lunes, 7 de junio de 2010

COPA DA COSTA: CARNOTA 0 - MALPICA 1

UD CARNOTA: José Ángel, Nico, Jorge, Santi, Charly (Demetrio min.76), Pedro, Cololo, Joselu (Marcos Castreje min.63), Tono, Andrés (Fernando min.61), Manoliño.

SCD MALPICA: Toni, Charlie, Víctor, Iago, Marco, Rancaño (Marcos Amado min.69), Neucha (Ismael min.81), Cheo (Casais min.76), David Blanco (Manu Pardo min.85), Andrés, Eloy.

Árbitro: Sr. Bruno Méndez, (Primeira Rexional); estivo asistido por Ramos Vidal e Lens Ares. Tivo unha actuación algo irregular, combinando acertos con fallos claros. "Picou" en varios lances de xogo pitando faltas inexistintes a prol do conxunto local. Quizáis a expulsión do malpicán Andrés foi algo rigurosa, pois accións similares anteriores non recibiron o mesmo castigo en forma de cartón amarelo. Os xuíces de líña estiveron moi correctos e valentes durante os 90 minutos.

Goleadores: 0-1 (min.2): Saque de falta botada por Cheo preto do córner esquerdo cara o segundo pao, cabecea Charlie e o esférico cólase na meta defendida por José Ángel tras dar no local Santi.

Ambiente e Incidencias: Boa entrada e mellor ambiente no campo de Lombáns, cunhas 250 persoas nas bancadas. Hai que agradecerlle a afección do Malpica o seu apoio durante todo o encontro, sobre todo tendo en conta a envergadura do desplazamento e o día, que invitaba máis a ir á plaia que a un campo de fútbol. Non houbo lesionados de importancia. Foron expulsados o local Tono por insultar a un asistente (min.55) e o visitante Andrés por dobre amarela (min.80). Houbo que lamentar un incidente ó final do encontro entre uns poucos afeccionados carnotáns que agrediron a un dos xuíces de líña, empañando o gran comportamento de ámbalas dúas inchadas durante toda a eliminatoria.

Comentario: Despois do 2-1 da ida, a eliminatoria entre Malpica e Carnota chegaba coas espadas en todo o alto e cunha igualdade máxima, pois a pesar de que os malpicáns tíñan unha lixeira vantaxe, o escenario de Lombáns non parecía moi favorable para os seus intereses tendo en conta os últimos precedentes (sen ir máis lonxe, o resultado na liga foi de 3-0). Para esta contenda, o adestrador visitante Manuel Agilda non tiña que lamentar ningunha ausencia. O encontro non podía comezar mellor para a SCD Malpica, pois no minuto dous xa estaba por diante no marcador, o que obrigaba á UD Carnota a marcar dous goles para forzala prórroga. Os malpicáns sairon moi mentalizados, conscientes de que a única maneira de sacar algo positivo ante un equipo tan experimentado era estar enchufados e concentrados durante os 90 minutos, mostrando unha gran seriedade en todo momento, fortes defensivamente e tratando de sentenciar nalgún contragolpe. Así, aparte do gol, contaron con tres grandes ocasións de gol para anotalo segundo: unha xogada individual de Cheo que remata forzado e salva José Ángel no man a man (min.16); outra gran xogada de Charlie por banda dereita que culmina cun tiro que volve a despexar José Ángel (min.33); e unha falta botada por Neucha que sae rozando a escadra dereita (min.45). Por parte do Carnota, tentaron chegar a área defendida por Toni mediante balóns directos e en xogadas a balón parado, e tan só Cololo dou sensación de perigo en accións individuais. Contaron con dúas ocasións de gol: unha falta botada por Cololo que parou ben Toni e un balón morto na área que o mesmo protagonista non acerta a definir.

Na segunda parte, a SCD Malpica saiu a controlalo tempo do partido, sabedores da gran vantaxe que tíñan na eliminatoria, máis ainda tra-la expulsión do carnotán Tono. Seguiron defendendo con seriedade, presionando ben en medio campo e tratando de combinar con rapidez para aproveitalos espacios deixados atrás polo Carnota, pero faltou algo de precisión nos metros finais para poder anotar un novo gol. Tra-la expulsión de Andrés, os locais apretaron un pouco máis pero estaban faltos de ideas e os visitantes non deron oportunidades para que se produxese un hipotético empate. O Malpica contou con varias aproximacións perigosas, pero non foi quen de traducilas en oportunidades claras, salvo en dous casos: un disparo de Cheo dentro da área rival que rexeitou o gardameta local e unha xogada de David Blanco que remata cun disparo rexeitado pola defensa. O Carnota, que dende o minuto 46 xogou co central Santi de dianteiro centro para aproveitalo seu poderío aéreo, limitouse a mandar balón longos sen moito sentido e a esperar que unha xogada de estratexia os metera no partido, pero tal circunstancia non se produxo e non contaron con ningunha ocasión clara de gol.

Partido histórico para a SCD Malpica, pois dende o ano 1997 non conseguiran chegar ás semifinais da Copa da Costa. Un especial agradecemento merece a afección, abarrotando a grada de Lombáns e facendo notar continuamente o seu apoio ó equipo (esperemos que repitan a próxima semana en Dumbría). Moitas felicidades á directiva, ó adestrador e ós xogadores malpicáns polo gran papel que están a realizar nesta edición da Copa da Costa. Agora chega o máis difícil todavía, pois o rival en semifinais é o poderoso Dumbría, un dos equipos máis fortes da Primeira Rexional (finalizou sexto na Liga) e gran favorito para gañalo trofeo, despois de eliminar en primeira rolda ó Soneira. A outra semifinal enfrontará ó San Lorenzo contra o Cee.

2 comentarios:

  1. Anónimo8/6/10

    ANIMO CHAVALES !XUNTOS PODEMOS!

    ResponderEliminar
  2. Alberto8/6/10

    Moi boa crónica. Felicidades julay!

    ResponderEliminar