O San Lorenzo conseguía esta semana unha tan agónica como importante vitoria. Pola súa parte, o “meigallo” aínda segue perseguindo ao equipo malpicán, suma xa sete partidos sen coñecer o triunfo.
Partido de brega e garra en “As Pedreira”, ante uns 100 afeccionados. Na tarde de onte, víronse dous equipos nos postos baixos da clasificación, pero, entregados para saír deles, e ámbolos dous con bastante mellor fútbol ca outros mellor clasificados.
Unha morea de goles e un triunfo decicido no último minuto. Unha xogada antes o malpìcán Rubén puido decantar o encontro para os visitantes, pero marrou ante unha boa saída de Poli. Así, xa no 90, Segio Fariña agarra un tiro raso e seco, dende uns 25 metros, que se cola pegado ao poste esquerdo da portería de Toni, ante o delirio dos xogadores e afeccionados locais.

0 comentarios:
Publicar un comentario