SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado, Iago, Andrés, Rancaño, Neucha, Charro, Pablo (Casais min.65), Manu Pardo (Tato min.46), David Blanco.
SPORTING ZAS: Elías, Dani, Pereiro, Maceda, Oliver, Lagoa, Rubio (Víctor min.90), Jorge, Peque (Amado min.80), Ismael (Quintáns min.91), Jaime (Pablo min.75).
Árbitro: España Andrade. Correcta actuación na tarde de onte. Mantivo durante todo o partido o mesmo criterio para ámbolos dous conxuntos sabendo levalo control sen abusar dos cartóns. Quizáis o seu único "pero" estivo en que na segunda parte permitio que os visitantes perdesen bastante tempo. No min.30 sinalou penalti por un claro derrubo de Lagoa sobre o local Pablo. Non houbo expulsados.
Incidencias: Bo ambiente na Pedra Queimada, cuns 150 espectadores nunha tarde con grises e claros pero cunha temperatura agradable. Non houbo lesionados de gravidade.
Goles: 1-0 (min.5): Xogada individual de Charro pola banda dereita, apura a líña de fondo enviando un centro a media altura que semellaba que Elías atrapaba sen dificultades pero escápaselle de entre as mans e o esférico peta na parte interior do pao traspasando a líña de gol. 1-1 (min.12): Jorge envía dende a posición de tres cuartos un pase en profundidade cara Jaime que recibe no pico esquerdo da área, dispara a porta o balón rebota en Charlie cando tentaba taponar descolocando a Suso e cólase polo primeiro pao.
Crónica: Logo do agónico triunfo da semana pasada en Dumbría (0-1 no minuto 93), a SCD Malpica recibía na Pedra Queimada ao Sporting Zas, nun encontro de contrastes, pois os malpicáns están pelexando pola terceira plaza (que dá dereito ao ascenso) mentres que os visitantes tratan de evitalo descenso (antes do encontro estaban a tres puntos). O conxunto adestrado por David Baña acumulaba as seguintes baixas: Óscar Moscoso, Cheo, Víctor (por motivos laborais), Marco (por enfermidade), Dani (por motivos laborais) e Miguel Avelino (por cuestións persoais). A SCD desenvolveu unha boa primeira metade, logrando o control total da posesión ante un Zas que xuntaba moito as líñas na sua parcela de terreo pero que non presionaba a saída de balón local. Os locais chegaban con facilidade á zona de tres cuartos do ataque, alternando xogadas combinativas en curto con balóns en profundidade tratando de explotala velocidade dos seus atacantes, contando con varias oportunidades claras para marcar: centro de Charlie dende a dereita que Neucha falla libre de marca no segundo pao; Neucha recibe un pase en profundidade gáñalle a posición ao defensa pero no man a man Elías detén o seu intendo de vaselina; Pablo manda alto o penalti cometido sobre el mesmo; disparo dende a frontal de David Blanco que sae preto do pao esquerdo. Os visitantes mostraron unha efectividade do 100% nestes primeiros 45 minutos, pois materializaron o seu único lanzamento a porta, mentres que en defensa trataban de soportalos continuos ataques dos azulóns.
Na segunda parte o xogo do Malpica sufriu altibaixos, combinando accións moi boas con outras fases onde houbo demasiadas imprecisóns e precipitacións. Faltoulles un pouco de claridade para crear máis perigo, e a medida que os minutos pasaban os nervios ían en aumento, ante un Zas que durante boa parte desde período dedicouse a deixar que correse o tempo deixando claro que lle valía o empate. A pesar de que os malpicáns estiveron algo "espesos", contaron de novo con varias accións claras para marcar: centro raso de Tato dende a dereita cara o segundo pao onde Charro sen oposición envía alto dende o borde da área pequena; nova oportunidade de Neucha que recibe no segundo pao pero dispara desviado de primeiras cando se atopaba libre de marca; saque de esquina que bota Tato pero Charlie cabecea desviado. Polo que atinxe ao Zas, trataba de crear perigo mediante transicións rápidas buscando a velocidade dos seus extremos, pero tamén lles faltou claridade nos últimos metros para crear perigo; destacaron un centro-chut de Rubio que Suso atallou cunha gran estirada e un disparo raso cruzado de Rubio que pasou preto do pao esquerdo.
Empate do Malpica que sen facer un gran encontro acumulou varias oportunidades para gañalo partido con comodidade, pero onde de novo a falta de puntería foi o seu "tendón de aquiles". Tras este empate, a SCD descende dous postos, pois agora ocupa a quinta posición pero a tan só un punto do Corme que é quen ocupa o terceiro posto. O vindeiro fin de semana os malpicáns deberán desprazarse ata Muros nunha saída nada sinxela.
0 comentarios:
Publicar un comentario