SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado (Miguel Avelino min.68), Iago, Marco, Andrés, Neucha (Pablo min.64), Rancaño, Charro, Tato, David Blanco.
SANTA COMBA CF: Pablo, Gelo (Doro min.46), Agustín (Jota min.46), Ángelo, Roberto Amoedo, Orlando, Chinda, Pablo Baña, Noly (Darío Capelo min.78), José Ángel (Julián min.46), Óscar.
Árbitro: Pérez Rellán. Estivo regular. O Malpica reclamoulle dous posibles penaltis, un cometido sobre Charro na primeira metade e outro sobre David Blanco na segunda. Pola contra, o Santa Comba protestou o gol anulado a Noly (min.77) por presunto fóra de xogo. Non houbo expulsados.
Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada cunha temperatura moi agradable. Gran ambiente nas bancadas, con máis de 200 espectadores seguindo o encontro. O malpicán Marcos Amado abandonou o terreo de xogo cun golpe nun nocello.
Goles: 1-0 (min.31): O visitante Ángelo corta un ataque malpicán, cede atrás ao seu gardameta Pablo que se atopaba a media saída, este rectifica a tempo e cunha gran estirada consigue desvialo esférico que da no pao esquerdo da portería quedando morto para que Neucha marque a placer dende dentro da área pequena.
Crónica: Partido de volta dos dezaseisavos de final na Pedra Queimada onde a SCD Malpica trataba de remontar o 2-0 da ida a prol do Santa Comba nunha tarefa que semellaba moi complicada ante un conxunto da Preferente Autonómica (5º clasificado actualmente). David Baña, adestrador malpicán, recuperaba efectivos pero contaba coas baixas de Óscar Moscoso, Cheo, Víctor e Casais (os últimos por motivos laborais). O partido comezou cun Malpica moi intenso, concentrado en cada tarefa que debían desenvolver e sendo superiores na primeira metade a todo un Santa Comba que quizáis non se esperaba un equipo costeiro tan agresivo e atrevido. Os locais gañaban practicamente tódalas segundas xogadas, superando en moitas fases aos seus pares defensivos, especialmente polas bandas e chegando con certa facilidade á líña de tres cuartos. As mellores aproximacións ofensivas dos malpicáns foron as seguintes: Neucha penetra na área pola esquerda, desfaise do lateral e dispara coa dereita pero algo frouxo; Neucha recibe un pase en profundidade pero entretense demasiado na área e o balón é despexado pola defensa; de novo Neucha lanza unha falta dende o borde da área que sae alto por pouco. O Santa Comba sufriu para sacar o balón controlado debido á gran presión local, e tratou de facer un xogo basado en diagonais buscando os desmarques dos seus atacantes. Apenas creou perigo o equipo xalleiro, salvo unha acción de Noly na que se aproveita dun resbalón de Iago pero Suso salva cos pés nunha gran saída.
Coa remontada a medias (un gol máis forzaba a prórroga), o Malpica comezou a segunda parte coa intención de seguir atacando e presionando, pero a medida que pasaban os minutos as pernas pesaban máis e a diferencia física entre entre ámbolos dous conxuntos fíxose evidente (tamén a entrada por parte dos visitantes de Julián e de Doro axudou a que os xalleiros subisen o seu nivel). Foron uns segundos 45 minutos igualados, onde os malpicáns mostraban moita ambición pero onde tiveron menos claridade que no primeiro período. A SCD tivo unha gran oportunidade nun disparo de Andrés que se fai cun rexeite da defensa e dispara con moita potencia pero que o porteiro Pablo salva cunha gran parada. Seguiron apretando ata o final, e mesmo preto do minuto 90 Tato estivo a punto de marcar nunha falta que saiu rozando o pao. O Santa Comba tivo máis protagonismo en ataque, creando perigo gracias ás aparicións dos seus extremos, pero os azulóns mostráronse seguros en defensa e Suso estivo moi seguro en tódolos balóns colgados. Dúas oportunidades destacaron para o Santa Comba: un centro de Julián dende a esquerda que Noly remata alto en boca de gol, e unha xogada de Noly pola esquerda que asiste a Doro pero este tira demasiado cruzado nunha posición moi favorable.
A SCD Malpica queda fóra da Copa da Costa 2012 pero deixando moi boas sensacións ante, quizáis, o mellor equipo da competición copeira. Os malpicáns plantaron cara no partido de ida en Fontenla e foron superiores en moitas fases onte na Pedra Queimada, e quizáis cun pouco máis de fortuna na ida hoxe estarían nos oitavos de final.
estuvose a punto de conseguilo pero non foi posible,mu ben rapaces bo partido.
ResponderEliminarQueria decirlle a federacion desde este blog,q vaia maneira de acabar coa copa da costa,como pode ser q esten os equipos de prefenrente nesta competicion?,como pode ser q se xogen partidos o viernes a noite ou martes(ainda q sea festivo)porq ainda hai xente neste pais q traballa os festivos?,como poden competir equipos q xogan por devocion contra equipos q xogan por cartos?.lamentable a organizacion,espero q po ano non ocurra o mismo.un saudo