domingo, 6 de noviembre de 2011

LIGA DA COSTA 10ª XORNADA: SCD MALPICA 0 - BUÑO 1

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado, Víctor, Iago, Nando, Dani (Neucha min.56), Cheo, Alfredo (Pablo min.64), Andrés (Charro min.46), Rancaño.

SD BUÑO: Toni, Ángel (Eloy min.69), Brais, Alfredo, Diego, Jorge, David Dourado (Miguel Dourado min.80), Ismael, Víctor Vilar (Richard min.67), Elías, Juan (Óscar min.84).

Árbitro: Álvarez Vega. Ben, sempre seguiu o xogo de cerca e aplicou o reglamento con coherencia sen deixarse intimidar por ningún dos dous equipos. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde fría e nubrada na Pedra Queimada. Boa entrada, con preto de 200 espectadores. Na recta final do encontro houbo unha pequena liorta entre Nando e Richard que non foi a maiores. Non houbo lesionados de gravidade.

Goles: 0-1 (min.48): Balón en longo do Buño cara a zona de tres cuartos, Marcos Amado despexa, o balón rebota en Elías quedándolle nunha situación inmellorable para controlar e bater a Suso cunha vaselina cando o gardameta malpicán inicaba a saída, nunha acción con moita fortuna para os visitantes.



Crónica: Despois do importante empate colleitado fronte ao Club do Mar na xornada precedente, a SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao outro equipo do Concello na competición, un Buño que chegaba en boa forma tras gañalos dous últimos encontros. Os locais recuperaban efectivos para a contenda, pero seguían acumulando as baixas de Óscar Moscoso e Daniel Varela (recuperándose dun esguince de nocello). Nos primeiros minutos o partido estivo igualado, cos dous equipos sen arriesgar en exceso con moito xogo no mediocampo. Sen embargo, a partir do minuto 10 o Malpica comezou a tela posesión do balón, comezando a crear perigo polas bandas e tamén con pases interiores cara os desmarques de Alfredo, a pesar de que se mostraron imprecisos en moitas fases do partido, perdendo moitos balóns en accións relativamente sinxelas. Os locais tiveron varias oportunidades claras de gol, destacando as seguintes: un disparo raso de Alfredo que Toni manda a saque de esquina; centro dende a dereita cara Rancaño que remata no borde da área pequena pero o seu tiro despexao Toni nun paradón; novo disparo de Rancaño dende o borde da área que se marcha desviado por pouco; e un centro-chut de Nando que da no longueiro. Polo que atinxe ao Buño, tentou de presionar aos malpicáns no mediocampo, deixando a Víctor como referencia ofensiva, pero apenas combinaron en ataque, salvo nunha acción de Elías na que asiste a Juan pero o seu disparo dende a posición de extremo esquerdo marchou demasiado cruzado.

No segundo tempo, Manuel Agilda introduciu a un dianteiro (Charro) e quitou a un mediocentro (Andrés), buscando ter máis mordente ofensiva tratando de materializala superioridade da SCD. Comezou avisando o Malpica por medio dun disparo de Nando que Toni saca con moitos apuros e un tiro de Alfredo que se marchou alto. Cando semellaba que o gol local era cuestión de tempo, o conxunto oleiro logrou abrilo marcador nunha acción con moita fortuna. Os locais non baixaron os brazos e seguiron presionando, monopolizando a posesión ante un Buño que atrasou líñas, defendendose como podía. O Malpica contou con moitas ocasións para marcar, pero unhas veces a falta de puntería e outras veces as paradas de Toni (probablemente o mellor xogador do encontro) evitaron que conseguisen o gol. Destacaron as seguintes accións: xogada individual de Charro que culmina cun remate dende o pico esquerdo da área que atalla Toni; disparo lonxano de Nando, Toni rexeita, o balón cáelle a Alfredo que controla con dificultades, dispara e Toni volve a sacar en boca de gol; novo disparo do Charro coa zurda que se marcha alto. Nos últimos 15-20 minutos, os malpicáns seguiron coa intención de marcar, pero non contaron con oportunidades claras, ainda que si crearon perigo, sobre todo pola banda dereita. O Buño, co marcador a favor dende o comezo da segunda metade, aguantou a presión local como puido, tendo a Toni o seu mellor home, pero non lograron tirar a porta máis veces.

Mala fortuna para o Malpica, que tivo moitas oportunidades pero non lograron culminalas. A SCD non logra sumar puntos como local, pois dos 15 puntos disputados na Pedra Queimada só lograron 4, ademais suman tres xornadas consecutivas sen vencer, quedándose na zona media da táboa clasificatoria. A vindeira semana xogan tamén como locais, pois reciben ao Fisterra.

15 comentarios:

  1. Anónimo6/11/11

    agilda espabila e le os partidos !

    ResponderEliminar
  2. Alfredo Suárez7/11/11

    Pero leer o que? Si os dianteiros non son quen de meter nin un gol en todo o partido co numero de ocasións que houbo non se pode culpar a nadie máis. Sobre todo o nº9 do domingo que non dou pé con bola. Crearonse ocasións e non se materializaron e eles chegaron unha e gol.

    ResponderEliminar
  3. Tuvemos 30 ocasións e eles tiraron a portería na do gol. Nos fallámolas e eles meteron a que tuveron...¿que tiña que ler o entrenador? Tiñamos que generar 160 tal vez? Mira que é fácil falar...

    ResponderEliminar
  4. MARCO POSE7/11/11

    El partido del sabado poco lectura tiene... Nosotros estabamos gafados y ellos tuvieron fortuna y Toni paro todo, lectura muy facil, asi de sencillo. Ni culpa del 9 ni del entrenador ni de Jesus, malo sera que no nos cambie un poco la suerte.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo8/11/11

    A aficion non entende de futbol ,non?

    ResponderEliminar
  6. Anónimo8/11/11

    o9 do sabado foi o mellor xogador do partido e cando mais daño estaba facendo o rival foi cambiado ¿que lectura e esa?

    ResponderEliminar
  7. Anónimo8/11/11

    o 9 do sabado foi o mellor do partido e cando mais daño facia o rival foi cambiado ¿por que?

    ResponderEliminar
  8. Fran Montes9/11/11

    o objetivo nn é ser campeons, é kedar na zona trankila, ou eso creo, asik nn hay k darlle importancia a nada k xa tamos na zona trankila. se o objetivo fora ser campeons dakela seria diferente. hay k xogar pa divertirse, hay un grupo de puta madre no cual nos levamos mui ben entre nos e co mister asik a seguir entrenando e intentar mellorar!! AUPA MALPICA!!!

    ResponderEliminar
  9. Agilda9/11/11

    Hola anónimo....y perdona que te llame así pero yo si pongo mi nombre y me gustaría que tu también lo pusieras .Todos los comentarios cuando se hacen sin faltar a nadie como es tu caso son muy respetables, tu diste tu opinión y ahora te voy a dar la mía que me gustaría que también la respetaras y con esto no quiero ni tener yo la razón ni quitártela a ti.
    1ª.- nadie dijo en ningún momento que la afición no entendía de futbol...pues tienen derecho a opinar lo que quieran según su criterio.
    2ª- si viste el partido pudiste comprobar que cambiamos el sistema de juego en la 2º parte llegando a la portería contraria un montón de veces (aquí si leí el partido)
    3º-estoy de acuerdo contigo en que el 9 fue de lo mejor del partido pero este día estaba gafado de cara al gol y esto también le pasa incluso a los jugadores de primera división...así que no es para culparlo de nada, todo lo contrario....y decido cambiarlo en el minuto 70 por Pablo , un jugador más fresco y que es otro delantero y como en el campo tenemos a Charo(otro delantero) como comprenderás hay que tener un equilibrio entre los que defienden y los que atacan ....este es el único motivo del cambio.
    4º-tuvimos muchas ocasiones para marcar pero el rival también juega y TONY estuvo acertado....tenemos que felicitar al rival pero honestamente creo que no merecimos perder....
    Y por último decirte que yo me equivoco muchas veces y en ocasiones cuando metes un jugador y quitas otro después te arrepientes pero tengo que tomar las decisiones en ese momento y después no hay vuelta atrás, siempre intento hacer lo mejor que yo pienso para el equipo....por eso una vez acabado el partido es más fácil opinar.....un saludo y....¡¡AUPA MALPICA!!

    ResponderEliminar
  10. Anónimo10/11/11

    Santi: e certo que os toros sempre se ven mellor detras da barreira.Quedome cas palabras de Charro, que con esa positividad, os resultados chegaran.Animo rapaces.

    ResponderEliminar
  11. Gracias polos vosos comentarios.

    O que está claro e que todos fallamos, xogadores e adestradores (pasa en primeira división para non pasar en segunda autonómica...), pero creo que no partido do sábado pasado fronte ao Buño houbo moita mala sorte, tivemos moitas oportunidades de gol e eles practicamente ningunha, eu firmo que en tódolos partidos ocurrise o mesmo, porque de cada 10 seguro que gañaríamos 9.

    É certo que non comezamos ben a tempada, sobre todo en defensa, pero nos últimos catro encontros (Sófan, Corme, Club do Mar e Buño) demos mellores sensacións que contra o Corme e Buño non se traduciron no resultado, e podo asegurar que nos adestramentos estamos tratando de correxir todo o posible o que facemos mal e cunha actitude xeral moi boa por parte de todo o grupo.

    ResponderEliminar
  12. Anónimo10/11/11

    eu como seguidor e ex entrenador do malpica vou dala miña opinión: creo k na segunda parte metendo ao meu cuñado rafa de cierre, a jajo e peke de alas e a elo de pivot remontariase o partido, non teño nada mais k decir, aupa malpica e aupa san antonio

    ResponderEliminar
  13. Solo vos vou dicir que xerando tantas oportunidades como o sábado na 2ª parte , pérdense poucos puntos e outra cousa q para min tendes q correxir é a de xogar máis pola banda esquerda xa q nesta fin de semana na 1ª parte Daniel e Alfredo fixeron un "pandeiro" do lateral dereito do Buño e na 2ª parte nos primeiros 15 minutos non entráchedes unha soa vez e despois coa entrada de Neucha perdeuse profundidade , para o meu entender.
    Sorte nesta temporada que acaba de comezar e alégrome de que haxa tan bo ambiente no vestuario . Espero que sigades moitos anos tanto a plantilla como a directiva.
    Ante todo AUPA MALPICA!!

    ResponderEliminar
  14. walter10/11/11

    ola a todos,eu creo que deberiamos deixar de falar do pasado(porque falar a cartas vistas é certo que é muy facil).millor é centrarse nos partidos que nos veñen.E si é certo que nos entrenamientos traballades para limar os fallos que se estan tendo, eu espero que ese esforzo se vexa recompensado no campo.animo rapaces q sodes un grupo moi bo.AUPA MALPICA!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  15. Gracias Walter!! (pero o sábado non nos abrases moito na cea... jejeje)

    ResponderEliminar