lunes, 5 de octubre de 2009

MALPICA 4 - CORME 3

SCD Malpica: Toni; Marco, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Eloy, (Cheo 46'), (Ismael 88'), Manu Pardo, Rancaño, David Blanco, Neucha, (Casais 82'), Charly, (Carlitos 72').

Corme CF: Suso; Adolfo, Martín, Pandi, Lelo, Diego, (Abel 73'), Rafa Valiña, Alejandro, Iago, Lucas, (Fus 60'), Alejo.

Árbitro: Sr. Sánchez Lago. (A Coruña). Mala actuación, moi protestado polos locais e tamén polos visitantes. A chispa que encendeu "a mecha" foi o penalti sinalado a prol do Malpica no minuto 19 da primeira metade por mans de Pandi cando intentou despexar un balón de cabeza, penalti moi protestado polo Corme. Sen embargo, antes desa xogada houbera xa varias xogadas polémicas (outra man moi clara na área visitante) e varios fóras de xogo non sinalados, todas elas en beneficio do Corme. Ademáis, o gol de falta visitante foi ilegal xa que era indirecta. A partir de ahí o partido foi quentándose pouco a pouco ante a pasividade do colexiado, que non foi capaz de cortar o xogo duro do Corme, sobre todo durante a segunda metade (o Malpica acabou con 7 amarelas e o Corme só con 4). Xa rematado o partido, a actitude dalgúns xogadores visitantes foi lamentable, posto que se dedicaron a insultar e ameazalo árbitro (sen que éste escribise nada na acta). No medio da tangana final, o xogador do Corme Alejandro agarrou polos pelos ao local Casais, nunha acción nada acorde á categoria dese xogador.

Goleadores: 0-1; (16'): Iago, de xogada persoal tras un erro da defensa local, cruza ante a saída de Toni. 1-1; (19'): David Blanco, de penalti. 2-1; (27'): Saque de curruncho botado por Neucha, e Charly, de impecable cabezazo clava o balón na rede. 2-2; (30'): Iago, bota unha falta, a Toni vaiselle o balón das mans, e Alejandro, golea a pracer. 2-3; (63'): Rafa Valiña, de falta dende 50 metros, o balón bota preto da área pequena, e entra na portería local sen que toque en ningún xogador (nunha falta que era indirecta). 3-3; (70'): Manu Pardo, envía on balón en profundidade, falla na súa saída o porteiro visitante Suso, e David Blanco, moi oportuno, marca a porta valeira. 4-3; (87'): outro gran pase en profundidade de Manu Pardo, sobre Cheo, este gáñalle por velocidade a defensa e cruza impecablemente ante a saída a desesperada de Suso.

Incidencias: Tarde chuviosa e bo ambiente na grada (150 espectadores, aproximadamente). Non houbo tarxetas vermellas nin lesionados de gravidade.

Comentario: Partido intenso e moi disputado o vivido este domingo na Pedra Queimada entre a SCD Malpica e o Corme. Destacalo estado do terreo de xogo, que coas precipitacións caidas durante o fin de semana estaba moi rápido e con algunhas pequenas charcas. Na primeira metade, o Malpica estivo bastante espeso, tanto en ataque como en defensa. No aspecto defensivo, a mala presión sobre os visitantes provocaba que os mediocentros do Corme enviasen balóns longos aos seus rápidos dianteiros á espalda dos defensas. En canto ao ataque, apenas houbo combinacións entre os mediocentros e os dianteiros, ademáis de mostrarse bastanes imprecisos cando o intentaban. A pesar de todo, o resultado era de 2-2 no descanso.

No segundo periodo a cousa cambiou totalmente, sendo o Malpica o claro dominador do partido. Dous aspectos poideron influir neste cambio de rumbo: 1º A volta ao sistema habitual, xa que durante a primeira metade o 4-3-3 non foi ben asimilado polos xogadores locais. 2º A condición física do Malpica foi superior a do Corme. Nesta metade, o equipo visitante apenas tivo ocasións claras de gol, mentras que os locais combinaron moito máis en ataque e conseguiron chegar con maior fluidez ás inmediacións da área contraria.

Despois deste partido, a SCD Malpica suma 9 puntos e encadea dúas victorias seguidas, situándose na sexta plaza na táboa clasificatoria. Segue a ser reseñable a garra e a actitude dos xogadores, que nunca deron o partido por perdido, a pesar de atoparse co marcador en contra dúas veces. A isto hai que sumarlle o bo xogo despregado durante a segunda metade, o que provocou unha perfecta "comunión" coa grada, sempre fiel se o equipo ofrece sacrificio e intenta xogar un fútbol vistoso. Non obstante, hai que ter presente o que sucedeu estes últimos anos e ir partido a partido sen perdela humildade, loitando como ata agora.

0 comentarios:

Publicar un comentario