lunes, 10 de marzo de 2008

Corme 2 - Malpica 2

Corme CF: Susiño; Adolfo, Jóse, (Rodrigo, 74’), Rafa Valiña, Cordobés, Felipe, Martín, (Manoliño,74’), Lente, Iago, Brais, Alejandro.
SCD Malpica: Toni; Brais, Diego,Víctor, Marco, (Coki, 87’), Andrés, Lema, (Quique, 67’), Rancaño, Rodri, Martuxa Elías, (Charro).

Goles: 1-0, min 2. Brais de forte disparo. 1-1 min. 43, Rodri bate a Suso por baixo. 2-1, min.64 Charro cruza ante Suso. 2-2 Rafa Baliña remata en fora de xogo un barullo na área.

O Malpica chegaba a Corme ca imperiosa necesidade de gañar senón quería dilapidar as poucas oportunidades que ten para salvarse. O partido non podía comezar peor, xa que o conxunto de Esmorís volveu a saír dormido e encaixou o primeiro gol nos primeiros minutos tras un bo contragolpe cormelán. Aínda así, o Malpica non se descompuxo e xogou unha boa primeira metade e creou perigo a balón parado. Así, ó filo do descanso, Rodri aproveitou unha indecisión local para establecer o empate. Na segunda metade o cadro visitante saliu polo partido e a entrada de Charro, por Elías lesionado, aportou frescura ó ataque. Foi o propio Charro o que poría por diante ó Malpica tras un bo pase de Martuxa. A partir de aí, o Corme foise arriba á desesperada deixando moitos hocos que o Malpica non soupo aproveitar, unhas veces por eles mesmos, e outras pola actuación dun árbitro lamentable.
Non tivera ningunha acción destacada durante o encontro, pero todas as dubidosas pitaba a favor dos da casa. No último tramo de encontro xa foi máis descarado, non pitando unha clara falta de Cordobés a Charro cando este ía só cara a portería. Ademais, prolongou o encontro 5 minutos cando durante o partido paraba o reloxo cada vez que había unha interrupción, e para rematar a faena, NO GOL DO EMPATE DO CORME, HABÍA TRES XOGADORES EN FORA DE XOGO INCLUÍDO RAFA BALIÑA, O AUTOR DO GOL.
Un auténtico escándalo.
Quedan tres partidos e a salvación está a un punto, hai que seguir loitando.

jueves, 6 de marzo de 2008

Malpica 2 - Monte Louro 5

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego,Víctor, Alfredo II, (Avelino, 68’), Marco, Andrés, Cheo, (Coki, 90’), Rancaño, Rodri, Charro, (Lema, 79’), Martuxa.
UD Monte Louro: Juan Carlos; Rico, (Riki, 66’), Chema, Gael, Tono, Pulpo, Eloy, Edu, (César, 48’), Piti, (Carlos, 89’), Cexo, Antonio; (Pedro, 35’).

Goleadores: 0-1; min. 3: Piti, a centro de Eloy. 1-1; min. 32: Charro de penalti. 2-1; min. 47: Sassano, recibe una gran pase de Cheo entre a defensa e marca ante a saída de Juan Carlos. 2-2; min. 71: Pulpo, remata coa coronilla un saque de falta dun compañeiro, ante a indecisión de defensa e porteiro locales. 2-3; min. 78, Cexo nunha contra, aproveita outra grave indecisión dos defensores locales. 2-4; min. 85: Riki recibe o pase da morte tras unha internada de Cexo, e bate a Toni por baixo. 2-5; Tras un rexeite de Toni, Cexo marca dende uns 30 metros.

A primeira das cinco finais que lle quedan ó Malpica para evitar o descenso non puido ser máis nefasta. O partido xa comezou mal, ós tres minutos o conxunto visitante xa se adiantara por medio de Piti. Pero o cadro de Esmorís non se descompuxo e dominou toda a primeira parte gozando de boas ocasións. O empate chegou á media hora tras un penalti transformado por Charro. Na segunda metado o Malpica seguiu atacando e conseguiu remontar tras unha gran xogada de Cheo que deixou a Rodri só diante de Juan Carlos para que definira con tranquilidade.
O conxunto local déralle a volta ó encontro, pero incomprensiblemente, e grazas tamén á pésima actuación do árbitro, o Monte Louro volveu a remontar marcando 4 goles nunha moi mala tarde da defensa e o porteiro malpicáns.
Hai que seguir loitando para conseguir a permanencia que aínda que está máis dificil, non é imposible xa que hai equipo para saír do pozo.

lunes, 25 de febrero de 2008

Esteirana 3 - Malpica 2

SD Esteirana: Luki; Chispi, Pablo, Picho, (Maceiras, 76’), Adelino, Roque, Martín, (Jano, 46’), Pepe, (Yago, 46’), Quique, (Aitor, 82’), Mingos, Alberto.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego,Víctor, Alfredo II, (Fariña, 49’), Marco, Cheo, Rancaño, Rodri, (Charro, 69’), Martuxa, Lema.
Goleadores: 01, min. 41: Martuxa cruza o balón tras un saque de banda. 1-1, min. 52: Alberto, aproveita unha indecisión do central Fariña, e fusila ao meta malpicán Toni a placer. 2-1, min 71. Kike rouballe o balón a Avelina, posiblemente en falta, e cruza ante Toni. 3-1, min.81: Alberto empalma unha bolea que se cola coma un obús pola escadra esquerda de Toni. 3-2, min. 89: Charro tras unha gran xogada de Cheo.

Atopábase o Malpica ante a súa primeira gran final pola permanencia no campo de A Salina. Pretendía deixar a un rival xa descartado e acortar distancias cos equipos que estaban por encima.
O partido empezou cunha fase de incertidume na que se vía que os dous equipos tiñan moito medo debido á trascendencia do partido. Pero o conxunto visitante pronto se fixo co control do encontro e comezou a dominar o encontro aínda que sen moita chegada. Tuvo que ser cando xa o primeiro tempo agonizaba, cando o Malpica conseguiu adiantarse. Cheo metiu un potente saque de banda dentro da área que a defensa non puido despexar ben e caeulle a Martuxa no segundo pau que cruzou o balón perfectamente.
O conxunto de Esmorís foi así con vantaxa ó descanso. Pero incomprensiblemente o cadro visitante tirou o encontro ó lixo na segunda parte. O Esteirana non tardou en empatar tras un fallo de Fariña, que substiruíra ó lesionado Alfredo. Pero, cuestión do destino, o Malpica volveu a disfrutar dunha nova oportunidade; unha cabalgada de medio campo de Cheo acabou en penalti e expulsión do porteiro local. Todo se poñía de cara, pero Rodri errou a pena máxima que detuvo Adelino, defensa central que se puxera de porteiro. A nova ocasión desperdiciada polo Malpica espoleou ó Esteirana que 20 minutos despois de empatar, atopouse con outro erro defensivo. Avelino perdía o balón ante Kike, aínda que este cometeu falta sobre o lateral malpicán, e este encarou a Toni e cruzou o balón perfectamente. O conxunto de Esmorís tentou empatar pero non tivo ocasións claras. Ante o desconcerto visitante, o Esteirana aproveitou para dar a puntiña tras un balón largo que lle caeu a Alberto, pichichi dos xuveniles, que empalmou unha espectacular volea que se colou pola escadra de Toni. O Charro conseguiu acortar distancias no último minuto tras un xogadón de Cheo, o mellor do Malpica, pola banda dereita.

lunes, 18 de febrero de 2008

Malpica 1 - Camariñas 2

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo II, Iago, Andrés, (Javi, 74’), Charro, (Lema, 67’) Cheo, (Marco,m 83’), Rodri, Manuel, (Quique, 3’),Martuxa.
Camariñas, CF: Marcos; Javi, Pablo, Baleiro, Yago, (Roberto, 46’), Moriño, Darío, Nando, Brais, Tedín, Brais Casal, (Seso, 76’).
Goleadores: 0-1, 57’: Brais marca tras driblar a Toni. 0-2, 68’, Darío bate a Toni no man a man. 1-2, 73’ Rodri de penalti.

O malpica chegaba a este partido coa necesidade de gañar para non entrar en postos de descenso. O día presentábase bo, xa que as condicións climatolóxicas presaxiaban unha boa tarde de fútbol.
O encontro non comezou ben, no minuto 3, Manuel recollía un balón na frontal, e tras amagar o disparo, sufriu un tirón na perna que lle impediu continuar. Parecía que o conxunto de Esmorís se ía repoñer xa que só un minuto despois, Charro peinou un balón que Diego empalmou dende a frontal da área e que se estrelou con violencia no longueiro. O camariñas non chegou con perigo en toda a primeira parte, a defensa do Malpica tiraba moi ben a liña do fora de xogo inutilizando así a única arma do equipo visitante. O cadro local, chegou con perigo nunha internada de Cheo que centrou para que Rodri rematara o balón que foi rexeitado por un defensa cando xa ía gol.
Na segunda parte o partido seguía igual, pero o Malpica estaba comezando a perder a concentración á hora de tirar o fora de xogo, froito disto, Brais atopouse cun pase en profundidade quedando só ante Toni, ó que driblou sen problemas marcando así o 0-1. Tan só 10 minutos despois, un contrataque perfectamente levado polo conxunto camariñán finalizaba cun pase sobre Darío, que partindo de fora de xogo, batía a Toni por baixo.
Quedaban 20 minutos pero o conxunto local non foi quen de poñer en perigo a vantaxe dos visitantes. Rodri acortaría distancias tras un penalti por mans de Javi.
O malpica pasa agora a estar en postos de descenso debido ós arrastres que provocan os equipos de primeira rexional. Isto convirte a próxima saída a Esteiro nun partido de vital importancia para a permanencia.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Últimos dous partidos

Antes de nada, pedir perdón por non actualizar o blog as dúas últimas semanas, pero os estiven super ocupado cos estudos. A partir desta seman o blog retomará a súa actividade normal polo que podedes consultar todo como faciades antes. Desculpade as molestias.
Bueno, dicir tamén que as dúas últimas xornadas non melloraron moito a xeira que xa tiña o equipo e o Malpica colleitou dúas novas derrotas.
A primeira foi contra o lider, o Cee, na Pedra Queimada. O primeiro clasificado pasou por Malpica como un ciclón e non dou opción ós de Esmoris, a pesar do que indique un resultado que se maquillou nos últimos minutos (2-3).
Nesta última xornada, a derrota produciuse a domicilio, no campo do Fisterra. O Malpica saliu derrotado por 3-1. O partido xa se lle puso moi costa arriba no primeiro cuarto de hora cando encaixou un gol a balón parado, que parece ser un dos pesadelos das últimas xornadas.
Esperemos que nesta xornada, o equipo de Esmoris retome a senda do triunfo para poder ter un final de liga relaxado.

lunes, 28 de enero de 2008

Baio 2 - Malpica 1

CD Baio: Trucho; Víctor Silvarredonda, (Alberto, m. 46), Fermín, Santi, Diego, Sergio Pensado, David Costa, (Fredi, m. 88), Martín, Mario, (Cristian, m. 46), Juan Carlos, Carro, (Adrián, m. 88).
SCD Malpica: Toni; Javi, Diego, Víctor, Alfredo II, (Fariña, m. 70), Andrés (Daniel, m. 78),Cheo, Lema, (Charro, m. 64), Rodri, Manuel,Martuxa.
Goleadores: 0-1, min. 47, Lema cunha boa vaselina tras facer unha boa parede con Cheo. 1-1, min. 50, Alberto cruza o balón ante Toni que dubidou na súa saída 2-1, min. 76, Pensado rouballe o balón a Rodri na frontal da área e bate a Toni.

Chegaba o Malpica ó Platas Reinoso coa necesidade de romper a súa mala xeira de resultados e non descolgarse da cabeza. Así, comezou o partido con moita intensidade e no minuto 5 xa Lema estrelara un balón no longueiro tras unha gran carreira de Cheo. A primeira parte foi totalmente para o cadro de Esmorís, que tivo en Cheo a súa máxima arma ofensiva, xa que entrou pola banda dereita sempre que quixo. Aínda así, o equipo visitante non foi quen de adiantarse no marcador e os dous equipos foron ó descanso con empate a ceros.
A segunda metade comezou do mesmo xeito, e froito diso, tan só dous minutos despois da reanudación, o malpica conseguiu trenzar unha xogada pola banda dereita, na que Lema fixo unha gran parede con Cheo, e tras quedarse só no man a man con Trucho, definiu cunha perfecta vaselina. Poñíase o partido de cara para o Malpica que seguía xogando un bo futbol. Pero os cambios que o adestrador local introducira no descanso comezaron a facer efecto e o Baio veuse arriba. Tan só 4 minutos despois, unha xogada pola banda esquerda rematou cun desaxuste na defensa malpicana e cun centro ó que Toni non decidiu saír, e que quedou perfecto para que no segundo pau, Alberto cruzara o balón ó fondo da rede. Instantes despois, o partido rematou por tolear de todo, xa que o árbitro expulsou ó porteiro do Baio por doble amonestación por non sacar de porta. Na seguinte xogada, Martuxa agrediu a un xogador local e foi expulsado, ademais de ter que retirarse ó hospital por un corte na cara. Dende ese momento, o Baio fíxose dono do encontro e comezou a meter ó Malpica na súa área, o gol tiña que chegar, e foi no minuto 76, tras un barullo. O balón caeulle a Rodri, que quixo buscar unha mellor posición para despexar e Pensado rouboulle o balón quedando só ante Toni que nada puido facer. O cadro local aínda puido aumentar máis a súa renta mentres que o Malpica non conseguiu tirar unha sóa vez a portería.