lunes, 19 de noviembre de 2007

Malpica 2 - Corme 0

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo II, Iago, Marco, Charli, (m.31 Quique), Lema, (m. 61 Charro), Sassano, (m. 80 Koke), Manu Pardo, Elías.
Corme CF: Suso; (m. 81 Abel), Adolfo, Diego, Tupa, Cordobés, Felipe, Martín, (m.69 Rafa Valiña), Juan, Yago, Brais, Alejandro.
Goleadores: 1-0, min. 41: Quique, lanza un centro chut dende a banda dereita, pega no poste e entra na portería dun sorprendido Suso. 2-0, min. 92: Charro, recibe un pase en profundidade, e, rozando o fora de xogo, bate por baixo a Rafa Baliña.

Tarde de choiva nunha Pedra Queimada onde o conxunto local quería demostrar que o da xornada pasada só fora un desliz. A pesar do tempo, a asistencia foi boa xa que se rozaron os 150 afeccionados.
A climatoloxía marcou moito a primeira parte na que o fútbol foi máis ben escaso. Ademais da choiva, o forte vento dificultaba moito a circulación de balón. Aínda así, producíronse varias ocasión en ambas porterias. O Corme dispuxo de varias oportunidades moi claras, unha tras unha indecisión de Alfredo que tardou moito en despexar e o dianteiro do Corme botóuselle enriba rexeitando cara á portería e case sorprendendo a Toni que respondeu moi ben. Minutos máis tarde, Juan case consegue bater a Toni dende lonxe aproveitando o vento a favor. A única ocasión salientable do Malpica foi tras un roubo no medio de Rodri que tras desfacerse do defensa mandou o pase da morte que Charli rematou alto. Corría o min. 30 cando o propio Charli caía lesionado nunha carreira pola banda, este sería sustituído por Kike nun cambio que á postre resultaría importante no desenvolvemento do encontro. Cando parecía que o partido iba chegar ó descanso co empate no marcador, produciuse o que seguramente sería o golazo da xornada. Kike, que estaba pegado a banda dereita, desfixose do seu marcador cunha bonita finta e sen pensalo mandou un centro chut que se colou pola escadra contraria sen que o porteiro puidese facer nada. O Malpica conseguía poñerse por diante e ir ós vestuarios con vantaxe no marcador.
Na segunda metade a choiva calmou pero o fútbol seguíu sen aparecer. O Corme só creaba perigo a balón parado e o conxunto de Esmorís trataba de matar o partido e agardar a que pasasen os minutos. Apunto estivo de sentenciar o Charro nunha bonita xogada individual na que se desfixo do seu marcador cun cambio de ritmo e que cruzou en exceso ante a saída de Suso. Xa antes Rodri estivera a punto de marcar nun rexeite do porteiro cormelán tras unha falta botada por Manuel, nesta xogada o porteiro resultaría mancado téndose que retirar máis tarde e sendo sustituído na portería por Rafa Baliña. Cando o partido xa estaba rematando, o Charro aproveitou un pase en profundidade para marcar o segundo tanto que celebrou de maneira emotiva ensinando unha camiseta apoiando ó seu compañeiro na dianteira Alfredo Suárez, o árbitro non entendeu este xesto e sacoulle o segundo cartón amarelo, ésta foi a nota negativa do encontro xunto coa lesión de Charli.
Cabe destacar o debut do xuvenil Elías, que disputou os 90 min. realizando unha boa actuación.

1 comentarios:

  1. Anónimo22/11/07

    Con Elias temos un bo xogador. Esperemos que sepan aproveitalo. Vamos boys!

    ResponderEliminar