lunes, 19 de diciembre de 2011

LIGA DA COSTA 16ª XORNADA: SAN LORENZO 0 - SCD MALPICA 3

SAN LORENZO: Sergio, Javi (Ánxo min.46), Adrián, Canteiro, Puñal, Jorge Pichel, Santi (Bolón min.46), Cachizo (Miguel min.66; Eloy min.71), Marcos Bartolo, Dani Fuentefría, Carliños.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Casais, Miguel Avelino (David Álvarez min.49), Marco (Gonzalo min.75), Rancaño, Neucha, Cheo, Charro (Juny min.76), Martín (Daniel Varela min.65), Víctor.

Árbitro: Vázquez Pasanante. Moi ben na tarde de onte, estivo acertado en case tódalas decisións que tomou e non tivo ningún erro grave. Expulsou ao xogador local Marcos Bartolo no min.83 por empurrar a un visitante tras unha pequena liorta entre varios xogadores. A raíz desa xogada, tamén foi expulsado o adestrador do San Lorenzo.

Incidencias: Tarde moi fria e soleada nas Pedreiras. 100 espectadores presenciaron o partido. Houbo varios xogadores lesionados durante o encontro: por parte local Miguel e Jorge Pichel, e por parte do Malpica Miguel Avelino (cunha sobrecarga) e Marco (tras apoiar mal nun salto). Cabe destacalo debut de dous xuvenís co primeiro equipo da SCD: Martín e Juny.

Goles: 0-1 (min.4): Saque de esquina dende a dereita que bota Martín e cabecea Neucha á rede cun bo remate. 0-2 (min.18): Novo saque de esquina executado por Martín que remata Charlie tamén de cabeza. 0-3 (min.21): Falta no lateral da área que saca Cheo directamente a porta, e entra rozando o longueiro tras salvala barreira.

Crónica: Derradeiro encontro de liga para a SCD Malpica, que viaxaba ata Verdillo para enfrontarse ao San Lorenzo (equipo que ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria), nunha contenda complicada debido ás características do terreo de xogo: dimensións reducidas e firme moi irregular. O técnico da SCD Malpica, David Baña, contaba con numerosas baixas para esta xornada: Óscar Moscoso, Alfredo, Manu Pardo (cunha tendiditis no tendón de aquiles), Dani (con problemas musculares), Andrés (operado na boca esta semana), Pablo (con molestias nun xeonllo), Marcos Amado (mancado nunha man) e Iago (cunha contractura muscular). O Malpica comezou o partido moi concentrado, mostrándose serio en tódalas facetas do xogo e sabendo adaptarse moi ben ás complicadas condicións do terreo de xogo que non favorecen ás súas careacterísticas. Ademais mostraron unha gran efectividade a balón parado, e en apenas 20 minutos xa contaba cunha importante vantaxe no marcador que ao final foi definitiva. Ademais dos goles, contaron con varias oportunidades máis de gol: un disparo de Martín dende fóra da área, un centro de Cheo dende a dereita que Miguel Avelino remata frouxo ás mans de Sergio, e un man a man de Neucha que Sergio saca co pé nunha gran intervención. O San Lorenzo non entrou no partido ata que recibiu o terceiro gol en contra, deixando unha mala imaxe e con moitos problemas defensivos, mentres que en ataque apenas inquedou a Suso, tendo a mellor acción de ataque nun remate alto de Santi.

Na segunda metade o partido decaeu en intensidade, cun Malpica que controlou o xogo sen complicarse, mentres que creaba perigo mediante contragolpes aproveitando a rapidez dos seus atacantes, pero non estiveron atinados para ampliala direfencia: unha internada de Charro pola banda esquerda pero o seu tiro é rexeitado por Sergio a saque de esquina; unha xogada de Cheo pola dereita que remata cun tiro que sae rozando o primeiro pao; e unha acción de Juny pola esquerda pero que dispara fóra. Os locais non deron a sensación de poder remontar en ningún momento, sen contar con accións de perigo, salvo nun disparo á altura do punto de penalti que saiu alto tras un centro dende a esquerda.

Partido moi completo o que desenvolveu o Malpica, sen grandes alardes pero moi efectivo, conscientes de que o campo non permitía moito máis. A nota positiva foi o debut de Martín e Juny que deixaron moi boas sensacións. Os malpicáns rematan o ano nunha xeira positiva de resultados, pois acumulan tres vitorias consecutivas e dúas xornadas seguidas sen encaixar (dous feitos que non se deran anteriormente nesta tempada). A vindeira xornada será xa en 2012, onde a SCD recibe ao Mazaricos para rematala primeira volta.

2 comentarios:

  1. Anónimo19/12/11

    Noraboa pola victoria rapaces!
    Xa sei que non teño idea de futbol nin do que falo, pero xa van catro!!!Sen mollar claro!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo21/12/11

    Animo q vais muy bien! Recuperaros todos los lesionados(sobretodo IAGO jeje) después de Navidad queda mucha liga y vamos estar entre los cuatro primeros! ;-)

    ResponderEliminar