SCD MALPICA: Suso, Charlie, Miguel Avelino, Iago, Marco, Rancaño, Neucha (Charro min.71), Cheo, Tato, Pablo (Manu Pardo min.81), Andrés.
CD BAIO: Manuel, Matías (Fredy min.90), José Antonio, Iván (Bieito min.81), Mario, Ramón, Martín MC, Javi Suárez, Canay, Alberto (Rubio min.85), Eloy (Fachal min.70).
Árbitro: Melián Otero. Mal. Sempre contemplou o xogo dende moi lonxe e mostrouse reacio á hora de sacar cartóns en varias faltas que semellaban merecedoras de tarxeta. O Malpica reclamou unha posible falta de Javi Suárez sobre Suso na acción do gol visitante e tamén un penalti sobre Pablo na primeira metade cando o dianteiro se dispoñía a rematar no corazón da área. Non houbo expulsións.
Incidencias: Tarde despexada, fría e con un vento forte que condicionou o xogo. Boa entrada na Pedra Queimada, cuns 200 espectadores que se mostraron moi activos durante os 90 minutos. O xogador do Baio Alberto tivo que abandonalo terreo de xogo no min.85 ao sufrir mareos tras un choque fortuíto co malpicán Cheo.
Goles: 0-1 (min.21): Centro de José Antonio dende a banda esquerda cara o segundo pao, o gardameta local Suso semella que atalla o esférico pero Javi Suárez choca con el aproveitando que o balón queda morto para anotar. 1-1 (min.51): Centro de Cheo dende a banda dereita á altura do punto de penalti, o porteiro Manuel choca con Tato intentando despexar pero erra na súa saída, caéndolle o balón a Neucha que estaba libre de marca no segundo pao que anota a pracer. 2-1 (min.64): Saque de esquina que bota Rancaño dende a esquerda, a defensa do Baio non consegue despexar, Pablo controla no segundo pao e marca de tiro cruzado.
Crónica: A Pedra Queimada acollía a un dos partidos máis atractivos da 22ª xornada da Liga da Costa (con permiso do Club do Mar - Camariñas) xa que se medían a SCD Malpica e o Baio, dous dos conxuntos máis en forma do campionato (os malpicáns sumaban oito triunfos consecutivos, mentres que os visitantes acababan de derrotar ao líder na xornada precedente). O adestrador da SCD, David Baña, acumulaba as seguintes ausencias: Óscar Moscoso, Dani (con molestias muculares) e Víctor (por motivos laborais). O partido comezou cun ritmo moi alto e con moita intensidade dende o pitido inicial, cos dous equipos tratando de dominar o mediocampo, pero pronto o Malpica se fixo co dominio territorial, metendo ao Baio bastante atrás. Sen embargo, o forte vento (soplaba a favor dos locais na primeira metade) que axudaba a ese dominio territorial dificultaba a circulación do esférico, provocando algúns erros en controles e pases relativamente sinxelos. As mellores oportunidades foron dos malpicáns, destacando as seguintes: un disparo de Rancaño dende a frontal que atallou Manuel; unha internada de Cheo ola dereita que culmina cun remate que saiu rozando o primeiro pao; e un balón que quedou en terra de ninguén tras un saque de esquina na mencionada xogada do posible penalti a Pablo. A partir do 0-1 a contenda trabouse un pouco, e ainda que o Malpica continuaba presionando e atacando non tivo accións claras para marcar. Polo que atinxe ao Baio, tratou de defender con orde, pero mostrou dificultades para sair co balón controlado e apenas puxo a proba a Suso, salvo na xogada do gol e nun disparo de Eloy que saiu alto tras un saque de esquina.
Na segunda parte as cousas non pintaban ben para a SCD, pois á desvantaxe no marcador había que sumalo factor vento, que agora soplaba en contra. Sen embargo, os locais saíron coa idea moi clara de remontar, e tras uns compases iniciais de igualdade volveron a facerse donos do encontro, presionando ben en tódalas líñas e xogando o balón con criterio, volvendo a meter ao Baio no seu propio campo en boa parte do segundo período. A mellor oportunidade do conxunto costeiro estivo nas botas de Tato mediante un disparo dende o pico dereito da área que saiu lambendo o pao esquerdo da portería defendida por Manuel. Pola súa banda, os visitantes tiveron a oportunidade de empatar nun man a man que Suso lle gañou a Canay nunha gran intervención do gardameta. Nos últimos minutos de encontro o Baio apretou mediante un fútbol directo, pero o Malpica soubo sufrir para quedarse cos tres puntos.
Partido vibrante o disputado entre o Malpica e o Baio, cun equipo local que se amosou moi serio durante os 90 minutos, sen practicamente deixar maniobrar aos perigosos atacantes rivais (é o equipo que máis goles leva a favor) e mostrándose superior a un dos mellores conxuntos da categoría. Tras esta vitoria, que suma a novena consecutiva, os malpicáns afiánzanse na 4ª posición da táboa clasificatoria (con 43 puntos) o que os libera de calquera tipo de apuro clasificatorio. A vindeira semana a SCD deberá afrontar un dos partidos máis complicados da tempada, xa que se enfrentan ao Camariñas (colíder empatado co Club do Mar).
MOI BEN RAPACES,GRAN VICTORIA...TRABALLADA,SUFRIDA E DE REMONTADA,MOI BOA ACTITUD E CORAXE(CON COGONES), SI SEÑOR...FELICITOVOS POR ESTE ENORME PARTIDO.BRAVO CHAVALES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarTOU ORJULLOSO DE TODOS VOS!!!!HAI QUE IR A CAMARIÑAS E DAR UNHA BOA HOSTIA ENRRIBA DA MESA,O FISTERRA VAI PINCHAR,E A TERCEIRA PLAZA ESTA MOI CERQUIÑA.CONTADES CO MEU APOIO CHAVALES...ESTADES FACENDO UNHA TEMPORADA MEMORABLE,9 PARTIDOS SEGUIDOS GAÑANDO SON MOITOS,PERO E QUE SON 11 SEGUIDOS SEN PERDER,E ENCAIXANDO APENAS GOLES...CON ESTA SEGURIDADE EN DEFENSA,E COA ACTITUDE QUE MOSTRADES CADA PARTIDO,OS QUE VAN POR DIANTE DE VOS TEÑEN O CALZON MANCHADO DE MARRON(FIJIO),NON VOS ARRUJEDES,E IDE A POLO CAMARIÑAS,DEVOLVEDELLE OS OS 5 QUE NOS METERON NA PRIMEIRA VOLTA,E DECIDELLE QUE EN APENAS UNHAS SEMANAS,NOS ESTAREMOS NO POSTO QUE ELES OCUPAN AGORA...PERO QUE NON NOS E SUFICIENTE,QUENOS IMOS A LOITAR POR ESTAR NO MAIS ALTO,QUE AS MIRAS ESTAN POSTAS NO PRIMEIRO POSTO,QUE IMOS A POR TODOS(O CLUB DO MAR,INCLUIDO),E QUE NADA NOS PODE DETER.
ResponderEliminarAVANTE O MEU MALICA,AVANTE OS COJONES QUE LLE ESTADES BOTANDO.
NEUCHA SELECCION,CAÑA DE HERBAS NA PEDRA QUEIMADA,CHUCHO MANDANDO NO MEDIO E SUSO COMA UN JATO!!!
QUE VIVA O MEU MALPICA!!!!!
CHARLIN