivas do periodo anterior. Deste xeito, o Sofán apenas creou perigo, salvo nos últimos minutos a balón parado en busca do empate que non lograron. Foi unha parte moi pelexada polos dous conxuntos, onde o fútbol vistoso deixou paso á brega, e neste contexto o Malpica soupo sacar proveito das ocasións que tivo.

En definitiva, tratouse dun partido duro e de fútbol directo típico dos partidos de rivalidade desta Liga da Costa, no que o Malpica volveu a vencer ao Sofán (algo habitual nos últimos enfrontamentos entre eles). Cabe destacala actitude dos xogadores malpicáns, xa que nunca baixaron a cabeza, a pesar de que o Sofán empatou o partido dúas veces, obtendo como recompensa unha importante victoria, xa que suman 6 puntos e gañan lonxe da Pedra Queimada, algo que nas últimas tempadas sucede poucas veces. Pola súa banda, o Sofán queda nunha situación complicada, tendo en conta que aspiran a estar na parte alta da táboa.

martes, 22 de septiembre de 2009

MALPICA 0 - ZAS 2

SCD Malpica: Toni; Marco, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Rancaño, (Eloy, 46’) Neucha, Casais, (Manu Pardo, 63’), David Blanco, Charly, (Alfredo, 55’), Andrés, (Ismael, 71’)

SP. Zas: Norberto; Pereiro, Roli, Julián, Quico, Jorge, Navarro, (Churi, 77’), Adrián, Rubio, (Juan, 85’), Braulio, Pichín, (César, 87’).

Árbitro: Sr. Grañas Martínez. (A Coruña). Mala actuación a súa, sobre todo en dúas xogadas puntuais na segunda metade (que deron lugar ós goles visitantes) e constantemente na primeira metade pitando a favor do Sporting Zas.

Goles: 0 - 1; (61', Navarro). Pase en profundidade de Braulio e Navarro, en fora de xogo, bate ao meta local Toni. 0 - 2; (67', Rubio). Xogada de ataque malpicán pola banda esquerda, o Zas rouba a pelota na liña divisoria pero o balón parece que sobrepasa a liña de banda e os xogadores locais quedan parados esperando a que o árbitro pite, pero éste nono fai e Navarro cambia de banda para a entrada de Rubio que se planta só ante o porteiro do Malpica.

Incidencias: Boa entrada na Pedra Queimada (150 persoas, aproximadamente) nunha tarde soleada e agradable. Non houbo ningún expulsado. Lamentala lesión do mediocentro local Rancaño, aínda que non reviste excesiva gravidade (parece unha sobrecarga).

Crónica: Partido atractivo o que enfrontaba ao Malpica e ao Zas na terceira xornada da Liga da Costa. A primeira metade foi moi igualada, aínda que o xogo non foi nada fluido, predominando o xogo directo, probablemente porque ámbolos dous equipos teñen xente moi veloz na súa dianteira. Consecuencia dese xogo directo e da igualdade entre os equipos foron as escasas ocasións de gol neste período: Neucha (20´) nun saque de falta directa que sae pegada ao poste esquerdo da meta defendida por Norberto; Rubio (31´) nunha internada pola banda esquerda plántase ante Toni pero responde moi ben o porteiro local; Rancaño (40´) atópase cun balón franco na área visitante pero o seu disparo coa perna esquerda (a menos boa) sáelle moi frouxo.

Na segunda metade o partido vai decantándose cara o lado zaense pouco a pouco, xa que o "cuarteto" atacante visitante atopa máis espacios dado a incapacidade do Malpica para mantela posesión de balón, quizáis debido a lesión de Rancaño. Non obstante, aparte dos goles, o Zas só tivo dúas ocasións de gol claras: no minuto 70 mediante un tiro de Navarro, e no desconto cunha ocasión múltiple que salva moi acertadamente Toni. Por parte do Malpica, hai que destacala ocasión de Alfrediño (76´), que tralo erro garrafal da defensa visitante plántase só ante Norberto pero non define.

Parece que o Malpica perde fuelle trala súa goleada na primeira xornada (5-0 fronte ao Fisterra), xa que suma dúas derrotas consecutivas. Sen embargo, perder ante o Zas era algo que entraba dentro do previsible, quizáis doe máis a derrota sufrida na segunda xornada fronte ao San Lorenzo, posto que o partido estaba dominado claramente polo Malpica pero dous despistes propiciaron a remontada local. Pero non debe cundilo pesimismo, dado a boa imaxe mostrada nas primeiras partes das últimas xornadas que deben selo espello no que mirarse de cara o futuro, comezando este fin de semana en Sofán (o resultado do ano pasado foi de 1-3, cun hat-trick do ex-dianteiro malpicán Charro).

martes, 8 de septiembre de 2009

Malpica 5 - Fisterra 0

SCD Malpica: Toni; Andrés, Marcos Amado, Iago, Marco, Eloy, (Ismael, 74’), Neucha, Casais, (Alfredo II, 69’), Charly,(Carlitos, 63’),Rancaño,(Víctor, 79’), Cheo, (Alfredo, 37’).

SD Fisterra: Quique; Sergio, Dudo, (Leo, 46’), Xusto, Manuel Cartamil, Javier, (Borja Munitis, 46’), Roa, Julio, (Edi, 66’), Tata, (Nacho, 61’), Mané, Borja Santos. Árbitro: Sr. Rodríguez Viñas, (A Coruña). Algo caseiriño. Correcto nas expulsións.

Goles: 1-0, (8’): Neucha, de falta directa. 2-0, (31’): Cheo, en xogada individual, ao interceptar un pase do defensa fisterrán Dudo. 3-0, (44’): Charly, ao rematar en carreira un medido centro de Neucha, despois dunha gran xogada persoal deste. 4-0, (88’): co Fisterra en busca do gol da honra, Alfredo, recibe un pase en profundidade, internase pola banda dereita e, ao chegar ao borde da área, lanza un durísimo chupinazo, que, o porteiro fisterrán Quique, a pesar de tocalo balón, non pode impedir que chegue a rede. 5-0, (90’): Marcos Amado, de falta directa, redondea a conta goleadora para a SCD Malpica.

Comentario (Luis E. Porto): Comeza con boas sensacións a SCD Malpica esta liga, parece que non quere pasar os apuros doutras tempadas, e para elo, saíu moi metido no partido, pois no min. 5, xa Cheo, desperdiciou unha clara ocasión de gol ao rematar mal un medido centro de Rancaño, logo viñeron os tres goles na primeira parte, que tranquilizaron a parroquia, pero aínda antes do descanso, Charly, (42’), aínda tivo ocasión de aumentar o tanteo, ao rematar fora de cabeza, en inmellorable ocasión un saque de falta de Alfredo.A SD Fisterra; un equipo que causou unha débil impresión esta tarde, sobre todo na parte defensiva, e que ademais estivo romo en ataque, aínda que buscaron sempre a referencia no seu goleador Mané, xogador moi corpulento que busca sempre de cara a portería, pero que hoxe non tivo o seu día; dominou casi toda segunda parte, favorecidos polo repliegue da SCD Malpica, que nesta parte xogou ao contraataque, sabendo nadar e gardar a roupa, froito delo, foron os novos dous goles conseguidos.En resumo, non foi un partido de moita calidade futbolística, na que a SD Fisterra, só tirou unha vez con perigo sobre a portería de Toni, e foi no min. 19 por mediación de Borja Santos, que o porteiro malpicán parou con acerto. Os fisterráns, teñen que mellorar moito, sobre todo en defensa, pois das súas facilidades, aproveitáronse os malpicáns para golear. O equipo do cabo, non dubido que mellorará, pois ten xogadores para facelo, ademais, a súa fama de correosos, e, de non dar un balón por perdido seguro que os levará a postos mais altos na táboa.