domingo, 17 de julio de 2011

FICHAXE



Nova incorporación para os modestos da SCD Malpica. Trátase de Miguel Avelino Suárez, que regresa ao clube despois de dúas tempadas de non xogar ao fútbol federado por temas laborais. Xoga de lateral dereito, ainda que tamén se pode adaptar á banda esquerda. Estivo en tódalas categorías do clube (infantís, cadetes, xuvenís e maiores) e conta con 25 anos de idade.

3 comentarios:

  1. Anónimo19/7/11

    moito miguiiii!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20/7/11

    Tantos datos e tanto conto! Como que avelino xogou 8 temporadas? Eu acordome velo de neno, xogando nos infantiles. É mais, por culpa del e de Alfrediño os infantiles que quedaran terceiros perderan un partido en CEE porque reclamaran o ser eles alevins! Asique faltan temporadas Luis Porto!!

    Espero que o podas leer por aqui xa que non se poden deixar comentarios no teu blog.

    ResponderEliminar
  3. Alfredo21/7/11

    A ver. Eso é certo, porque a min faltanme os goles da primeira tempada de infantís que son sobre 30. Pero tamen hai que recordar que os equipos infantis xogan os domingos e normalmente as 12. Se o equipo infantil vai a un desprezamento largo pois igual non pode seguir o equipo de modestos. Se lle sumamos que na epoca que nos eramos infantís o equipo de modestos subia imparable pois supoño que por eso non hai datos destas tempadas. Un saudo.

    ResponderEliminar