SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño (Iago min.78), Neucha, Dani (Manu Pardo min.83), Juny (Miguel Avelino min.36), Tato, Charro.
CLUB DO MAR CAIÓN: Zalo, Rubén, Repi, Álex, Chori, Juan Lareo, Jhonny, Jacobo, Santi Silva (Bertín min.67), Vituco, Chapu.
Árbitro: Aguiar Patricio. Mal. Non tivo personalidade en ningún momento do partido, deixándose influenciar polos veteranos xogadres visitantes, sobre todo durante a primeira metade. Expulsou ao malpicán Andrés (min.42) por doble amarela, a segunda por unhas mans involuntarias á altura do mediocampo. Tamén sinalou penalti (min.34) por unhas presuntas mans de Marco cando o balón lle dou no hombro á hora de tratar de tapar un centro. Ademais, na segunda metade descontou 7 minutos.
Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada cunha temperatura agradable. Gran ambiente nas bancadas, cuns 350 espectadores presenciando o encontro. Os xogadores do Malpica Juny e Rancaño tiveron que retirarse lesionados.
Goles: 0-1 (min.34): Penalti por mans inexistentes de Marco que transforma Vituco. 1-1 (min.54): Gran xogada individual de Charro pola banda esquerda regateando a varios rivais, apura a líña de fondo e envía o pase atrás cara Tato que anota a placer. 2-1 (min.64): Charro é derrubado por Chori tras regatealo dentro da área; o propio Charro marca a pena máxima. 2-2 (min.93): Centro raso dende a esquerda de Chori cara Rubén que remata en semifallo no primeiro pao, Suso roza levemente o balón que da no pao dereito saíndo en paralelo á líña de gol onde aparece Vituco para marcar nunha xogada con moi mala fortuna para os malpicáns.
Crónica: Despois da importante vitoria na xornada anterior en Corme, a SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao líder da clasificación, o Club do Mar, no encontro máis interesante desta 26ª xornada da Liga da Costa, xa que se enfrontaban, probablemente, os dous equipos máis en forma do campionato. David Baña, adestrador do conxunto local, contaba coas seguintes ausencias: Óscar Moscoso, Cheo e Pablo (o último por motivos laborais). Na primeira metade a igualdade foi a nota predominante, onde ningún conxunto foi capaz de logralo control do balón e onde se abusou do xogo directo. Os malpicáns empregáronse con moita intensidade, moi atentos en defensa pero pecaron de nerviosismo e imprecisión en moitas accións, quizáis debido á actuación arbitral que os sacou un pouco do encontro. Faltoulles claridade en ataque e apenas combinaron en curto, buscando moi rápido aos seus atacantes. Tampouco tiveron nada de sorte nestes primeiros 45 minutos, pois ademais da expulsión de Andrés e do penalti de Marco, mancouse o dianteiro xuvenil Juny. Non houbo apenas oportunidades claras de gol, destacando para o Malpica un disparo alto de Dani dende o borde da área tras recibir un centro dende a esquerda nunha acción na que estaba libre de marca. Polo que atinxe ao Club do Mar, tivo unha gran oportunidade tras un saque de esquina que cabecea Vituco e Suso salva nunha gran intervención de reflexos.
O segundo acto tivo un claro protagonismo malpicán, que a pesar de estar con 10 xogadores e de ir perdendo, logrou o control do encontro, mostráronse moi agresivos na presión e agora si chegaban con perigo ás inmediacións da área visitante, sendo superiores a un Club do Mar que creaba perigo tan só a balón parado (un dos seus puntos fortes). Na recta final, a SCD tivo dúas oportunidades moi claras para "matalo" partido, pero non foron capaces de definir: Tato recibe un pase en profundidade de Manu Pardo pero no man a man escórase un pouco á esquerda e o seu disparo foi despexado polo gardameta a saque de esquina; e pouco despois, Tato asiste a Neucha que dispara dende o primeiro pao pero de novo Zalo salva ao seu equipo cun paradón a bocaxarro. O Club do Mar apretou nos minutos finais mediante balóns en longo, aproveitando o cansancio dos locais, e tivo a fortuna de marcar no min.93 nunha xogada "de rebote". Antes tiveran unha inmellorable oportunidade co 1-1 nun cabezazo de Rubén tras un saque de esquina. Mesmo no último minuto do desconto, Tato executou unha falta dende o borde da área que Zalo despexou noutra boa intervención.
Gran partido do Malpica, especialmente na segunda metade, sabendo superalas diversas dificultades que se lle presentaron e que tivo ao Club do Mar contra as cordas cun home menos, pero a mala fortuna nos minutos finais provocou que se lle escapase a vitoria. A SCD segue na 4ª posición, a un punto do Fisterra, acumulando 15 xornadas consecutivas sen perder. A vindeira semana visitan ao Buño, no que será o derbi do Concello.
Non entendo como a Federación manda de árbitro a un rapaz de 17 anos para este partido, no que se sabía de antemán que ia haber tensión no campo e moito público nas bancadas.
ResponderEliminarEu non sei porque che extraña nada do que fai a federación...nin nada que teña que ver cos árbitros...se é todos os anos igual...nada cambia, bueno, o único que cambia cada ano é que hai que pagar máis polas fichas e toda a gaita...son incompetentes por definición (requisito indispensable)
ResponderEliminarO finalizar o encontro entrou no campo a garda civil pa intentar localizar ó francotirador que lle disparou a Charro cando o árbitro pitou penalty. Mira que hay que ter cara pa decir que o arbitraxe perxudicou ó Malpica. A vituco coserono a patadas e lle pitaban falta en contra. Hay que ser un pouco menos parcial nos comentarios.
ResponderEliminarCoser a patadas, creo que so lle pitaron unha falta sera por algo. Do penalti que lle pitan a favor do Caion e que so as ve o arbitro, deso non dis nada "anonimo" por non decir os codazos que deron en todos os saltos os xogadores visitantes, e o de aumentar un partido sete minutos.... Ti si que eres o particial, por dios......
ResponderEliminarTuven a sorte de ver os dous "penaltis" de moi cerca e de confirmalo cos protagonistas unha vez acabado o partido. Unha zancadilla dentro da área e un balón que golpea no hombro de Marco creo que son accións bastante obxetivas. Cada un pode intentar vender a moto do que queira nos seus periódicos, webs, comentarios... pero os feitos son os feitos, e o domingo o árbitro perxudicou ó Malpica!
ResponderEliminarQue obsesión con Charro chico!!! (non sei se es o mismo de sempre pro como te chamas igual pois entras no saco, se non puxeras o nome). Un penalty en contra inxusto (fiome bastante de charlie e ti deberialo facer tamén)e xogando contra 10 máis de 45 minutos e decides que o árbitro non axudou o Caión...bueno, tamén vola podía meter el dentro pro eso por ahora non se da, pro bueno, se os árbitros seguen esta progresión nun par de anos xa poderemos ver cousas así sin extrañarnos.
ResponderEliminarParece mentira que a estas alturas da temporada esteamos máis pendientes do que opina unha persoa sobre o equipo en vez de alegrarnos por plantarlle cara aos "cocos" da categoría, feito que ninguén o pensaba non hai moito. Recordo que poderíamos ter sumado os 6 puntos contra os 2 primeiros clasificados, creo que non fai falta dicir nada máis a non ser que o "anónimo" non estea dacordo con esta afirmación, igual é pouco obxectiva.
ResponderEliminarEfectivamente, esa afirmación e muy pouco obxetiva, porque, aparte de ratificarme desde o meu anonimato no que opinei o pasado día 13, martes, xa que mencionas os 6 puntos que o malpica podería ter sumado contra o Club do mar, quero supoñer que non viches o partido de ida, porque sin chegar unha sola vez en todo o encontro o malpica se encontrou con un penalti que lle fixeron a un xogador que estaba en fora de xogo descarado, e con posterioridade o árbitro, cas súas peculiares decisions, se encargou de que o marcador non se movese a favor do club do mar hasta que pitou o final.
ResponderEliminarEsa é a miña humilde e anónima opinion
Da gusto ver ó Club do Mar e o Malpica pelexando no máis alto. Eso é o importante. Probablemente no partido da primeira volta mereceu gañar o Club do do Mar e na segunda o Malpica, pero o futbol é así (e os arbitros forman parte del).
ResponderEliminar