lunes, 20 de febrero de 2012

LIGA DA COSTA 23ª XORNADA: CAMARIÑAS 1 - SCD MALPICA 1

CAMARIÑAS CF: Pombo, Paco (Manuel min.50), De la Sierra, Ogando, Dyango, Moriño, Brais, David (Adrián min.78), Leo, Juan o Bello, Javi.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Miguel Avelino (Marcos Amado min.78), Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo, Tato, Charro (Manu Pardo min.63).

Árbitro: Martínez Rodríguez. Regular. Se ben estivo atinado á hora de sacar cartóns errou en varios fóras de xogo que perxudicaron a ámbolos dous conxuntos. Os malpicáns reclamaron falta de Javi a Charlie no gol local. Foron expulsados os locais Ogando (min.83) e De la Sierra (min.87) e o visitante Charlie (min.78), os tres por doble amonestación. Tamén foi expulsado o adestrador da SCD David Baña por protestar no min.78.

Incidencias: Tarde despexada pero moi fría e con vento que condicionou o xogo en determinadas accións (sobre todo na primeira metade). Uns 100 espectadores presenciaron o encontro. Os malpicáns Charro e Miguel Avelino tiveron que retirarse antes de tempo por diversos problemas físicos.

Goles: 1-0 (min.57): Falta a prol do Camariñas, os locais executan unha falta ensaiada na que Brais recibe en profundidade na posición de extremo dereito, apura a líña de fondo e centra ao segundo pao onde aparece Javi para rematar de cabeza en boca de gol arroiando a Charlie que trataba de despexar. 1-1 (min.86): Cheo recibe un pase en profundidade, gáñalle as costas á defensa local e plántase ante Pombo anotando de tiro raso.



Crónica: Desplazamento moi complicado o que afrontaba a SCD Malpica, xa que lle toca visitar ao Camariñas, colíder da competición e vixente subcampión. O adestrador, David Baña, contaba coas seguintes baixas: Óscar Moscoso, Víctor (por razóns laborais) e Iago (mancado nun abductor). Na primeira metade o Malpica foi o dominador do encontro, presionou ben a saída de balón dos locais e non deixou que os homes perigosos recibisen con comodidade, mentres que en ataque superaron constantemente a unha excesiva adiantada defensa local, pero faltoulles sorte á hora de definir. A SCD tivo varias oportunidades claras de gol, destacando as seguintes: Pablo recibe no borde da área pequena pero o seu disparo é rexeitado entre Pombo e o pao; Cheo penetra pola dereita pero dispara desviado; Pablo recibe un pase en longo, entra na área e centra ao segundo pao cara Charro pero un defensa despexa xusto cando o ariete se dispoñía a rematar; Charro entra pola esquerda, dispara raso ao primeiro pao pero Pombo despexa a saque de esquina. Polo que atinxe aos locais, apenas inquedaron aos malpicáns, salvo nalgunha transición rápida, tendo a mellor oportunidade para marcar a través de Brais que en posición de extremo dereito plantouse ante Suso pero o gardameta salvou cos pés e nun saque de esquina xusto antes do descanso que Ogando rematou alto tras facerse cun rexeite.

O segundo tempo comezou de igual xeito que o primeiro, cun Malpica ben plantado no campo e creando perigo unha e outra vez, pero sen fortuna nos metros finais. Nos primeiros minutos deste segundo acto contaron con dúas oportunidades moi claras de gol que non lograron convertir: un disparo de Cheo que dou no pao tras recoller un rexeite da defensa local e un man a man de Charro que se planta só ante Pombo pero dispara ao corpo do gardameta local. A raíz do gol do conxunto da vila do encaixe, a SCD veuse un pouco abaixo moralmente, aproveitando os locais para facerse co balón e controlalo encontro, pero sen profundidade. Non obstante, a partir do min.70 e ata o final do encontro o Malpica volveu a apretar, volvendo a crear perigo ante un Camariñas que trataba de capealo temporal como podía, tratando de interrumpilo xogo e de perder todo o tempo posible. Os malpicáns volcáronse sobre a área local, contando Tato coa mellor oportunidade mediante unha vaselina que Pombo logrou despexar por centímetros.

Gran partido da SCD que se amosou superior durante case todo o encontro ao Camariñas, pero a falta de acerto e o gran partido de Pombo impediron que lograsen os tres puntos. Rómpese deste xeito a extraordinaria xeira de triunfos do Malpica, que se queda en 9, pero acumulan 12 xornadas consecutivas sen coñecela derrota. Sen embargo, o partido deixa sensacións positivas para os malpicáns, xa que xogando con esta actitude e creando tantas ocasións chegarán novas vitorias. A vindeira semana reciben na Pedra Queimada a outro dos mellores equipos da competición, o Sofán.

2 comentarios:

  1. Anónimo23/2/12

    Xa levaba tempo sin escribir!
    Pero non podo deixar de pasar a ocasión para recordar que Charro aínda non marcou un gol!!!
    Pero enhoraboa a todos porque aínda así ganades os partidos e seguides nunha racha xenial!
    Repito enhoraboa!!!

    P.D. Un que non ten puta idea de futbol.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo24/2/12

    o que non tes e puta idea de escribir. Dise Noraboa. EN HORA BOA escribiches aquí.

    P.D. Outro anónimo, que está de moda.

    ResponderEliminar