SCD MALPICA: Suso, Charlie, Andrés (Charro min.63), Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, Dani (Iago min.46), Tato, Pablo (Miguel Avelino min.75).
CD NANTÓN: Ernesto, Lareo, Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal (Eloy min.80), Fabio, Cristian, Luis, Manolo Cruceiro, Martín Suárez (Iván min.55).
Árbitro: Goyeneche García. Mal. Na primeira metade os visitantes pediron mans de Pablo no gol do dianteiro, ademais de protestar varios fóras de xogo sinalados aos seus atacantes. No segundo tempo, foron os malpicáns os que pediron unhas claras mans de Félix na recta final do encontro tras un disparo dende a frontal. Por outra parte, o colexiado interrompeu moito o xogo, mostrándose excesivamente dialogante e dirixíndose en reiteradas ocasións aos banquillos. Expulsou ao local Tato (min.53) por un codazo sobre Martín Suárez cando trataba de protexerse das sucesivas faltas que lle estaba a facer e ao adestrador do Malpica David Baña (min.86) por protestar unha decisión súa.
Incidencias: Tarde moi fría na Pedra Queimada, con choiva e granizo intermitente durante o encontro. Máis de 100 espectadores presenciaron a contenda. O xogador da SCD Dani tivo que abandonalo terreo de xogo por un pinchazo muscular. Tamén o visitante Martín Suárez tivo que ser sustituído polo golpe que sufriu na acción da expulsión de Tato.
Goles: 0-1 (min.7): Perda de balón no mediocampo do conxunto malpicán, o balón chégalle a Luis que tira dende uns 35 metros entrando esférico preto do pao dereito dun sorprendido Suso. 1-1 (min.12): Tato centra dende a banda dereita, Cheo entra dende a segunda líña e remata dende o punto de penalti sen deixar que o balón toque o chan. 2-1 (min.15): Tato bota un saque de esquina, prodúcese un rexeite caéndolle o esférico a Pablo que controla e remata a bocaxarro. 2-2 (min.47): Balón dende a líña de tres cuartos de Cristian cara Luis que lle gaña as costas á defensa local e bate a Suso cunha gran vaselina que entra rozando o longueiro. 3-2 (min.65): Saque de banda en longo de Cheo cara a área visitante, Sito intenta despexar pero introduce o balón na súa propia portería.
Crónica: A SCD Malpica comezaba a segunda volta da Liga da Costa 2011/12 recibindo na Pedra Queimada ao Nantón, conxunto recén ascendido e que a pesar da súa mala clasificación non era un rival nada sinxelo (de feito eliminara aos malpicáns na pasada edición da Copa da Costa). O técnico local, David Baña, recuperaba a varios efectivos, tendo unicamente dúas baixas: Óscar Moscoso e Gonzalo (cun esguince de nocello). O Malpica comezou algo apático, en contraposición a xornadas anteriores onde a intensidade foi unha das súas principais virtudes, e o Nantón aproveitouse desta circunstancia, anotando o primeiro gol en apenas 5 minutos. Sen embargo, nos seguintes 15 minutos os malpicáns reaccionaron, comezando a crear perigo, a presionar con máis efectividade, marcando dous goles case seguidos e contando con outras dúas oportunidades moi claras: un tiro de Rancaño alto dende o punto de penalti con todo ao seu favor tras un pase raso de Tato e unha semivolea de Neucha que Ernesto mandou a saque de esquina cunha espectacular estirada. O Nantón amosou moita intensidade, cun fútbol directo e tivo varias accións de perigo mediante balóns en profundidade, destacando dúas: Manolo Cruceiro plántase ante Suso pero dispara frouxo e unha falta dende a frontal que Suso saca cunha gran parada. Na recta final da primeira metade, o Malpica tivo outra boa ocasión nun disparo de Andrés que marcha rozando o pao dereito.
O segundo tempo non podía comezar peor para os malpicáns, xa que encaixan o empate no min.47 e cinco minutos despois Tato é expulsado, pero o Nantón non fixo notar a súa superioridade numérica e o Malpica continuou atacando, con pouca claridade pero con gañas, contando con algunha acción para marcar: unha falta botada por Neucha dende a frontal que Ernesto despexa e cun cabezazo de Cheo que sae desviado. A partir do 3-2, o Nantón acumulou máis xente na parcela ofensiva, continuando co seu fútbol directo, pero a pesar de crear perigo non contou con oportunidades claras de gol. Por outro lado, a SCD trataba de mantela posesión cando recuperaban o esférico, intentando sair ao contragolpe, e mesmo tiveron outra ocasión preto do final do encontro nunha internada de Charro pola esquerda pero o seu disparo raso foi atallado por Ernesto noutra gran parada.
Partido moi igualado entre dous conxuntos con estilos diferentes pero que se coñecen moi ben (levan catro encontros entre eles en apenas 8 meses), onde houbo pouco fútbol combinativo e moitas interrupcións no xogo. O Malpica non amosou a intensidade e concentración de outras datas, e a punto estivo de deixarse puntos ante un rival da zona baixa da clasificación. A nota positiva foi o resultado, que permite seguir acumulando vitorias (xa van cinco de maneira consecutiva) e manterse na zona alta (a SCD está na 6ª posición a dous puntos do cuarto). A vindeira semana visitan ao Castriz.
O que dixen fai tempo, cumprese.
ResponderEliminarCharro, unha volta e un partido sen marcar.
Palomo, grada.
Ahora criticademe.Pero é o que hay.
Ahora Xa non se lle pode botar a culpa a Agilda.
CHARRO,NON LLE DEAS IPORTANCIA,A ESTAS PALABRAS TAN MALINTENCIONADAS E COBARDES.ESTE TIRA A PRDRA E ESCONDE A MAN,E ESO DEVERIALLE DE DAR VERJONZA,PERO NESTE MUNDO,TEN QUE HABER DE TODO.O PALAOMO,ESTIVO LESIONADO??CREO,NON??OU ESO FOI O QUE LEIN NAS CRONICAS SEMANALES DOS PARTIDOS DA SCD.POR QUE A XENTE SE EPEÑA EN NOMBRAR A PERSONAS QUE XA NON ESTAN VINCULADAS O CLUB??NON O ENTENDO,MANUEL AGILDA,TEN O RESPETO E O CARIÑO DA AFICCION,E O MEU MAIS AINDA,PERO AHORA ESTAMOS A OUTRA COUSA,DON "ANONIMO",DEIXA DE CRISPAR,PORQUE ESTES COMENTARIOS,NON AXUDAN.ESA E A TUA MANEIRA DE DEMOSTRAR O MOITO QUE QUERES O MALPICA??POIS PERMITEME DECIRCHE QUE NON ME PARECE A MAIS AXEITADA.EN VEZ DE FELICITAR O CONXUNTO DO EQUIPO,QUE LEVAN 5 PARTIDOS SEGIDOS GANANDO,E SEN APENAS ENCAIXAR GOLES...EMPEÑASTE EN EN SEÑALAR CULPABLES DE NON SEI QUE...E EU DIJOCHE,AUPA MALPICA,A VANTE RAPACES,MOITO ANIMO.ANIMO PALOMO,CHARRO,SIJE ASI,QUE A BORDAS E O FUTBOL NON E SOLO DARLLE PADENTRO,TEN MAIS COUSAS E TI TELAS,E ADEMAIS MOI BOAS.VAMOS CHAVALES....A POLO CASTRIS!!!!!!!!!!
ResponderEliminarFIRMADO:CHARLIN
David Baña non coñece a derrota. Algo faría.... asique culpa non tería pero que marchase doulle a vida o equipo.
ResponderEliminarenhora boa rapaces,estadelo a facer moi ben,este equipo gana e ten gana de ganar,asi da gusto ir o campo e saber q o teu equipo pode remontar,porq se lle ve con ganas e con forzas de facelo.aupa malpica...seguide asi!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminaranonimo:
ResponderEliminarq tes en contra de palomo e mais de charro?!
Así o único que facedes é darlle motivos para seguir criticando,tede dous dedos de frente e deixádeo loquear tranquilo.Vese que non debe de ter dabondo coas redes sociais.
ResponderEliminarAupa Malpica!!
tes razon ROI.pero pa escribir neste blog deberiasede poñer o nome,nada de anonimos...nn tarda en caer,jajajjja!!!!!!!!
ResponderEliminarAnónimo deja de criticar al Malpica, si tanto sabes sal tu al campo a demostrarnoslo...q pareces todo un "experto"... Por que tienes esa tirria a charro y palomo? Esq te gustaría haber triunfado como ellos en el fútbol?
ResponderEliminar