lunes, 12 de octubre de 2009

O PINDO 1 - MALPICA 2

O Pindo: Garrido; Pablo, Miguel de Lira, Juan Atº., Álex, Piquero, Fran, (Carlos 72’), Sergio, Julián, (Rafa 64’), Víctor, Hugo.

SCD Malpica: Abraham; Marco, (Casais 72’), Víctor, (Marcos Amado 46’), Alfredo II, Iago, Manu Pardo, Neucha, Charly, David Blanco, Ismael, (Andrés 46’), Carlitos, (Cheo 46’)

Árbitro: Sr. Brea Sánchez. (A Coruña). Bastante ben en termos xerais, ainda que o desconto final foi excesivo, posto que descontou uns 6 minutos cando foron os locais os que perderon tempo intencionadamente canto o marcador estaba ao seu favor.

Goleadores: 1-0; (24’): Víctor, dende a frontal da área, anota de vaselina tras un erro na saída do balón dos visitantes e bate ao debutante Abraham. 1-1; (74’): xogada pola banda esquerda entre Cheo e Marcos Amado, este lanza un centro ao segundo pau, onde Casais bate a Garrido de cabeza. 1-2; (82’):Manu Pardo de penalti, tras unha falta cometida sobre David dentro da área cando encaraba a portería local.

Ambiente: Tarde gris pero calurosa. Uns 100 espectadores. Non houbo expulsados, pero cabe lamentar a lesión muscular do malpicán Cheo.

Comentario: Partido de contrastes o disputado nesta 6ª xornada da Liga da Costa entre O Pindo e o Malpica, xa que os locais chegaban tras perder 4 partidos consecutivos e a SCD Malpica tralas victorias ante o Sofán e Corme. Durante os primeiros compases do encontro semellaba que o Malpica iba ter unha tarde "tranquila", xa que entraron moi metidos no partido e dominando ao rival, destacando unha clara ocasión de Carlitos aos dous minutos. Sen embargo, nada máis lonxe da realidade, xa que a partires dos 10 minutos o panorama cambiou completamente, pasando a selo claro dominador O Pindo, que combinaba moi ben no medio do campo e creaba moito perigo, sobre todo mediante os seus xogadores de banda, aínda que sen crear excesivas ocasións claras de gol. Pese a todo, minutos antes do descanso os visitantes tiveron dúas ocasións importantes de gol nas botas de Carlitos e de David Blanco.

No segundo acto, a SCD Malpica mostrou unha cara moi diferente, facéndose dono do partido debido a un aumento da intensidade (case inexistente durante o primeiro período) e a tocar máis en corto o balón. Froito disto viñeron as ocasións para os visitantes, destacando as ocasións de Cheo nos minutos 49 e 65 en sendas internadas na área local. O Pindo aguantou o "temporal" cerrándose atrás e intentando perdelo máximo de tempo posible, pero iso non implicou que non crearan perigo, xa que disfrutaron de varios contragolpes perigosos. Na recta final do encontro, e xa consumada a remontada, O Pindo apretou nas xogadas a balón parado, pero non logrou marcalo gol do empate.

Despois desta xornada, a SCD Malpica sitúase nunha boísima 3ª posición (a falta do Camariñas - Monte Louro), mentras que O Pindo queda na parte baixa da clasificación sumando só 3 puntos, pero deixando unha boa imaxe, en especial na durante a primeira metade. Importante victoria visitante ante un presumible rival por evitalo descenso, pero tamén se debe facer autocrítica e aprender do sucedido, xa que no momento en que o equipo se relaxa pasa moitas dificultades ante calquera adversario. Esperemos que a reacción da segunda parte sirva de exemplo para evitar este tipo de situacións, comezando o próximo domingo na Pedra Queimada ante o Lira.

0 comentarios:

Publicar un comentario