lunes, 17 de septiembre de 2007

Malpica 2 - Sofán 1

Malpica: Toni, Avelino, Brais, Dieguito, Marco, Quique (Manuel m.55), Alfrediño (Alex m.90), Andres, Martuxa, Cheo e Charly (Charro m.55).
Sofán: Costa, Victor, Pancho (Oscar m.65), Gende, Baneira, Pizo, Varela (Gustavo m.82), Juanjo, Berti (Cristian m.60), Bertin e Eloy(Suso m.60)
Goles: 0-1 min.18 Baneira de cabeza a saida dun corner. 1-1 min.57 Alfredo dende fora da area. 2-1 Martuxa, de disparo cruzado.
Partido moi disputado dende o inicio polos dous equipos. O primeiro en dar ca porteria rival foi o Sofán, que sacou partido dunha xogada ensaiada no saque dun corner. Baneira, libre de marca, adiantaba os visitantes cun testarazo incontestable. A partir dese momento o control do partido pasou a mans do Malpica, que o intentaba unha e outra vez pero sen sorte. Sen dúbida a clave do partido estivo na segunda parte, xa que o Sofán gozou de duas clarisimas ocasións para matar o partido por medio de Eloy e Berti, que non acertaron a batir o porteiro local Toni. Quen non fallou foi o Malpica. Alfredo cun impecable tiro dende fora da area poñia as tablas no marcador, e xa casi chegando o minuto oitenta, Martuxa establecia o dous a un definitivo tras aprobeitar un rexeite dentro da area e cruzar o balón con gran acerto. Unha victoria sufrida para o Malpica, que empeza a liga sumando catro puntos de seis posibles.

0 comentarios:

Publicar un comentario