lunes, 17 de septiembre de 2007

Ponteceso 2 - Malpica 2

Goles:0-1 min.25:Alfredo de penalti. 1-1 min.55 Carlos Mato de penalti. 2-1 min.75 Rubén. 2-2 min.90 Charro de penalti. O Malpica afrontaba o inicio ligueiro fora da casa, e ante un rival aspirante a todo nesta temporada. O partido tivo un comezo titubeante cuns minutos de ida e volta cara as duas porterias. Mediada a primeira parte puxeronse as cousas de cara para os de Esmorís cun penalti anotado por Alfredo. Pero a partir de se momento o partido pasou a mans do Ponteceso, que entrou en tromba na segunda metade e remontou o partido cos goles de Mato e Rubén, que deixaban os malpicáns por debaixo no marcador e con algunha lagoa no seu xogo. Xa nos minutos finais, nunha contra ben levada por todo o equipo, Cheo conseguiu forzar un penalti que Charro convertiría no definitivo dous a dous. O Malpica acabou contento polo punto logrado ante un rival dos chamados fortes da liga, pero non tanto polo fútbol desplegado.

1 comentarios:

  1. Anónimo17/9/07

    O mellor do partido foi a rivalidad, e o peor, o caseiro que foi o arbitro, sobretodo na segunda parte, foi descarado.

    ResponderEliminar