SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado (Marco min.74), Víctor, Iago, Manu Pardo (Miguel Dourado min.78), Neucha, Casais (Ismael min.83), David Blanco, Cheo, Andrés (Eloy min.64).
Árbitro: Álvarez Vega. Correcta actuación na tarde de onte, sen abusar dos cartóns, ainda que con certa tendencia a "caseiro" na indicación das faltas. Sen embargo, si foi valente ó sinalar un penalti a prol do Malpica na segunda metade.
Ambiente e Incidencias: Bo ambiente e gran entrada no campo de Xaviña, cuns 200 espectadores. Tarde nubrada e con boa temperatura, condicións ideais para a práctica do fútbol. Non houbo expulsados. No capítulo de lesións, o malpicán Marcos Amado tivo que ser sustituído por molestias nun xeonllo; tamén Andrés abandonou o terreo de xogo con problemas nun aductor. Merece especial relevancia a gran deportividade que houbo entre ámbolos dous conxuntos e tamén nas bancadas, a pesares da rivalidade.
Goleadores: 0-1 min. 59: David Blanco é empurrado por Mendieta dentro da área, nun penalti innecesario, pois o dianteiro malpicán estaba de costas á portería e no lateral da área, pero foi moi claro. A pena máxima transfórmaa Neucha de tiro raso que da na parte de dentro do pao esquerdo da portería. 0-2 min. 68: Fenomenal contragolpe do Malpica tras un saque de esquina a favor do Buñ
Comentario: Volvíanse a velas caras Buño e Malpica en Xaviña despois de dúas tempadas nas que o conxunto da vila oleira estivo na Terceira Rexional, e co recordo na mente dos malpicáns da salvación lograda no minuto 93 da derradeira xornada da Liga da Costa 2007-2008 (encontro que rematara co resultado de 2-3). O adestrador dos malpicáns, Manuel Agilda, tiña as baixas de Viña (lesionado nun xeonllo) e de Martín (con problemas musculares). Ao partido chegaban os equipos cos "papeis intercambiados", xa que o Buño precedía ó Malpica en tres puntos na clasificación e estaba a sela revelación do campionato. Sen embargo, dende os primeiros minutos o Malpica mostrou a súa superioridade, completando un dos encontros máis completos da tempada, e sen dar opcións ó seu rival. Saíron moi concentrados, coas ideas moi claras, tanto en de
No segundo tempo, o Buño saiu cun pouco máis de ambición, subindo líñas e acumulando máis xente arriba, pero isto provocou que quedasen moitos espacios para os rápidos atacantes do Malpica. Os visitantes seguiron co mesmo planteamento, pero tras anotalo primeiro gol atoparon moitas máis facilidades para chegar á área local mediante perigosos contragolpes, pois o Buño tentou lograr u
Importante e convincente vitoria da SCD Malpica na tarde de onte, non soamente por tratarse do derbi da localidade, se non porque o Buño ainda non coñecía a derrota no que iba de tempada. O conxunto de Manuel Agilda atravesa un bo momento de forma, en clara progresión, como desmostran os seguintes datos: é o conxunto menos goleado da categoría (6 goles encaixados en 8 encontros); suma por primeira vez nesta tempada dúas vitorias consecutivas; logra a súa primeira vitoria como visitante; e acumula 6 xornadas consecutivas sen perder. A vindeira semana a SCD recibe ó Porteño.
fotazas no?¿
ResponderEliminarPor se falla Agilda, Benito entrenador do Atocha!!!//www.canaldeportivo.com/deportienda/deporsport/pagina/2010/10/22/23
ResponderEliminarO barbudo será o xogador q mais faltas fai por minuto da liga non?¿
ResponderEliminarsi non é non anda lonxe!!jejej
creo que anda na media de puyol, mascherano, pepe e ramos xuntos... jeje
ResponderEliminar