lunes, 24 de septiembre de 2007

Malpica 1 - Castriz 1

Malpica: Toni, Avelino, Victor, Marco, Diego, Andres, Manu (Quique min.66), Alfredo, Martuxa, Lema ( Charli min.56), Rodrigo ( Charro min. 71)

Castriz: David, Martín, Jose Manuel, Alejandro, Roberto, Jota, Bruno(Jesus min.56), Victor, Ancho ( Bruno Prego min.86), Cesar ( Sebastian min. 65), Jesus Manuel (José Luis min. 65)

Goles: 1-0: Manu, dende fora da área; 1-1 Victor só ante Toni

Tarde perfecta para xogar ó futbol na Pedra Queimada que rexistrou unha boa entrada. O Malpica pretendía recuperarse do traspés da semana anterior en Ponte do Porto e afrontaba o partido con moitas ganas. Así, xa dende o primeiro minuto comezou dominando o encontro aínda que sen moita profundiade, as chegadas eran escasas, pola súa parte, o Castriz permanecía ben pechado atrás coa esperanza que poder facer dano en algunha contra. Estábase chegando ó minuto 13 cando Manu colleu o balón na banda esquerda, recortou ó lateral e sen pensalo mandou un zapatazo que se colou pola escadra, o equipo local traducía así o seu dominio no marcador. O partido atravesou dende ese momento unha etapa de desconcerto onde o xogo estaba moi trabado e non se chegaba con claridade. Os visitantes aprobeitaron esto para empatar, foi no minuto 34 cun balón longo que os centrais do Malpica non poideron despexar e Suso resolveu ben no man a man con Toni. Co resultado de empate chegouse ó descanso. Na segunda parte o dominio do Malpica aumentou, e máis despois dos cambios, converténdose así nun monólogo local. Incluso houbo xogada para a polémica cun clarísimo penalti a Charli tras un descarado empurrón que o arbitro non quixo ver. Malía isto, os anfitrións non foron capaces de convertir ningunha das súas ocasions que tiveron tanto Rodrigo como Alfredo e posteriormente o Charro.



Empate ó final dos 90 minutos nun encontro no que o Malpica, senón por xogo, si por ocasións, merceu un premio maior que o empate.

0 comentarios:

Publicar un comentario