SD Sofán: José Ramón; Juanjo, Diego, Roberto Souto, (Gende 67’), Varela, (Adrián 60’), Pensado, (Óscar 89’), Mario, Alemán, Berti, Eloy, (Jacobo 69’), Bertín, (Pizo 74’).
SCD Malpica: Toni; Marco, Marcos Amado, (Víctor 46’), Alfredo II, Iago, Casais, (Carlitos 46’), Neucha, (Ismael 81’), Andrés David Blanco, Charly, , Eloy, (Manu Pardo, 46’),
Árbitro: Sr. España Andrade. (A Coruña). Nada acertado, en especial nos penaltis sinalados; ademáis, non sinalou dous penaltis, un sobre o visitante David preto do descando e outro sobre o sofanista Mario ao comezo da segunda metade. Tivo un aire chulesco e moi caseiro en diferentes fases do partido.
Goleadores: 0-1; (17’): gran combinación entre, Casais, David Blanco e Charly, este lanza un tiro forte á escadra dereita da portería de José Ramón, que rexeita nunha grande estirada, e Neucha que chegaba lanzado, empalma a rede en boca de gol. 1-1, (22’): Bertín, arranca en fóra de xogo, centra, a defensa malpicana queda parada reclamándolle ao árbitro, e Mario, remacha a rede, o colexiado concede o gol, a pesar das protestas dos visitantes. 1-2, (57’): Carlitos, remata a media volta un saque de curruncho efectuado por Neucha, ante a pasividade da defensa local. 2-2, (59’): Bertín, deixase caer con picaresca na área ante o acoso do defensa malpicán, Marco, o propio Bertín, transforma a pena máxima. 2-3, (70’): Manu Pardo, transforma un penalti, sinalado, por derribo de José Ramón, sobre David Blanco, cando este encaraba a portería local tras un balón en profuncidade do propio Manu Pardo. Os xogadores da SD Sofán, protestaron moito a xogada, estimando que non houbera contacto do porteiro local.
Ambiente e Incidencias: Tarde soleada en “O Carral”. 140 siareiros nas bancadas. Non houbo expulsados. O xogador local Pensado, retirouse lesionado ao sufrir un tirón muscular.
Comentario: Chegaban os dous equipos a esta cuarta xornada da Liga da Costa cos primeiros "apuros" da tempada, xa que viñan de perder os dous últimos partidos. Durante o primeiro tempo apenas se puido ver xogo combinativo no terreo de xogo, predominando o xogo directo. A SCD Malpica non se atopou nada cómoda durante os primeiros 20 minutos, xa que o equipo dividíase en dous debido a que a presión en campo contrario non era efectiva por culpa de que o árbitro non sinalaba ningún fóra de xogo dos locais (con ocasións claras dos sofanistas Berti e de Eloy). Así as cousas, a defensa visitante tivo moitas complicacións xa que tiñan moito espazo libre as súas espaldas, favorecendo o xogo directo do Sofán. En ataque, o Malpica estivo bastante espeso, destacando só a ocasión de Neucha de falta e un posible penalti non sinalado a David.
Na segunda metade continuou a igualdade entre ámbolos dous equipos, aínda que o Malpica estivo moito mellor plantado que na primeira metade, xa que xuntou máis as liñas eliminando as dificultades defensivas do periodo anterior. Deste xeito, o Sofán apenas creou perigo, salvo nos últimos minutos a balón parado en busca do empate que non lograron. Foi unha parte moi pelexada polos dous conxuntos, onde o fútbol vistoso deixou paso á brega, e neste contexto o Malpica soupo sacar proveito das ocasións que tivo.
En definitiva, tratouse dun partido duro e de fútbol directo típico dos partidos de rivalidade desta Liga da Costa, no que o Malpica volveu a vencer ao Sofán (algo habitual nos últimos enfrontamentos entre eles). Cabe destacala actitude dos xogadores malpicáns, xa que nunca baixaron a cabeza, a pesar de que o Sofán empatou o partido dúas veces, obtendo como recompensa unha importante victoria, xa que suman 6 puntos e gañan lonxe da Pedra Queimada, algo que nas últimas tempadas sucede poucas veces. Pola súa banda, o Sofán queda nunha situación complicada, tendo en conta que aspiran a estar na parte alta da táboa.
0 comentarios:
Publicar un comentario