miércoles, 16 de abril de 2008

Copa da Costa: Fase Previa (Ida)

Fisterra 3 - Malpica 2

Fisterra SD: Rafa; Borja, (Urchi, 69’), Roco, Jesús, Chula, Xusto, Roa, Rodrigo, (Tolo, 77’), Manuel, (Marco, 66’), Rivas, Isma, (Jose, 57’),
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Iago, Marco, Lema, Rancaño, Charro, (Andrés, 57’) Rodri, Martuxa.
Goles: 1-0; min. 6: Rivas, marca a pracer. 2-0; min. 8: Roa, de forte disparo. 2-1; min. 19: Martuxa de volea espectacular. 3-1; min. 65: Manuel en fora de xogo. 3-2; min. 84: Diego de penalti.

Duro partido o que tiña por diante o Malpica nun campo moi dificil e no que xa saíra derrotado contundentemente na Liga. Ademais, o conxunto de Ramón Esmorís contaba con varias baixas no seu equipo titular polo que se antollaba un partido complicado.
As expectativas cumpríronse nada máis comezar, xa que ós 10 minutos o Malpica xa ía perdendo por 2-0, por culpa de dous fallos defensivos a balón parado. Parecía que o conxunto local ía deixar sentenciada a eliminatoria xa que os malpicáns non daban sinais de vida. Pero no minuto 20, nunha xogada illada, Rodri centrou a área e o balón rexeitado por un central caeulle a Martuxa que ca súa perna menos mala, mandou un voleón que se colou pola escadra da portería defendida por Rafa. A partir dese momento os visitantes viñéronse arriba pero sen crear moito perigo.
No segundo tempo, os xogadores de Esmorís seguiron apretando e tiveron algunha ocasión clara para o empate, pero o que en realidade chegaría sería o 3-1, nunha xogada embarullada no que Manuel aproveitouse dunha posición de fora de xogo para marcar, na que o árbitro, moi caseiro, non se atreviu a pitar nada. O Malpica continuou apretando pero o partido virou, se cabe, máis brusco do que xa estaba e o resto dos minutos xogáronse case na súa totalidade no medio do campo. Como non podía ser doutra forma, nunha xogada a balón parado, un dos rexeites caeulle a Martuxa, que mandou un pase en profundidade a Iago, quen foi claramente agarrado por Chula cometendo penalti, penalti que trasnformaría Diego conseguindo acortar distancias e deixando a eliminatoria completamente aberta.

0 comentarios:

Publicar un comentario