SCD Malpica: Abraham; Marco, (Marcos Amado 65’), Víctor, Alfredo II, Iago, Manu Pardo, (Casais 61’), Neucha, (Carlitos 62’), Andrés, (Eloy 58’), David Blanco, Charly, Rancaño.
Lira CF: Santi; Juan, Pelexo, (Isma 35’), Paco, Josiño, (David 29’), Víctor, Chindo, Patachín, Ancho, Javi, José.
Árbitro: Sr. Álvarez Vega. (A Coruña). Moi boa a súa actuación nun partido sen xogadas polémicas nin complicadas.
Goleadores: 1-0; (3’): Rancaño en xogada persoal pola banda dereira, entra na área visitante apurando a liña de fondo e o seu centro sorprende no primeiro pao ao porteiro Santi que introduce o esférico na súa propia porteira. 1-1; (6’): Falta no medio do campo a prol do Lira que acaba en gol de Patachín tra-lo erro da defensa local no marcaxe. 2-1; (12’): Saque de esquina de Neucha, prodúcese un barullo na área, o balón acaba nos pés de Iago que cede atrás para que Alfredo II marque de potente tiro cruzado dende o borde da área. 3-1; (28’): Rancaño, nunha xogada espectacular, recibe un pase de Neucha, entra na área, despois de facerlle dous sombreiros a tantos defensas visitantes, e, sen deixala caer, despois do segundo sombreiro, fusila a Santi. 4-1; (70’): Pase de Carlitos a David Blanco que se revolve moi ben dentro da área e anota o último gol da tarde de tiro cruzado.
Ambiente e Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada. Unhas cen persoas na grada. Non houbo expulsados. Lamentalas lesións dos xogadores do Lira, Josiño, cun pequeno corte nunha cella (29’), e Pelexo, con probable luxación de clavícula (35’).
Comentario: Chegaban os xogadores de Manuel Agilda moi animados a esta séptima xornada da Liga da Costa tras tres victorias consecutivas nas tres últimas xornadas frente a un rival que aínda non sabía o que era puntuar na presente tempada. Partido con pouca historia futbolística, xa que a SCD Malpica foi moi superior ao Lira, tendo claramente a posesión do esférico e dominado case por completo o encontro durante os 90 minutos. No primeiro período as ocasións dos locais sucedéronse continuamente, destacando os cabezazos de Necuha no minuto 10 e de Charly no 27, e a ocasión de David no 39. Sen embargo, ante un rival dan débil como foi esta tarde o Lira, botouse de menos un pouco máis de combinación en corto entre os xogadores do Malpica, posto que en ocasión abusaron do pase en longo.
Na segunda parte todo continuou igual que na primeira, dominando os locais por completo. As ocasións claras do Malpica seguíronse sucedendo, en especial nas botas dos dianteiros Charly e David. Sen embargo, a intensidade foise esmorecendo ante a diferencia de xogo entre ámbolos equipos, o que provocou un partido algo "descafeinado". Polo que atinxe ao Lira, non mostrou unha boa imaxe, e só dou sinais de perigo en xogadas a balón parado e nalgunha aparición aillada do dianteiro Ancho, ademáis de dar moitas facilidades no apartado defensivo.
Trala cuarta victoria consecutiva da SCD Malpica, os malpicáns sitúanse terceiros na táboa clasificatoria con 15 puntos (a un do Zas e a tres do Camariñas), mentres que o Lira segue pechando a clasificación sen puntos. Non obstante, a pesar da contundente victoria dos locais non todo é de "cor rosa", posto que as xogadas a balón parado en contra seguen sendo unha fonte de perigo en cada partido (como mostra o gol do Lira). Cos deberes feitos neste comezo de tempada, agora toca xogar consecutivamente contra catro equipos aspirantes ao ascenso, comezando este domingo en Muros, que marcarán as verdadeiras aspiracións da SCD Malpica.
0 comentarios:
Publicar un comentario