SCD Malpica: Toni; Marco, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Rancaño, (Eloy, 46’) Neucha, Casais, (Manu Pardo, 63’), David Blanco, Charly, (Alfredo, 55’), Andrés, (Ismael, 71’)
SP. Zas: Norberto; Pereiro, Roli, Julián, Quico, Jorge, Navarro, (Churi, 77’), Adrián, Rubio, (Juan, 85’), Braulio, Pichín, (César, 87’).
Árbitro: Sr. Grañas Martínez. (A Coruña). Mala actuación a súa, sobre todo en dúas xogadas puntuais na segunda metade (que deron lugar ós goles visitantes) e constantemente na primeira metade pitando a favor do Sporting Zas.
Goles: 0 - 1; (61', Navarro). Pase en profundidade de Braulio e Navarro, en fora de xogo, bate ao meta local Toni. 0 - 2; (67', Rubio). Xogada de ataque malpicán pola banda esquerda, o Zas rouba a pelota na liña divisoria pero o balón parece que sobrepasa a liña de banda e os xogadores locais quedan parados esperando a que o árbitro pite, pero éste nono fai e Navarro cambia de banda para a entrada de Rubio que se planta só ante o porteiro do Malpica.
Incidencias: Boa entrada na Pedra Queimada (150 persoas, aproximadamente) nunha tarde soleada e agradable. Non houbo ningún expulsado. Lamentala lesión do mediocentro local Rancaño, aínda que non reviste excesiva gravidade (parece unha sobrecarga).
Crónica: Partido atractivo o que enfrontaba ao Malpica e ao Zas na terceira xornada da Liga da Costa. A primeira metade foi moi igualada, aínda que o xogo non foi nada fluido, predominando o xogo directo, probablemente porque ámbolos dous equipos teñen xente moi veloz na súa dianteira. Consecuencia dese xogo directo e da igualdade entre os equipos foron as escasas ocasións de gol neste período: Neucha (20´) nun saque de falta directa que sae pegada ao poste esquerdo da meta defendida por Norberto; Rubio (31´) nunha internada pola banda esquerda plántase ante Toni pero responde moi ben o porteiro local; Rancaño (40´) atópase cun balón franco na área visitante pero o seu disparo coa perna esquerda (a menos boa) sáelle moi frouxo.
Na segunda metade o partido vai decantándose cara o lado zaense pouco a pouco, xa que o "cuarteto" atacante visitante atopa máis espacios dado a incapacidade do Malpica para mantela posesión de balón, quizáis debido a lesión de Rancaño. Non obstante, aparte dos goles, o Zas só tivo dúas ocasións de gol claras: no minuto 70 mediante un tiro de Navarro, e no desconto cunha ocasión múltiple que salva moi acertadamente Toni. Por parte do Malpica, hai que destacala ocasión de Alfrediño (76´), que tralo erro garrafal da defensa visitante plántase só ante Norberto pero non define.
Parece que o Malpica perde fuelle trala súa goleada na primeira xornada (5-0 fronte ao Fisterra), xa que suma dúas derrotas consecutivas. Sen embargo, perder ante o Zas era algo que entraba dentro do previsible, quizáis doe máis a derrota sufrida na segunda xornada fronte ao San Lorenzo, posto que o partido estaba dominado claramente polo Malpica pero dous despistes propiciaron a remontada local. Pero non debe cundilo pesimismo, dado a boa imaxe mostrada nas primeiras partes das últimas xornadas que deben selo espello no que mirarse de cara o futuro, comezando este fin de semana en Sofán (o resultado do ano pasado foi de 1-3, cun hat-trick do ex-dianteiro malpicán Charro).
0 comentarios:
Publicar un comentario