lunes, 14 de noviembre de 2011

LIGA DA COSTA 11ª XORNADA: SCD MALPICA 1 - FISTERRA 3

SCD MALPICA: Víctor Martínez, Charlie (Pablo min.46; Daniel Varela min.88), Marcos Amado, Víctor, Iago, Nando (Miguel Avelino min.78), Neucha, Cheo, Alfredo, Andrés (Charro min.46), Rancaño.

SD FISTERRA: David, Juan, Piti, Nico, Santi, Gus, Guardiola (Edi min.67), Roco (Borja Munitis min.89), Dudo, Tata (Dudo Rivas min.70), Rivas (Insua min.57).

Árbitro: Carro Moreira. Mal, errou en varias xogadas clave, perxudicando ao Malpica. De feito, os locais reclamaron dous penaltis que semellaron moi claros: na primeira metade pediron mans dun xogador do Fisterra por despexar coa man unha falta lateral botada por Neucha, e no segundo tempo reclamaron a pena máxima por un derrubo dun defensor sobre Charro.

Incidencias: Tarde cunha temperatura agradable, con vento pero sen choiva na Pedra Queimada. Bo ambiente no campo, cunhas 150 personas presenciando o encontro. O xogador malpicán Pablo abandonou o terreo de xogo debido a unha lesión muscular.

Goles: 0-1 (min.15): Os locais perden o esférico na zona de mediocampo, o Fisterra monta o contragolpe, Rivas recibe fóra da área enviando un pase raso en profundidade que chega a Rivas tras producirse un erro de coordinación entre a defensa e o gardameta malpicáns. 0-2 (min.36): Nico saca directamente unha falta dende uns 40 metros que se cola preto da escadra dereita. 1-2 (min.82): Boa xogada colectiva do Malpica que culmina cunha internada de Cheo pola banda dereita que bate a David de tiro raso. 1-3 (min.94): Falta dende a banda dereita botada por Dudo que remata Insua coa cabeza no segundo pao.



Crónica: A SCD Malpica recibía a un dos clásicos da Costa, ao Fisterra, no que era un dos partidos máis atractivos da 11ª xornada, pois enfrontaba a dous conxuntos chamados a estar na zona alta da clasificación e que contan con xogadores ofensivos de calidade nas súas plantillas. Manuel Agilda, contaba coas baixas de Óscar Moscoso (recuperándose dunha grave lesión de xeonllo) e de Suso (por motivos persoais). A primeira metade foi moi disputada, se ben os malpicáns precipitábanse en ocasións ao querer chegar demasiado rápido á área visitante, abusando do balón en longo dende a defensa e o medio do campo, pero a pesar de non desenvolver un fútbol brillante tiveron varias oportunidades para marcar: un disparo de Alfredo dende o borde da área tras recuperar o balón en líña de tres cuartos que David despexa a saque de esquina; un disparo de Cheo que marchou desviado; e un novo tiro de Alfredo dende o punto de penalti tras un saque de esquina que David despexou de forma espectacular. O Fisterra tratou de crear perigo sobre todo polas bandas, cos seus extremos moi abertos, pero apenas lograron disparar con pergio; a cambio, mostraron unha gran efectividade.

No segundo tempo os malpicáns sairon con máis intensidade, subindo líñas, e metendo ao Fisterra no seu propio campo, tiveron máis posesión do balón pero mostráronse de novo algo imprecisos e precipitados, conscientes tamén de que non había tempo que perder pois cada minuto que pasaba a posible remontada era máis complicada. Volveron a crear perigo na área visitante, pero non tiveron a fortuna de materializalas oportunidades coas que contaron, destacando un disparo de Neucha que nunha posición inmellorable marchou alto. Unha das claves estivo nos minutos finais, cando o colexiado non sinalou penalti nunha falta cometida sobre Charro co 1-2 no marcador. O Fisterra renunciou practicamente ao ataque, acumulando xente atrás, e apenas sumou accións de perigo.

De novo mala fortuna a que tivo o Malpica na tarde do sábado, pois o resultado non reflexa o acontecio no terreo de xogo, xa que por oportunidades e por dominio puideron gañalo encontro. Os malpicáns están en pleno bache de resultados, sumando tan só unha vitoria nos derradeiros sete encontros (feito que se agudiza como locais, xa que na Pedra Queimada só sumaron 4 puntos dos 18 disputados). A vindeira semana afrontan o desprazamento máis londo da tempada, debendose enfrontar á Esteirana.

2 comentarios:

  1. Non me gusta comentar nada do que publica Luis Porto no seu blog e non suelo facelo, pero como membro da directiva gustaríame responderlle (sen ningún ánimo de polémica)á pregunta que realiza no seu blog sobre o motivo de adiantalo partido contra o Fisterra o sábado.

    Pois a razón é moi sinxela. Como xa anunciamos fai moitas semanas, o pasado sábado 12 de novembro organizamos unha cea-baile coa intención (entre outras) de recaudar algo de fondos, xa que o mantemento dos tres equipos precisa duns ingresos que son difíciles de lograr nos tempos de crise actuais, e iniciativas como as do sábado axudan a cubrilo orzamento da entidade. Sabíamos que Suso non ía estar, pero decidimos que dentro do malo era mellor non contar cun xogador e non disputalo encontro domingo nunhas condicións que non ían ser moi "favorables" para os nosos intereses. Ademais, contamos cunha plantilla de 23 xogadores, todos capacitados para cumplir perfectamente, e por que falte un xogador non debe ser motivo para perder un encontro.

    Respeto enormemente a Luis Porto por todo o que representa para a SCD Malpica, pero o seu comentario non me parece nada acertado, nin como directivo nin como compañeiro, especialmente porque me parece que é algo "ofensivo" para Víctor Martínez, que ainda está en idade xuvenil, dando a entender que a culpa da derrota estivo na portería.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Iago por aforrarme escribir un comentario.

    ResponderEliminar