lunes, 30 de abril de 2012

LIGA DA COSTA 32ª XORNADA: MUROS 4 - SCD MALPICA 1.

MUROS SD: Fabio, Alberto, Marco, Mayuyo (Teo min.89), Gael, Gelo, Adrián (Kiko min.67), Jesús, Aitor (Javi min.84), Óscar Maema (Yanky min.69), Sexo.

SCD MALPICA: Suso, Miguel Avelino, Marcos Amado, Charlie, Marco, Andrés (Manu Pardo min.62), Neucha, Rancaño, Pablo (David Blanco min.40), Tato, Charro.

Árbitro: Aguiar Patricio. Moi correcto durante toda a tarde sen deixarse intimidar polos locais e aplicando o reglamento con criterio. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde con nubles e claros, cunha temperatura agradable. Uns 100 espectadores presenciaron o encontro en Miraflores. O malpicán Pablo tivo que retirarse lesionado cun golpe no nocello dereito tras apoiar mal nun salto.

Goles: 1-0 (min.47): Balón en profundidade cara Sexo na posición de extremo esquerdo, apura a líña de fondo e centra ao punto de penalti onde remata Adrián que se anticipa á defensa e porteiro visitantes. 1-1 (min.70): Gran pase en profundidade de Marcos Amado cara Tato que encara a Fabio e anota de tiro raso cruzado. 2-1 (min.74): Combinación da dianteira local no pico da área esquerda do seu ataque que culmina cunha gran xogada individual de Gelo que dribla a un defensa e bate a Suso cun fenomenal disparo que da no longueiro antes de entrar. 3-1 (min.86): Sexo recupera o esférico no seu propio campo, fai unha parede cun compañeiro, recorre toda a banda esquerda e plántase ante Suso para marcar de tiro raso. 4-1 (min.90): Balón en longo sobre a líña de tres cuartos, a defensa malpicán erra, Sexo recolle o balón morto volvendo a plantarse ante Suso resolvendo no man a man.

Crónica: Tra-lo inesperado tropezo na xornada anterior ante o Zas, a SCD Malpica afrontaba unha complicada visita a Muros (un dos campos máis complicados da categoría) apurando as opcións de ser terceiros. David Baña, adestrador malpicán, contaba coas seguintes baixas: Óscar Moscoso, Cheo, Víctor (por motivos laborais), Dani (tamén por motivos laborais) e Iago (sancionado). O partido comezou cun Malpica un tanto adormilado, mentres que semellaba que era o Muros o que se estaba a xogar algo. Non lograron adaptarse ás reducidas dimensións do terreo de xogo e apenas contaron con aproximacións perigosas, mentres que sufrian a balón parado nos saques de curruncho e de banda locais. A SCD contou apenas con dúas oportunidades de gol: un pase en profundidade de Tato sobre Pablo pero chega moi forzado botándoselle o gardameta local encima; e un disparo de Tato dende a frontal que Fabio despexa con apuros. O Muros tivo varios acercamentos perigosos, destacando os seguintes: Adrián penetra pola dereita e o seu disparo despexao Suso a saque de esquina; disparo de Sexo dende o pico esquerdo da área que de novo Suso despexa cunha gran estirada; nova internada de Sexo que se planta ante Suso pero o seu tiro volve a sacalo o gardameta.

A segunda parte non podía comezar peor para os malpicáns, pois en apenas un minuto chegou o primeiro gol dos locais. A SCD tratou de adiantar líñas e apretar un pouco máis, pero non mostraron moitas imprecións e faltaron ideas para superar a unha segura defensa local. Froito desta circunstancia foi que o Malpica non tirou a porta con perigo nestes segundos 45 minutos, e tan só deron a sensación de poder marcar (ademais de na xogada do gol) nun "pase da morte" que o Charro enviou cara David Blanco pero que foi atallado polo porteiro local. Pola contra, o Muros acumulaba bastante xente en mediocampo tratando de recuperalo balón e envialo en profundidade cara Sexo que hoxe tivo unha tarde moi inspirada. Nos minutos finais, e co Malpica arriesgando en busca do empate, os locais "mataron" o partido á contra.

Derrota merecida da SCD que propicia que agora o terceiro posto quede a catro puntos cando tan só quedan dous partidos por disputar. Mala imaxe a que amosou o equipo azulón que nas últimas xornadas parece que perde un pouco de fuelle. O vindeiro encontro de liga será na Pedra Queimada fronte ao San Lorenzo.

0 comentarios:

Publicar un comentario