SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado (Casais min.30), Víctor, Iago, Andrés (Martín mi.67), Neucha, Manu Pardo (Eloy min.46), David Blanco, Ismael, Miguel Dourado (Carlitos min.63).
MUROS SD: Rubén, Chema (Yanki min.63), Miguel, Iván Cerilla, Mayuyo, Dani (Brais min.74), Gelo (Edu min.59), Bibi, Toni, Cexo, Piti.
Árbitro: Martínez Rodríguez. Comezou ben o partido, pitando con criterio e asubiando por igual para os dous bandos. Non obstante, no segundo tempo sacou un gran número de cartóns amarelos ós xogadores locais, en moitas ocasións sen merecelos, mentras que á hora de indicar faltas sempre tirou a favorecer ós muradáns. Mención aparte merece o gol visitante, pois Yanki estaba en claro fóra de xogo, o que supón un novo erro arbitral en contra dos intereses do Malpica. Tamén hai que decir que tempo antes anulara un gol ós visitantes por falta sobre Charlie na líña de gol que foi moi dubidosa.
Goleadores: 1-0, min. 14: Manu Pardo saca unha falta dende a banda esquerda cara Neucha, este contrala dentro da área de espaldas a portería, e cando intenta xirarse é derribado por Iván Cerilla, que comete un clarísimo penalti. O propio Neucha anota de tiro raso forte á esquerda do gardameta. 1-1, min. 92: Pase alto de Toni cara Yanki á altura de tres cuartos de campo, Yanki recibe o balón no borde da área (bastante adiantado en relación á defensa malpicana), pero o colexiado non pita, e anota ante a saída á desesperada de Suso.
Ambiente e Incidencias: Bo ambiente na Pedra Queimada, cunhas 150 persoas no campo. Tarde moi calurosa para a práctica do fútbol, especialmente durante a primeira parte. No apartado de lesións, destacar as dos malpicáns Marcos Amado cun esquince de nocello (min.30), Manu Pardo con outro esguince de nocello (min.45), e a de Andrés cunha sobrecarga nos aductores (min. 65). O tamén local Casais foi expulsado por dobre cartón amarelo no minuto 60.
Comentario: Na tarde de hoxe, a SCD Malpica recibía ó Muros, unha das súas "bestas negras" nas últimas tempadas. Ámbolos dous conxuntos chegaban empatados na clasificación, sumando unha vitoria e unha derrota. O adestrador local, Manuel Agilda, contaba con numerosas e importantes baixas: Viña (con problemas nun xeonllo), Marco (cunha lesión nun xemelgo) e Cheo (cun esquince de nocello), ós que houbo que sumar os lesionados durante o encontro. Comezou o partido cun alto ritmo de xogo, que se mantería durante os 90 minutos, pero sen que ninguén conseguise dominar claramente. Os malpicáns adiantáronse pronto no marcador, pero en lugar de "nadar e gardala roupa" seguiron presionando moi arriba, buscando o erro do rival para anotalo segundo gol, pero sen combinar con fluidez, ainda que si creaban perigo cando saían rápido. Os locais foron os que dispuxeron das ocasións máis claras neste período, destacando un remate en "semichilena" de Manu Pardo, un man a man de David Blanco que cruza o esférico en exceso cando se plantaba só ante o gardameta Rubén, e unha falta botada por Neucha dende a banda dereita que remata Ismael alto tras un rexeite previo. Por parte do Muros, contaron con Piti como o seu maior referente, pois movíase moi ben entrelíñas enviando numerosos balóns ás bandas, tratando de aproveitala velocidade dos seus extremos. Os visitantes tamén tiveron oportunidades de gol, pero unha vez o acerto de Suso e outros o acerto da defensa malpicán provocaron que non puidesen marcar.
O segundo acto estivo totalmente condicionado por dous factores: as lesións de varios xogadores do malpica e a pronta expulsión de Casais, que provocou que o Malpica xogase cun home menos durante máis de media hora. Por tales razóns, os de Manuel Agilda saíron cun maior conservadurismo, defendendo algo máis atrás, e esperando a que un contragolpe lle permitise anotalo gol da tranquilidade. A pesar da superioridade numérica do Muros, aguantaron ben o acoso visitante, facendo gala dunha gran actitude e derroche físico. Tiveron dúas oportunidades moi claras: unha falta botada por Neucha dende o frontal da área que bate no longueiro, e un man a man de David Blanco que tras recortar a Rubén non consegue marcar a porta valeira pois o balón sacouno un xogador do Muros na mesma líña de gol. Os visitantes, puxeron toda a carne no asador en busca da remontada, sobre todo trala expulsión, acumulando moita xente arriba, pero quizáis cunha excesiva ansiedade. Contaron con algunha oportunidade moi boa para marcar, pero o porteiro local Suso estivo moi inspirado e atallou tódolos balóns (tanto en esféricos colgados como debaixo dos paos).
A pesar do empate tras un grave erro arbitral (e coa lembranza do sucedido a semana pasada contra o Club do Mar) que deixa un mal sabor de boca, tamén hai que sacar notas positivas, xa que aguantaron durante moito tempo con 10 xogadores ante un dos mellores conxuntos da categoría, e que dos que presumiblemente van a estar na zona alta da táboa (a pesar da mala tempada pasada). A SCD Malpica segue mostrándose forte na Pedra Queimada, pois acumula un ano enteiro sen perder como local en liga (a última derrota foi contra o Zas por 0-2 na 3ª xornada da Liga da Costa do ano pasado). O vindeiro fin de semana, os costeiros viaxan ata Corme para afrontar outro complicado encontro.
q decides da falta a charlie no gol anulado?
ResponderEliminarfoi falta?
Xa comentei (no apartado que fai referencia ó colexiado) que para min foi unha falta dubidosa. Pero tamén é certo que o xogador malpicán tiña unha pequena ferida no labio froito do codazo que sufríu nesa xogada, asique contacto si que houbo.
ResponderEliminareu penso que foi falta e pudo ser tamén tarxeta. o xogador do Muros forzou a xogada para marcar e colgouse no noso para conseguilo.
ResponderEliminardesde a grada parecio dudoso,pero podese pitar perfectamente!pero tanto como colgouse........
ResponderEliminareu poño cómo exemplo de salto legal sobre do defensa o gol de Aduriz contra o Atlético. pero este caso non foi así. entrou con todo. si cómo dí Iago, o noso xogador tiña unha ferida no labio o que é certo é que estaba de espaldas ao xogador do Muros.e iso consíguese colgándose, non saltando limpamente.
ResponderEliminarpa min a xogada non é tan clara,un salto entre dous xogadores, no que un deles deixa un pouco o codo, pero tamen porq esta mais alto. Pero si a viches tan clara, teras razon q eu vin a xogada desde a cantinae non tan cerca coma ti fijo.
ResponderEliminar