SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Andrés, Marco (David Álvarez min.83), Rancaño, Neucha, Cheo (Miguel Avelino min.73), Dani (Daniel Varela min.68), Tato (Iago), Pablo.
MAZARICOS CF: Juan, Sergio (Chico min.46), Tuco (Brais min.32), Matías, Marcos, Oreiro, Ramón (Macata min.46), Pereiro, Aldo (Ferreiro min.54), Cristian (Kevin min.32), Stefano.
Árbitro: Lens Ares. Ben en líñas xerais, ainda que na primeira metade tivo algún erro de apreciación relativamente grave pero que non tivo unha incidencia directa no resultado. Os malpicáns reclamaron cartón vermello na acción do penalti cometido sobre Pablo ao entender que o defensor do Mazaricos era o último home pois o dianteiro local encaraba só a Juan.
Incidencias: Tarde despexada e cunha temperatura bastante agradable. Pouco público na Pedra Queimada, cuns 100 espectadores. Debutou Tato coa SCD Malpica. O defensa local Marco abandonou o terreo de xogo por molestias nun xeonllo. Os xogadores do Malpica luciron camisetas en apoio a Alfredo (que recentemente anunciou a sua retirada do fútbol debido ás lesións); os afeccionados tamén mostraron unha pancarta en homenaxe ao mesmo xogador.
Goles: 1-0 (min.19): Tato recibe no pico dereito da área, desfaise de dous contrarios nunha gran xogada individual e bate a Juan de tiro raso que se cola polo primeiro pao. 2-0 (min.49): Saque de esquina que bota Tato, a defensa visitante despexa en primeira instancia pero o rexeite cáelle a Andrés que dispara dende o borde da área anotando de tiro raso. 3-0 (min.89): Saque de falta dende a altura do mediocampo que colga Víctor sobre o punto de penalti, a defensa falla, Pablo controla libre de marca co peito e marca coa perna esquerda de semivolea.
Crónica: Despois do parón debido ás festas de Nadal, volvía o fútbol á Pedra Queimada. A SCD Malpica recibía ao Mazaricos, coa idea de comezalo ano como rematara o anterior (acumulaban tres vitorias consecutivas); para tal tarefa, debía de vencer ao Mazaricos, equipo que acaba de ascender á Segunda Autonómica e que se atopa na parte baixa da táboa clasificación. O técnico local, David Baña, contaba coas seguintes baixas: Óscar Moscoso, Marcos Amado (mancado nunha man), Charro (por problemas bucodentais), Manu Pardo (con molestias muculares) e Gonzalo (cun esguince de nocello). O partido comezou cos equipos un pouco adormilados, con moitas imprecisións en ámbolos dous bandos. O Malpica tratou de presionar moi arriba, provocando que os visitantes non sacasen a pelota con claridade, e apenas pasaron apuros defensivos. En ataque os malpicáns acumularon moita xente en campo contrario, creando dificultades a unha feble defensa do Mazaricos, pero houbo algunha imprecisión que non permitiu materializala superioridade local. A SCD tivo tres grandes oportunidades para marchar cunha vantaxe máis cómoda ao descanso: un disparo de Pablo que marcha desviado cando se atopaba libre de marca no punto de penalti; Pablo manda ao pao unha pena máxima cometida sobre el mesmo; e xusto antes do descanso Cheo cabecea ás mans de Juan cando se atopaba en boca de gol. Polo que atinxe ao Mazaricos, tratou sempre de sair co balón controlado, pero faltoulle precisión, mentres que cometeu algún erro defensivo importante e apenas creou perigo durante os primeiros 45 minutos.
A segunda metade non podía comezar mellor para o Malpica, pois en apenas 5 minutos anotou o segundo gol dando moita tranquilidade para o resto do encontro. Tamén nos primeiros compases da segunda parte unha xogada entre Pablo e Tato rematou cun tiro deste último que rexeitou o longueiro e un remate de cabeza de Neucha tras un saque de esquina marchou rozando o poste esquerdo da meta de Juan. Non obstante, co paso dos minutos os locais baixaron algo a presión, igualándose o encontro, ainda que en ningún momento o Mazaricos deu a sensación de poder remontar. Os visitantes sumaron dúas accións de gol: un saque de falta botada por Kevin que Suso despexa cunha gran intervención e un disparo case sen ángulo do propio Kevin que Suso despexa a saque de esquina.
Novo triunfo da SCD Malpica para rematala primeira volta da liga (agora marchan na sexta posición), nun partido que sempre ten un certo risco debido ao parón de 2 semanas sen competición. O Malpica leva catro triunfos consecutivos, amosando un gran potencial ofensivo e sumando tres xornadas sen encaixar. A vindeira semana comeza a segunda volta, recibindo na Pedra Queimada ao Nantón.
Moi ben nenos, seguide así vades polo bo camiño ;) alba
ResponderEliminarO Congrio,
ResponderEliminarA partir de hoxe xa sei de que xojas:
"MEDIOCENTRO LANZADOR", debiu de ser polo trallazo que botou catro veces antes de entrar.
Ahora teño que averiguar quen son os outros dous mediocentros "lanzadores".
Cada día flipo máis!
Moi ben rapaces!!!!!!!!!!a seguir asi!!!!!!!!
ResponderEliminar