SCD MALPICA: Suso, Charlie, Casais, Iago (Miguel Avelino min.59), Víctor, Andrés (Daniel Varela min.76), Neucha, Cheo, Charro (Manu Pardo min.70), Pablo (Gonzalo min.89), Dani.
MUROS SD: Rubén, Gael, Iván, Mayuyo, Dani, Mingos (Javi min.76), Alberto, Gelo, Yanky, Óscar, Jesús.
Árbitro: Pardo Pose. Estivo ben, nun encontro onde apenas houbo xogadas polémicas. Sen embargo, os locais pediron a expulsión na primeira metade dun defensor visitante tras cometer unha falta sobre Dani cando encaraba libre de marca á área de Rubén. Non houbo expulsados.
Incidencias: Tarde moi fría na Pedra Queimada, con choiva na recta final do encontro. Sobre 100 espectadores. Os malpicáns Andrés e Iago tiveron que abandonalo terreo de xogo por sendos problemas musculares.
Goles: 1-0 (min.35): Saque de esquina dende a dereita que saca Cheo rematando Charlie de cabeza no borde da área pequena tras adiantarse ao seu par. 2-0 (min.45): Falta no borde da área que semellaba propicia para un diestro, pero que bota Neucha a perna cambiada anotando un golazo tras superala barreira e colándose preto da escadra dereita da portería.
Crónica: Despois de lograla vitoria fronte ao Zas na xornada precedente, a SCD Malpica volvía a disputar un encontro na Pedra Queimada cun doble obxetivo: por un lado acercarse á zona alta da táboa clasificatoria (o Muros marchaba cuarto a seis puntos dos malpicáns), e por outro melloralos números como local (só sumaban un triunfo na casa). Para esta tarefa, contaban con varias baixas: Óscar Moscoso, Alfredo, Marcos Amado (lesionado nunha man), Marco (por motivos persoais) e Rancaño (por enfermidade). Os primeiros minutos de partido foron de tanteo entre dous conxuntos que se coñecen bastante (de feito, o ano pasado disputaron catro choques), sen que ningún deles asumise excesivos riscos. Pero pouco a pouco o Malpica foi facéndose co control do partido, presionando ben a saída do balón visitante, adiantado líñas, metendo ao Muros no seu campo e creando numerosas accións perigosas de gol, tanto en xogadas a balón parado como en xogadas colectivas. Ademais dos dous goles, os malpicáns contaron con varias oportunidades claras: un disparo de Cheo tras un saque de esquina que dou no longueiro; unha xogada de Neucha pola esquerda pero o seu centro pasa polo corazón da área sen atopar rematador; un tiro de Andrés dende o borde da área tras un rexeite visitante que pasa preto do poste dereito; un centro-chut de Neucha que case sorprende a Rubén; e un centro de Charro dende a banda dereita que Neucha remata de cabeza ao longueiro en boca de gol. Polo que atinxe ao Muros, apenas creou perigo, salvo nun disparo de Yanky dende fóra da área que despexou Suso e un cabezazo de Iván tras varios rexeites que Suso salvou moi atento.
Na segunda metade, os xogadores adestrados por David Baña continuou na líña amosada nos primeiros 45 minutos, pero sen asumir riscos innecesarios, sabendo administrala renta da que disfrutaban. O Muros aumentou a intensidade, acumulando máis xente na parcela ofensiva, o que provocou moitos espacios ás costas da súa defensa, feito que trataron de aproveitar os locais pero faltoulles algo de precisión nos metros finais para anotar máis goles. As mellores oportunidades de gol volveron a ser do Malpica, destacando as seguintes: un centro raso de Cheo dende a banda dereita ao que Charro non chega por centímetros no segundo pao; un pase en profundidade cara Pablo que penetra na área pero o seu disparo é rexeitado por un defensa; e unha gran xogada entre Daniel Varela e Manu Pardo no borde da área que acaba cun disparo do primeiro que sae fóra por pouco. Os visitantes non lograron combinar, abusaron do fútbol directo e tan só conseguiron inquedar algo na recta final do encontro mediante xogadas a balón parado e rexeites, pero sen ter oportunidades claras.
Importante vitoria da SCD Malpica ante un rival da zona alta, desenvolvendo un encontro moi completo en tódalas facetas. Ademais, conseguiron os tres puntos por segunda vez na Pedra Queimada no que vai de curso futbolístico (o outro triunfo fora ante O Pindo no mes de setembro), sendo a primeira vez que non encaixan gol como locais. O vindeiro fin de semana enfróntanse ao San Lorenzo en Verdillo, no que será o derradeiro encontro oficial para os malpicáns neste 2011, coa oportunidade de seguir mantendo as boas sensacións e lograr 3 vitorias consecutivas por primeira vez na tempada.
Felicitar ao equipo pola victoria de onte!Sen ser un gran partido, houbo intensidade e moitas ganas.A seguir así!
ResponderEliminarPor outro lado felicitar a Charro e os seus defensores...xa van 3!!!A non seguir así!Ánimo ti podes marcar algún día, non te desanimes!
Ojalá nn marque un gol no que queda de tempada e sexamos campions!! o importante e seguir neste camiño.
ResponderEliminarGracias pola crítica Anónimo, intentarei cambialo.
un saúdo
Tiqui taca tiqui taca... Da gusto ir a veros jugar al fútbol!
ResponderEliminar