lunes, 27 de febrero de 2012

LIGA DA COSTA 24ª XORNADA: SCD MALPICA 4 - SOFÁN 2

SCD MALPICA: Suso, Miguel Avelino, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño, Neucha (Manu Pardo min.77), Cheo (Iago min.83), Pablo (Marcos Amado min.62), Tato, Charro (Dani min.71).

SD SOFÁN: Richard (Luis de la Peña min.46), Adrián, Diego (Juanjo min.62), Miniño, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Gurita (Jacobo min.46), Suso Docampo, Berti (Víctor Docampo min.60), Iván Rey, Abel (Edu min.46).

Árbitro: Guerra Domínguez. Boa actuación, sen complicarse a vida nun encontro onde apenas houbo xogadas conflictivas. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde soleada e cunha temperatura agradable na Pedra Queimada. Uns 125 espectadores presenciaron o encontro. Non houbo mancados de gravidade.

Goles: 1-0 (min.18): Centro-chut de Cheo dende a banda dereita que se cola preto da escadra dereita da portería defendida por un sorprendido Richard. 2-0 (min.26): Neucha recolle un rexeite tras unha acción de Charro marcando coa esquerda dende o corazón da área. 3-0 (min.56): Falta dende o borde da área executada maxistralmente por Neucha por encima da barreira. 3-1 (min.61): Centro dende a esquerda de Suso Docampo cara Víctor Docampo que se adianta á defensa e remata dende o borde da área pequena tras dar no pao. 4-1 (min-62): Ao pouco de sacar de centro, Cheo penetra pola dereita, envía un centro a media altura que Adrián introduce na súa propia portería ao intentar despexar. 4-2 (min.67): Pase en profundidade que recibe Suso Docampo e anota no man a man.



Crónica: Despois de empatar en Camariñas e de rompela gran xeira de vitorias (que se quedou en nove), a SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao perigoso Sofán, coa intención de sumar tres puntos importantes dado que nesta xornada había varios enfrontamentos directos entre os equipos da zona alta da clasificación. O adestrador local, David Baña, contaba coas baixas de Óscar Moscoso e de Charlie (sancionado). Na primeira metade os malpicáns foron os dominadores do encontro, non deixaron que o Sofán chegase con perigo mentres que recuperaban o balón con certa facilidade, tratando de aproveitala rapidez dos seus homes ofensivos. Houbo varias accións de gol, destacando as seguintes: un remate alto de Cheo; unha falta botada por Tato que rexeitou o longueiro; e unha acción de Pablo na que Richard realiza unha boa intervención. Non houbo apenas acercamentos perigosos do Sofán nestes primeiros 45 minutos.

Na segunda metade houbo máis igualdade, quizáis debido a unha excesiva relaxación dos locais, e a un Sofán que tratou de estirar algo máis as líñas para xerar perigo, pero non foi suficiente para lograr unha hipotética remontada. Os malpicáns mostráronse algo máis espesos, e os ataques en combinación deixaron paso a un partido máis trabado, con intensidade pero sen un fútbol brillante. Co primeiro gol visitante semellaba que podía haber certa emoción (pois quedaban 30 minutos para o final), pero co 4-1 nada máis sacar de centro calquera dúbida quedou resolta. Nos derradieros compases do encontro apenas houbo ocasións, cun Sofán que o tentou pero sen claridade. Mesmo preto do final  a SCD puido lograr algún gol máis aproveitando os contragolpes, especialmente en dúas accións de Dani nas que primeiro remata alto cando encaraba só a portería visitante e noutra acción que culmina cun pase cara Manu Pardo ao que non chega por pouco cando estaba en boca de gol.

Triunfo importante do Malpica, que segue mostrándose forte na casa e que lle sirve para afianzarse na zona alta da táboa clasificatoria. As vindeiras xornadas marcarán o futuro dos malpicáns na competición, xa que se enfrentan de maneira sucesiva ao Corme, Club do Mar e Fisterra. Para rematar, decir que onte foi o último partido de Cheo coa SCD nesta tempada debido a motivos profesionais que o manterán fóra do país durante varios meses.

0 comentarios:

Publicar un comentario