jueves, 8 de diciembre de 2011

Carta os seareiros de Alfredo Suárez

Din que unha retirada a tempo é coma unha victoria. Pois logo de coñecer o alcance da miña lesión decidín tomar esta dificil pero necesaria decisión. Non é algo que faga en quente, xa que desgraciadamente  rondara antes pola miña cabeza, pero desta vez si que non hai volta atrás. O fútbol leva na miña vida moito tempo e creo que disfrutei del, que foi o que sempre quixen. ¿Puiden chegar máis lonxe? Pois pode ser, pero cando deixas de entender o fútbol como unha diversión eu son dos que pensa que non paga a pena perder o tempo. Por iso sempre fixen o posible por pasalo ben e disfrutar ca xente que me aprecia.
Nunca olvidarei os meus anos no Malpica compartindo vestiario cos meus mellores amigos, cos cales gañei unha liga inolvidable. Nunca olvidarei o meu debut con 15 anos sendo cadete contra o Imperator en Preferente, temporada na que puiden marcar un gran gol. Tampouco poderei olvidar os dous fantásticos anos que pasei no Ponteceso, donde puiden gañar a liga da costa, pero gañei moito máis coñecendo a xente do clube.
Mirando cara o pasado creo que non me podo queixar xa que vivín grandes experiencias xogando en División de Honra cadete co Orillamar, División de Honra Xuvenil co Montañeiros e Liga Nacional Xuvenil no Bergantiños, temporada donde fun o máximo goleador dun gran equipo. 
Na miña vida futbolística marquei mais de 300 goles (algunha tempada de infantiles falta por ahí no libro e contabilizando o de outros clubes), ainda que non sexa para presumir pois polo menos espero que quede na memoria dalguén (na miña).
Era asiduo nas convocatorias da Sub-15 e Sub-16 Coruñesa, outra experiencia na que empecei a aprender que por moi bo que foses sempre pode faltarche "algo" que algún outro tiña, cousa que me abriu os ollos da realidade do fútbol.
Pero en canto pasei a modestos algo empezou a cambiar, pese a que a primeira tempada fun capaz de anotar 19 goles en liga (Dumbria, Soneira, Camariñas, Cee... gran ano en segunda) xa sufrín unha lesíon no nocello.
Seguiulle un esguince no xeonllo, e na seguínte tempada un esguince no xeonllo, cruzado... na segúinte o hombreiro, outro ano máis tarde en Ponteceso o nocello de novo, rotura de fibras, e finalmente o de este ano.
Os medicos foronme claros que son 25 anos e hai que ter un pouco de cabeciña, xa que o día de mañá podeme costar un disgusto, tanto na vida laboral coma no tempo de ocio, vamos que os meus xeonllos xa non están para máis e menos para a práctica do fútbol.
Querolle dar as gracias a xente que fai posible o fútbol na costa xa que creo que entre todos formamos unha gran familia da cal nos podemos sentir orgullosos coa nosa forma de pensar e entender este deporte. Gracias a todolos clubes que me acolleron e que me aturaron, asi como rivais e amigos que fun facendo polo camiño. E especialmente os seareiros e compañeiros de equipo, xa que gracias a eles chegan a tremerche as pernas nestes "campiños" facendote sentir importante, por eles me decidín a escribir estas palabras. 

Gracias a todos polo voso tempo e perdoade a "vara" que vos din.

Un saúdo e ata sempre.

Alfredo Suárez

13 comentarios:

  1. WALTER8/12/11

    GRANDE ALFRE!!!!!!!SI ME PUDERAS VER AORA MISMO,VERIASME DIANTE DO ORDENADOR DE PÉ APLAUDINDOCHE,UN ABRAZO E MOITO ANIMO CAMPEÓN!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu xa sabía que ibas tomar esta decisión porque xa mo comentaras había unha semana, pero sempre tiven a esperanza (e ainda a teño) de que volvas a xogar, ainda que sexa entrenando. Joer, é un putadón material ter que tomar esta decisión por problemas físicos, porque levamos máis de media vida xogando ao fútbol, pero sempre vas telo meu apoio en todo o que decidas.

    Persoalmente, cando penso en tódolos bos momentos que pasei no ámbito do fútbol sempre estabas ti: cando debutei nos infantís, cando debutei nos maiores en Preferente, cando fun convocado coa selección coruñesa sub-15, cando gañamos a Liga da Costa cos xuvenís, cando nos salvamos co Bergantiños de xuvenís en Liga Nacional... por non falar da nosa amizade fóra do fútbol (ademais de 100.000 risas e anécdotas entrenando e nos partidos). Asique parece obvio que é unha situación moi triste tamén para min (e supoño que para o resto do equipo).

    Moitos ánimos e oxalá que sigas vinculado ao fútbol e á SCD Malpica durante moitos anos.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8/12/11

    Muchos animos Alfredo,ya tendrás tiempo de pensar después de la operación,seguro q todo va ir muy bien! Muchos animos y pa lo q a necesites! Besos alba negreira

    ResponderEliminar
  4. Anónimo8/12/11

    NEUCHA. a verdade que non se pode ter mais mala sorte que a puideches ter ti co futbol (en temas de lesions me refiro).eu nn me podo poñer no teu lugar xa gracias a deus nunca tiven unha lesion desa indole,pero Si poder inmaxinarme o que é ter que deixar a practica do futbol o que tanto lle pode chegar a gustar a un.Con esto tamen demostras o grande que es!!!!espero que a vida che poida deparar unha pouca mais de sorte,que o mereces!!!!moitos animos neno

    ResponderEliminar
  5. Bueno Alfre, eu non estou depé aplaudindoche coma Walter, paqe mentirche, jajaj, pero si, merecerialo porque non sei como ten que ser o de deixar o futbol os 25 anos(eu non sería capaz xa que levo desde os 5 xogando e...non sería capaz sempre que "puidese") pero bueno, que despois do futbol tamén hay vida e como di Neucha esta decisión demostra o forte que eres.
    Bueno, do que di Iago espero que non teñas ningunha duda, eso de desvincularse do futbol e da S.C.D. non eh que ainda queda moito que facer asique vaite olvidando de deixalo, e bueno, non escribo mais que xa escribin abondo.
    Moita suerte na recuperacion que o importante e quedar ben, ou como estabas antes bah... jajaajj
    Ánimo!

    ResponderEliminar
  6. lamento moito haber fallado na miña predición e que teñas que deixalo. recupérate ben da lesión pronto. está claro que a vida sigue por moitas voltas que se lle queiran dar. e claro que hai moita vida sin o fútbol (ainda que eu non sexa o mais indicado para decirche eso) pero espero que a tua siga desenrolándose arredor do clube polo ben da SCD Malpica.

    ResponderEliminar
  7. Manolo Varela8/12/11

    Que alguen coma ti, co teu amor polo deporte rei, teña que retirarse, é unha noticia malisima. Os que levamos o futbol na alma sabemos o dificil que tivo que ser tomar esa decision. Desexo de corazon que sigas ligado o futbol de algunha maneira, pois dee tempranas retiradas sairon grandes homes para outras labores. Un abrazo dende Sofan. Manuel V.

    ResponderEliminar
  8. Fran Montes8/12/11

    Alfre!! so kero decirxe k te apoio na tua decisión ( K OJALÁ CAMBIES DE IDEA CO TEMPO ) k moito ánimo!! e k teñas unha boa recuperación!!!

    MOITISIMO ÁNIMO FRED!!!!

    ResponderEliminar
  9. Anónimo8/12/11

    Hola Alfredo,son MOSCOSO, sinto moito que volveras sufrir esta lesion q tantos qebraderos de cabeza nos supon aos futbolistas. Pero o q mais sinto deverdade e q xa teñas totalmente tomado esta decion de abandonar para sempre o futbol, pq a todos os que xogamos e disfrutamos del gustanos ver nos terrenos de xogo sempre os mellores xogadores.
    E coa tua perda non so nos qedamos sen un gran futbolista senon q tamen perdemos a unha gran persoa nos terrenos de xogo.
    Espero q esa sorte q ata o de ahora non te acompañou , si o faga apartir d ahora e q tanto a operacion como a recuperacion ch saia estupendamente ben.
    E logo cando xa teas na fase final e vexas a luz ao final do tunel, espero q volvas retomalo tema e recapacites sobre esta decision q ahora mesmo acabas de tomar aunque sea ben reflexionada e volvas aos terrenos de xogo agradarnos co teu futbol.
    ANIMO CRACK!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  10. Anónimo8/12/11

    Dende a U.D.Cerqueda,desexamosche o mellor na tua nova etapa, se eres tan boa persoa como xogador non che vai ir nada mal en este mundo, pudemos disfrutar pouco de enfrentarnos a ti, pero todos sabemos os teus logros e o crack que eres.

    Moitos saudos dende a famila da U.D.

    ResponderEliminar
  11. Anónimo9/12/11

    din que unha retirada a tempo é unha victoria... pois eu como seguidor e como amigo dígoche que A VICTORIA E A SORTE MAIS GRANDE É SER COMO TI ERES

    ÁNIMO ALFRE!!!!

    Pd: ademáis k fas unhas sangrías k te cagas!! jajaja

    ResponderEliminar
  12. Anónimo9/12/11

    ALFREDO. Tiven a sorte de coincidir contigo pouco tempo (2 meses) pero foron suficientes para demostrar o que non coñecía de ti, o excelente persoa que eres. No aspecto deportivo non tiñas nada que demostrar porque era de sobra coñecido. Mellorate e xa nos veremos polos campos da costa. Chema Eirís

    ResponderEliminar
  13. Anónimo13/12/11

    Eu só desexo que a decisión tomada sea a mellor para ti. Pois para o resto da xente que lle gusta este deporte está claro que é unha lástima non poder disfrutar da tua clase, e digo clase porque eres un maestro. Non fala unha persona que te viu xogar e que é afeccionado, senón alguén que tuvo a fortuna de poder coñecerte coma rival, coma compañeiro, e disfrutar como amigo, pois polo menos ese é o meu sentimento. Coma sempre, só che desexo o mellor, e tal como podes ver arriba,eres unha persona moi querida entre a xente do futbol, compañeiros e rivais. esto é o bonito, o grande do deporte,pero non todo o mundo é capaz de conseguilo.Síntete orgulloso do que fixeches, porque eu síntome de coñecer unha persona coma ti. Rubén Rama.

    ResponderEliminar