lunes, 17 de septiembre de 2007

Porteño 3 - Malpica 1

Porteño:Angel, Matias, Roberto, Manuel, Alejandro, Pablo(Astu), Gemisa, Ismael(Iago), Kün(Güi), Vello, Chocho(Varela)
Malpica: Toni, Avelino, Victor, Marco, Diego, Charli(Rodrigo), Andrés, Manuel(Alex), Lema(Charro), Alfredo.
Goles: 1-0 min.65 Ismael dende a área pequena. 2-0 min.71 Varela tras unha parede. 3-0 min.80 Iago tras unha contra. 3-1 min.83 Martuxa dende fora da área.
Rudo partido o disputado no campo de A Grixa (125 personas), onde o penoso estado do terreo de xogo condicionou moito o xogo de ambos equipos. A primeira parte transcurreu sen moitos sobresaltos, o partido estaba bastante bronco e o único que se sucedían eran os balóns largos dos dous equipos. Como era de supoñer, cun campo así, o maior perigo chegaría a balón parado. No minuto 25, Diego tirou unha falta directa que de non ser polo porteiro acabaría na escadra. Dez minutos máis tarde, outra falta de Diego, desta vez indirecta, foi despexada a corner polo porteiro que atopou o balón. Cara ó final do primeiro tempo a maior calidade dos xogadores do Malpica fixo que o conxunto visitante dispuxera dalgunha clara ocasión. No minuto 40 Alfredo dispuxo dun man a man co porteiro, respostando a un anterior remate de cabeza de Kün que Toni despexou sen problemas. A ocasión foi repelida polo porteiro e o posterior rexeite de Martuxa foi despexado por un defensa na mesma liña de gol. Dous minutos despois Alfredo dispuxo doutro man a man que o porteiro encontrou e despexou co peito.
Na segunda parte o xogo continuou sendo bastante trabado e non había moitas ocasións. No minuto 65, e despois dun erro defensivo, o balón quedou morto ó borde da área pequena e Ismael fusilou a Toni, que aínda que tocou o balón, non puido facer nada. O equipo visitante tívose que abrir e só 6 minutos despois, nunha contra moi ben levada, o Porteño daba a puntilla co segundo gol anotado por Varela. Cos cambios o Malpica veuse algo arriba, pero outra contra no minuto 80 sentenciaba o partido, Iago plantábase só diante de Toni e non fallaba. Martuxa maquillaba o resultaado dous minutos despois cun estupendo zurdazo á escadra, pero o partido xa non daba para máis. Demasiado castigo para un Malpica que non mereceu un resultado tan abultado.

0 comentarios:

Publicar un comentario