Muros SD: Lupi; Manu, (Iván 59’), Cexo, Teo, Gael, Aarón, Álvaro, (Pesco 24’), Seluco, ( Gabi 82’), Piti, (Adán 86’), Bibi, Martín, (Brais 74’).
SCD Malpica: Toni; Víctor, Marco, Marcos Amado, Iago, Andrés, Neucha, (Carlitos 50’), Rancaño, David Blanco, (Martín 79’) Eloy, Casais, (Ismael 69’),
Árbitro: Sr. Souto Budiño. (A Coruña). Correcto en termos xerais, pero con algún erro de apreciación en determinadas xogadas (como á hora de dala lei da vantaxe) que sempre ían en beneficio dos locais.
Goleadores: 1-0; (12’): saque de esquina a prol do Muros que bota Seluco, o primeiro pao, remata Piti, sen oposición, salva Andrés, baixo paus, o rexeite chégalle a Aarón, tamén libre de marcaxe que empurra á rede. 2-0; (43’): xogada similar á anteiror, inclusive dende o mesmo córner, Seluco envía o balón ao interior da área pequena, e no segundo pao aparecen Bibi e Teo, anotando o segundo tra-lo erro inicial no remate de do primeiro.
Ambiente e Incidencias: Tarde gris sen choiva. Uns 150 espectadores en Miraflores. Non houbo expulsados. Tiveron que retirarse lesionados: o local Álvaro, (24’); e os malpicáns Neucha, (50’) e David Blanco (79´).
Comentario: Partido atractivo o xogado nesta oitava xornada da Liga da Costa en Miraflores, xa que ámbolos dous conxuntos chegaban nunha xeira moi positiva de resultados: o Muros levaba dúas victorias (anotando 10 goles) e a SCD Malpica presentábase con catro victorias consecutivas. Foi un encontro moi disputado e igualado durante os 90 minutos, sen moitas ocasións claras de gol pero con moita intensidade. O Malpica comezou cun sistema táctico pouco habitual, 4-1-4-1, que se mostrou moi efectivo durante todo o encontro, xa que permitiu controlar aos perigosos atacantes muradáns. Durante o primeiro tempo, a igualdade foi a nota predominante, pero os erros a balón parado provocaron que o marcador se desnivelara a favor do Muros. Cabe destacalas ocasións de Casais no minuto 25 (un remate a porta baleira que o xove xogador visitante non atina a marcar) e de Nuecha (45´), nunha falta.
Na segunda metade, xa co 2-0, o partido disputouse na súa maior parte do campo do Muros, debido ao empuxe e as gañas da SCD Malpica que o intentou constantemente pero sen fortuna. As mellores ocasións estiveron nos pés de Carlitos, que en dúas ocasións logrou entrar na área local pero faltoulle a definición, na cabeza de Casais tra-lo saque dun córner, e nun libre indirecto que tirou David. No que atinxe ao Muros, despois de non tirar a porta con perigo no primeiro acto, no segundo tempo tivo dúas ocasións por medio de Bibi, nos minutos 53 e 63, que resolveu ben o porteiro visitante Toni.
En definitiva, boa imaxe a mostrada pola SCD Malpica en Muros, posto que en ningún momento lle perdeu a cara ao encontro e non mereceu o resultado final, inclusive dando unha sensación de contra-lo xogo durante todo o partido, dentro da mencionada igualdade. Quizáis faltou algo de "pegada" no aspecto ofensivo, debido ás baixas dos dianteiros Charly e Cheo, e as lesións no transcurso do encontro do extremo Neucha e do atacante David. Sen embargo, a pesar da gran actitude dos xogadores, deben correxilos erros nas xogadas a balón parado que tantos desgustos lle están a causar ao equipo malpicán. A vindeira semana chega á Pedra Queimada o Camariñas, outro dos equipos chamados a pelexar polo ascenso.
hola amigos, alfrediño, soy bruno, sigan adelante pues que van bien, les mando un apretado abrazo...con mucho cariño..bruno (uruguayo)
ResponderEliminarola bruno!!q tal te va todo? acabo de leer tu comentario ahora mismo. Soy Iago, ahora hago yo las crónicas, pero le daré recuerdos a alfredo de tu parte.
ResponderEliminar