SCDR ESTEIRANA: Beni, Maxi (Chispi min.74), Simón, Dani, Suizo, Uru (Andel min.72), Adelino, Eloy, Roberto Pladur, Adrián (Iago min.77), Álex (Isma min.88).
SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco (Marcos Amado min.78), Nando (Manu Pardo min.65), Neucha, Cheo, Alfredo (Charro min.53), Andrés (Daniel Varela min.88), Rancaño.
Árbitro: Mella Fernández. Estivo mal na tarde de onte. Durante a primeira metade indicou moitos fóras de xogo, algúns deles moi dubidosos, ademais de amosar numerosos cartóns amarelos pouco xustificados. Na segunda parte, non sinalou dúas penas máximas que foron reclamadas polos malpicáns: unha obstrucción sobre Alfredo cando o dianteiro ía presionalo gardameta local, e un derrubo de Maxi a Cheo cando éste penetraba na área. O xogador da Esteirana Suizo foi expulsado na recta final do encontro por dobre amarela.
Incidencias: Tarde despexada e cunha temperatura agradable no Xosé Luís Vara. Unhas 125 persoas presenciaron o encontro. O dianteiro malpicán Alfredo tivo que abandonalo terreo de xogo tras apoiar mal e sentir un forte dor no xeonllo dereito; está á espera de que lle fagan as pertinentes probas para coñecelo alcance exacto da lesión.
Goles: 0-1 (min.32): Saque en longo do gardameta Suso, Nando pelea o balón de cabeza que lle cae a Rancaño, e este realiza unha volea dende uns 25 metros sen deixar que o esférico toque o chan, entrando preto da escadra dereita, nun auténtico golazo. 1-1 (min.39): Os locais sacan unha falta rápida no seu campo, Adelino recibe libre de marca á altura de tres cuartos enviando un pase en profundidade cara Roberto Pladur que se planta ante Suso e anota a porta vacía tras regatealo.
Crónica: En plena crise de resultados como local, a SCD Malpica afrontaba un novo encontro a domicilio, buscando recuperalos puntos que perde na Pedra Queimada. O seu rival era a Esteirana, conxunto co que estaba empatado a puntos na zona media da táboa clasificatoria. O adestrador malpicán, Manuel Agilda, contaba coas baixas de Óscar Moscoso e de Pablo (por problemas musculares). Os visitantes comezaron moi ben o encontro, pois durante os primeiros 15-20 minutos tiveron o control do partido, dominaron no mediocampo e chegaron en varias ocasións con moito perigo, contabilizando ata tres oportunidades para marcar: un disparo de Nando dende o punto de penalti tras unha boa xogada colectiva que Berni mandou a saque de esquina co pé; un tiro de Neucha que sae fóra por pouco; e un disparo de Charlie tras un rexeite dende o borde da área que marcha preto do pao esquerdo. Sen embargo, a medida que pasaban os minutos a presión foi decaendo, e a Esteirana comezou a crear perigo mediante balóns en longo e cambios de orientación, tratando de buscarlle as espaldas á defensa, pero atoparonse cun seguro Suso nos balóns colgados. Os malpicáns perderon a orde, e apenas conseguiron trenzar xogadas con criterio, perdendo intensidade á hora de presionar.
A segunda parte foi igualada, cun Malpica que non atopou ritmo de xogo e ao que de novo lle custou mantela posesión do balón, mentres que a Esteirana defendía con agresividade e tentaba sair rápido buscando aos seus xogadores de ataque. Ademais, houbo constantes interrupcións no xogo. Apenas se contabilizaron accións claras de gol, destacando para os malpicáns un disparo de Manu Pardo dende a frontal que Berni despexou a saque de esquina e un centro raso de Cheo dende a banda dereita que se paseou polo borde da área pequena sen atopar rematador. A Esteirana tivo unha boa oportunidade tras unha xogada individual de Roberto Pladur pero o seu disparo marchou fóra. Trala expulsión do local Suizo no min.85, semellaba que o Malpica tíña unha última oportunidade para lograla victoria, pero non foron capaces de aproveitala superioridade numérica, mostrandose moi desatinados e desordenados, e mesmo estiveron cerca de perder pois foi a Esteirana a que tivo dúas oportunidades claras de gol nos minutos finais: un remate de cabeza de Adelino tras un saque de esquinda que Suso despexou cunha fenomenal parada e un centro dende a banda esquerda que Roberto Pladur non atinou a rematar en boca de gol.
Empate xusto nun partido no que a SCD comezou moi ben pero no que pouco a pouco foron mostrando peores sensacións. De novo os malpicáns comezaron por diante no marcador, pero como sucedese en datas pasadas non foron capaces de mantelo resultado a favor (como por exemplo ocurrira en Baio, frente ao Castriz ou frente ao Corme). Urxe a necesidade de gañar encontros (sobre todo como locais) pois as xornadas pasan e o equipo achégase á zona media-baixa da clasificación (acumulan cinco encontros sen vencer, e un triunfo nos derradeiros oito disputados). A vindeira semana o Malpica recibe na Pedra Queimada ao Dumbría "B", unha das revelacións da tempada.
0 comentarios:
Publicar un comentario