CD Nantón: Ernesto; Diego, (Marcos, m. 80), Pichel, Sito, Félix, Carlos, (Iban, m. 65), Avenida, (Adrián, m. 73), M. Cruceiro, Luís, (Amado, m. 82), Serra, Javi Peón.
SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo, (Javi, m. 46) Iago, (Avelino, m.16) Marco, Lema, Quique, (Coki, m. 80), Rodri, Manuel, Elías.
Tarde moi fría no campo das Fontiñas na que o equipo vistitante tiña unha gran oportunidade para consolidarse na parte alta da clasificación trala derrota do Camariñas e o empate do Baio.
O partido estivo moi igualado na primeira metade na que as ocasións se sucederon en ambas porterias aínda que foi o cadro de Esmorís o que dominou máis a pesar do temperán contratempo que supuxo a lesión de Iago ó cuarto de hora de partido. O conxunto local chegaba con perigo gracias á rapidez dos seus puntas, pero non acertaba a definir. O Malpica chegaba ben pola esquerda cas incursións de Elías que fixo unha boa primeira metade creando perigo. O máis destacado foi un bo remate de cabeza de Rodri que se foi fora por moi pouco. Pouco despois, tras outro centro de Elías, Rodri peinaba un balón que Lema non chegou a rematar por moi pouco. A última ocasión da primeira parte foi unha falta ó borde da área que Manuel mandou lixeiramente alta. Na última xogada do primeiro período resultou lesionado o central malpicán Alfredo, tras un despexe.
Na segunda parte, as lesión fixeron recuar ó Malpica e o Nantón fíxose co control total do encontro. Chegaban con perigo e creaban ocasións a balón parado como a falta directa de Serra que petou no longueiro. Xa antes, Manolo do Cruceiro enviara fora incomprensiblemente un balón peinado por un compañeiro á saída dunha falta. Por se fora pouco, no minuto 74, Diego foi expulsado por doble amarela tras cortar unha xogada coa man. Os últimos 20 minutos foron un monólogo local aínda que o conxunto visitante tivo dúas ocasións en dous contragolpes que Manuel e Lema a punto estiveron de aproveitar.
O final, reparto de puntos nun partido no que o árbitro resultou ser bastante caseiro, xa que nunca dubidaba cando había algunha xogada complicada.
Tal e como transcorreu o encontro, o punto colleitado polo Malpica non é malo e permítelle manterse na quinta posición da táboa.

Joder, o árbitro fijo que era de Nantón. menudo escándalo.
ResponderEliminaré unha pena que non se ganara o domingo, pero tal é como se puxo o partido o puntiño é bo.
ResponderEliminaro malpica tivo moita sorte o domingo, sobre todo no segundo tempo. gustoume moito o interior esquerdo, ¿quen é ? parecia moi novo. As baixas vanse notar mais do que parece, xa bo é que tedes un gran porteiro. O xusto seria unha victoria no Nanton
ResponderEliminarO interior esquerdo é Elias, é xuvenil de segundo ano aínda pero demostrou nestes dous partidos que xa está listo para ir dando o salto. Esperemos que sigan apostando por el.
ResponderEliminarA verda e que se mereciu máis premio pero bueno, hai que recordar que ultimamente non se sacaba ningún punto dalí!asique de ves en cando hai que sacalo positivo! Vamos coño!
ResponderEliminar