lunes, 14 de junio de 2010

COPA DA COSTA: DUMBRÍA 3 - MALPICA 0

DUMBRÍA CF: Juan, Iván, Suso (Tantán min.69),Chula, Rubén, Aarón, Adrián, Schuster (Guardiola min.71), Nico (Yago min.31), Angeliño, Brais (Jesús min.71).

CD MALPICA: Toni, Charlie, Víctor, Iago, Marco, Marcos Amado (Manu Pardo min.46), Neucha (Casais min.71), Cheo, David Blanco (Ismael min.78), Rancaño, Eloi.

Árbitro: Alexander López Vila (Primeira Rexional). A súa actuación divídese claramente en dúas partes. Durante os primeiros 45 minutos estivo correcto, aínda que tirando algo a caseiro en certas xogadas dubidosas. Reclamouselle un posible penalti por empurrón sobre Rancaño. Sen embargo, na segunda parte dou "todo un recital" de cómo non se debe arbitrar. No minuto 53 concede un gol ó Dumbría que non debiu de subir ó marcador pois o pase cara atrás veu precedido dun control realizado, claramente, coas mans. Froito desa xogada, expulsou ós malpicáns Manu Pardo e Marco por protestar pero sen que mediase ningún insulto de por medio (as palabras textuais foron "foron mans" e "con que chulería pitas", respectivamente). O mesmo sucedou con Manuel Agilda. Por se fose pouco, tamén expulsou ó delegado malpicán e a Eloy por pedir unha falta que non indicou (mesmo un xogador do Dumbría lle solicitou ó colexiado que nono expulsase). Por se fose pouco, na acta tamén reflexa que unha vez rematado o encontro o malpicán Iago "agarroume por un brazo, encarándose conmigo, chamándome cobarde de merda, tendo que ser separado", algo ABSOLUTAMENTE FALSO, pois o protagonista son eu e de momento sei o que digo e o que fago, e podo xurar que só lle dixen "vaia tarde lamentable que tiveches" e tamén lle chamei "chulo", pero en ningún momento o agarrei, nin me encarei con el nin me tiveron que separar, pois a miña frase durou como uns tres segundos. Ademais, mantivo unha actitude chulesca durante todo o encontro, ameazando constantemente ós visitantes sen permitir ningún tipo de diálogo. Cinco expulsións que resultan incomprensibles nun partido onde a deportividade entre ámbolos conxuntos foi a nota predominante, e no que non houbo accións duras nin ningún atisbo de trifulcas.

Asistentes: Zas Vázquez e Fabián Blanco Rodríguez. O línea Zas Vázquez estivo moi ben, a pesar dalgunhas impertinencias que tivo que aguantar por parte da afección. O asistente Blanco Rodríguez tivo unha actuación coma o do colexiado, de pena, especialmente na expulsión do delegado do Malpica.

Goleadores: 1-0 (min.43): Un balón en longo dende a zaga do Dumbría, os centrais malpicáns van a polo esférico, pero non conseguen despexalo balón que chega a pés do atacante Adrián e bate a un descolocado Toni de tiro cruzado coa perna esquerda. 2-0 (min.45): Perda de balón en mediocampo por parte do Malpica, o Dumbría lanza un rápido contragolpe por banda dereita que remata cun disparo cruzado de Adrián dende a esquina esquerda da área malpicán. 3-0 (min.53): Saque de esquina a prol dos locais, tras varios rebotes (e de un control coa man dun xogador do Dumbría), o esférico cáelle a Iván Pequeño que anota de forte disparo dende dentro da área.

Ambiente e Incidencias: Tarde nubrada e con un vento moderado. Espectacular ambiente nas bancadas do Conco, cunhas 350 persoas, sobre todo procedentes de Malpica. Tivo que retirarse lesionado o local Nico no minuto 31. Foron expulsados os malpicáns Manu Pardo e Marco (os dous no minuto 53) e Eloy (minuto 75); ademais do adestrador e delegado do Malpica.

Comentario: Chegaba a SCD Malpica ó campo do Conco con toda a ilusión do mundo para desputalo partido de ida das semifinais da Copa da Costa ante o Dumbría, algo que non sucedía dende había 13 anos. E para sacar un resultado positivo de cara a volta na Pedra Queimada, os afeccionados malpicáns desprazáronse en masa, con camisetas azuis e animando ó equipo continuamente. O adestrador malpicán, Manuel Agilda, contaba coa única baixa do mediocentro Andrés (por sanción). Os visitantes comezaban o encontro cunha novidade táctica, pois empregaron un 5-4-1 coa intención de facerse fortes atrás e sair á contra mediante os seus rápidos atacantes. O guión previsto foi o que se puido ver durante os primeiros 45 minutos, xa que o Dumbría mantiña a posesión do esférico na maior parte do tempo, pero eran os seus defensas os protagonistas do xogo, polo que apenas creaban perigo. Os malpicáns, presionaban ben na súa parcela de xogo, con intensidade e con axudas constantes, o que lle permitiu non pasar apuros e contar con alguna xogada perigosa tras recuperación de balón. Así, contaron con dúas boas oportunidades do gol: un balón en profundidade de Rancaño cara David Blanco ó que non chega por moi pouco; e un disparo de Cheo tras unha xogada individual que rexeita Juan a saque de esquina con bastantes apuros. Polo que atinxe ó Dumbría, ata que marcaron os goles en dous "minutos fatídicos" para o Malpica, só contaron cun lanzamento de falta que detivo sen complicacións Toni e cun disparo que marchou alto de Brais.

Na segunda metade, a SCD Malpica saiu a arriesgar un pouco máis, e nos primeiros oito minutos levou o peso do partido, combinando ben no mediocampo e sen pasar apuros atrás, ata que chegou a xogada que finiquitou o encontro no minuto 53. Contou entre os minutos 46 e 53 con dúas boas ocasións: un lanzamento de falta de Neucha que marchou fóra e un disparo dende a dereita de Cheo que atallou Juan tras unha boa intervención. Tras quedar con 9 xogadores, os malpicáns deron unha lección de pundonor e de resistencia, pois non só non encaixaron máis goles (ante un rival, lembremos, de superior categoría), senón que apenas pasaron apuros defensivos, salvo nun par de xogadas que salvou ben o gardamenta Toni. Inclusive, malia a contar con 8 xogadores durante case 20 minutos, seguiron firmes no terreo de xogo. O Dumbría quería pero non podía, tentaba combinar pero apenas creaba perigo, pois a súa circulación de balón era bastante lenta, con algunha que outra impreción e faltoulle desborde na paracela ofensiva, ante un Malpica ben cerrado atrás en inferioridade numérica.

En resume, unha tarde para olvidar, non polo aspecto deportivo, pois (salvo dous erros puntuais que lle costaron dous goles no minuto 44 e 45) a SCD Malpica tratou de "ti a ti" a un dos gallitos da Primeira Rexional e máximo favorito a gañala Copa da Costa 2010, pero unha lamentable e patética acutación de Alexander López Vila no segundo tempo eliminou calquera posibilidade de remontada. Unha vez máis, hai que agradecerlle á afacción o seu incondicional apoio, a pesar das circunstancias e do resultado adverso, e pedirlles perdón pola imaxe deixada na tarde de onte no Conco. Agora queda o partido de volta, e á espera das posibles sancións que impoña a Federación Galega de Fútbol durante esta semana, a SCD ten que levantala moral e tentar de, como mínimo, dar unha boa imaxe no partido de volta e ofrecerlle un triunfo a súa afección na Pedra Queimada. Ademais, xa se sabe que nos torneos copeiros as sorpresas son algo habitual, asique, ¿por qué non soñar cunha remontada histórica?

3 comentarios:

  1. Fixen de delegado e concretamente a mín expulsoume polo siguinte:
    Con 9 xogadores sobre do campo expulsa a Eloy. Tendo a Ismael para cambiar e estando sólo con Rancaño para soste-lo centro do campo o entrenador manda recado por David de que o sustituia. Pido o cambio ao linier e mais o árbitro facendo señales insistentes ao cual eles, non sei si polo ruido que había, non fan ningún caso. Cando finalmente o árbitro mira cara mín (porque o linier seguía sin enterarse)veme cos brazos levantados e eu berro
    "¡ esto é unha merda ! levo dez minutos pedindo o cambio". O línea que viña cara a miña zona oye a palabra "merda". eleva o banderín, chama ao árbitro e dille "expulsa ao delegado". Resultado
    :expulsión (sin que o árbitro sepa todavía porqué a fixo) e na acta creo que pon que eu dixen "tranquilizate, puto merdas". penoso.
    a mín non me importa o que vaia a pasar conmigo (seguramente non vaio para selo), pero sí me importa que condicionen o transcurrir do mesmo e do partido de volta por quedar sin boa parte da plantilla. creo sinceramente que ao equipo do Malpica xa o deron por morto sin esperar ao que suceda en Malpica. espero e desexo a remontada. e que non nos toque ningún arbitraxe dese tipo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo14/6/10

    pa volta que arbitre couto que o fai mellor!!!!!!!!!!arriba Malpica sempre!!!!!!!!podemos podemos

    ResponderEliminar
  3. kroskovos15/6/10

    Bueno, a min xa me conocedes e xa sabedes cal é a miña opinión sobre o estamento arbitral. Igual que recoñezo que este ano tuvemos arbitraxes moi bos (tanto gañando como perdendo) tamén tuvemos algúns nefastos (creo que non fai falta nin que de nomes nin datas). O problema desta xente é moi evidente: son peleles da vida que teñen 90 minutos cada semana para facerse respetar. Eu non sei como será o resto do mundo, pero eu son igual dentro que fora do campo, e poño a man no lume se o señorito que nos arbitrou o domingo ten un par de pelotas a tratarme na calle igual que me/nos tratou no campo. E non porque lle vaia pegar, non, non digo eso, pro tampouco o contrario. Eu estou ata o cu de que nos traten sin respeto e que escriban nas actas o que lles de a gana, pro eso non é o peor. Os peores son os seus jefes porque lle aceptan pulpo por animal de compañía domingo tras domingo. O que eles escriben vai a misa, todo o que nos aleguemos, incluindo consensos entre os rivais no campo, da igual!! Se hasta a Guardiola lle puxeron unha multa que te cagas por decir a verdad...É así, con esa actitud como pretenden que os respetemos. Sinceramente, equivocanse e, lamentablemente, seguirano facendo. Eso si, algún día romperá a baraxa.

    ResponderEliminar