lunes, 14 de enero de 2008

Castriz 2 - Malpica 0

SD Castriz: Juan; Alejandro, Torreira, (m. 90 Martín), Roberto, Toniño, Jota, Luís, (m.85, Javier), Koeman, Mauri, (m.92, Moreno), David Brenlla, (m. 69, Bruno), Sebas, (m. 87, Prego).
SCD Malpica: Toni; Avelino, Javi, Diego, Alfredo II, Quique (m. 58, Dani), Charro, Lema, Rodri, Manuel, Martuxa.
Goles: 1 - o, Min. 35. Toniño remata no segundo pau unha falta botada por Jota. 2 - 0, Min. 75 Sebas tras un córner.


O Malpica presentábase no campo do terceiro clasificado, do que estaba a un punto, coa intención de situarse por encima na clasificación. As condicións non axudaban moito xa que fixo unha tarde moi fría e con choiba en algúns instantes do partido. Isto fixo que o partido non fose moi vistoso e que as ocasións chegaran todas en balóns largos ou xogadas de estratexia.
O cadro de Esmorís comezou dominando cunha gran presión coa intención de levarse o partido dende o primeiro momento. Así, ós catro minutos, o Charro roubou un balón froito da gran presión colectiva e o rexeite colleuno Martuxa que no man a man con Juan chegou un pouco forzado e non puido superalo. O Malpica seguiu bastante ordenado e exercendo unha boa presión, mentres, o conxunto local só chegaba a área de Toni mediante pelotazos, como unha xogada na que Alfredo esbarou, e o meta visitante tivo que facer unha gran intervención no man a man co dianteiro do Castriz. No minuto 18, Lema recibe só dentro da área un bo centro de Avelino e cabecea alto cando tiña todo a favor. Tan só un minuto despois, Rodri foi derribado na área pero o árbitro, moi caseiro, non sinalou nada. O Castriz só podía crear perigo en xogadas de estratexia, e así foi como chegou o primeiro gol. Jota botou unha falta lateral ó segundo pau, e Toniño, ante a pasividade da defensa malpicán, fusila a Toni nun bo remate. Remataba así a primeira parte cun resultado totalmente inxusto.
A segunda metade foi un calco da primeira. O cadro visitante levou o peso do encontro pero non foi quen de definir ante a meta local. Na reanudación o Malica chegou a dispoñer de tres oportunidades claras de gol que non foi quen de resolver. Ós cinco minutos, Manuel recolle un rexeite e manda unha volea dende 40 metros que pega no longueiro, nese mesmo rexeite, o Charro só e ca porteria valeira, manda o balón alto. Dez minutos despois, o Charro prolonga un bo balón para Rodri e o seu tiro e despexado a córner por Juan. Como pasara no primeiro tempo, tras perdoar o Malpica, golpeou o Castriz. Xa tivera algunha ocasión debido ós espazos deixados atrás polo empuxe visitante. No minuto 75, un córner botado por Torreiro ó segundo pau foi rematado por Sebas tras unha mala saída de Toni. Tralo segundo gol, o Malpica baixou os brazos e non puido facer máis. Foi un día destes nos que non che sae nada, e no que o adestrador Ramón Esmorís dixo: "Nestes partidos quédanche cara de tonto, fas todo por gañar e perdes".
Para a semana o Malpica recibe ó Muros na Pedra Queimada onde espera retomar a xeira do triunfo.

lunes, 7 de enero de 2008

Malpica 3 - Porteño 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Marco, Andrés, (Alfredo II, m.37), Charro, (Quique, m. 63), Lema, (Martuxa, m. 80), Rodri, Manuel, (Coki, m. 85), Dani.
CF Porteño: Diego; Matías, Roberto, (Óscar, m. 63), Rosquilleiro, Álex, Gemisa, (Piti, m. 68), Ismael, Varela, Cousillas, (Manuel, m. 46), Vello, Choó, (Ástu, m. 46).
Goleadores: 1-0, min.1: Charro tras adiantarse ó central. 2-0, min. 66: Rodri marca de forte disparo 3-0, min. 77: Lema cun gran disparo dende máis de 20 metros.

Primeiro partido do ano na Pedra Queimada, que rexistrou unha entrada frouxa debido ás malas condicións climatolóxicas, con chuvia e moito vento. O Malpica quería empezar o ano ben despois do último tropezo no campo do Sofán. En fronte, estaba o Porteño, un equipo en estado de gracia que viña de gañar os seus últimos 5 partidos e que estaba 2 puntos por encima do cadro que adestra Esmorís.
O partido non puido empezar mellor, xa que na primeira xogada, Dani mandaba un pase interior ó Charro, que se adiantaba ó central e no man a man definía con maestría mandando o balón ó segundo pau sen que Diego puidera facer nada. Só ían 42 segundos de partido e o conxunto local estaba por diante no marcador. A primeira parte morreu aí, xa que o Porteño non era capaz de chegar con perigo e o Malpica limitábase a controlar o balón e aprobeitar algunha ocasión para matar o partido. Ocasión que casi chega no minuto 27, cando tras unha boa xogada pola banda dereita, Avelino centrou un balón medido que Lema rematou acrobáticamente obrigando a Diego a facer unha gran parada.
A segunda metade comezou igual que rematara a primeira, só que ó cuarto de hora da reanudación, o cadro local volveu a golpear de novo. Foi tras un saque de banda que Lema peinou para Rodri e este sen pensalo enganchou un trallazo que se colou pola escadra sen que nada puidera facer o porteiro visitante. O partido pareceu complicarse un pouco trala expulsión por doble cartón amarelo a Marco, pero o Porteño non foi quen de poñer en apuros a Toni, que apenas interviu. Cando faltaban 15 minutos para o remate do encontro, Lema sentenciou o partido cun golazo, recolleu o balón en tres cuartos de campo, e tras avanzar uns pasos mandou un trallazo que se colou pola escadra ante a atenta mirada de Diego, que nada puido facer.
Máxima efectividade do Malpica, que na segunda metade realizou un gran encontro. Cabe destacar a volta ó equipo de Dani, que fixo un gran partido creando moito perigo pola banda esquerda.

lunes, 24 de diciembre de 2007

Sofán 4 - Malpica 0

SD Sofán: José Ramón; Baneira, (m. 67, Gende), Víctor Docampo, Juanjo, Gustavo, Pizo, Adrián, (m. 68, Varela), Marcial, (m. 61, Crístian), Bertín, (mi. 68, Berti), Suso Docampo, (m. 68, Jóse), Eloy.
SCD Malpica: Toni; (m. 4, Illote) Avelino, Diego, Víctor, Fariña, (Javi, m.65), Marco, (Kike, m. 37), Charro, Andrés, Sassano, Lema, Elías.
Goles: Min. 11,1-0. Eloy, de forte trallazo a escadra, dende uns 25 m. Min. 21, 2-0. Adrián, ao rematar só dentro da área Min. 70, 3-0. Bertín bate a Illote no man a man. Min. 86, 4-0. Eloy dende fora da área.

Gran tarde para xogar ó fútbol no campo do Carral onde o Malpica esperaba continuar coa súa favorable xeira de resultados durante os últimos anos.
O partido non empezou ben, xa que ós 4 min. o porteiro Toni tivo que retirarse por unhas doenzas que xa tiña antes do partido polas cales non debería ter comezado. Illote, que debutaba esta tempada, a pesar de entrar se apenas quentar, fixo un bo partido e non tivo culpa en ningún dos catro goles, estando moi atento nas saídas e mostrando maneiras. O cadro de Esmorís nunca estivo cómodo no campo, máis despois de que ós dez minutos, Eloy fusilara dende 25 m a portería visitante mandando o balón á escadra. O tanto non fixo reaccionar ós malpicáns que volveron a encaixar outro gol só quince minutos despois nun contraataque no que os locais chegaron con superioridade, e Adrián rematou ben un centro dende a banda dereita. O mellor que lle podía pasar ó Malpica era chegar ó descanso e así foi. Na segunda parte, parecía que os visitantes empezaban con máis ganas e a punto estiveron de acortar distancias por medio dun gran disparo de falta de Diego que pegou no pau da portería de José Ramón. Cando máis estaba presionando o Malpica, unha pérdida no medio do campo provocou que Bertín encarara só a Illote e batíao cun toque sutil elevando o balón. A partir de aí, o Malpica baixou os brazos e o Sofán limitouse a manter o balón. Aínda así, Eloy volveu a marcar dende fora da área tras unha xogada personal. A única xogada perigosa dos visitantes foi un remate de Lema a centro de Diego, que o porteiro sacou con algún apuro. Mal partido dun Malpica que debe recuperarse para o próximo enfrentamento na Pedra Queimada ante un rival directo que está a ser a revelación da tempada, o Porteño.

martes, 18 de diciembre de 2007

Malpica 0 - Ponteceso 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Marco, Andrés, Charro, Lema, Rodri, Manuel, Elías, (Min. 81, Javi).
Ponteceso SD: Pombo; Salva, Carlos, Roberto Ríos, Mato, Tucho, (Min. 64, Rubén), Toni, (min. 86 Mario), M. Torrado, Miguel, Nando, (min. 68, Bolón), Mendieta.

Tarde soleada aínda que moi fría nunha Pedra Queimada que rexistrou unha entrada que rondou os 150 espectadores. O partido tivo pouco futbol pero notouse a intensidade que caracteriza este tipo de encontros.
Na primeira metade o Ponteceso dominou máis e chegou con máis perigo á portería de Toni, que como é habitual estivo moi acertado. O Malpica non estaba cómodo e foise ó vestiario sen crear unha ocasión de perigo. No segundo tempo, o cadro local espertou e comezou a crear ocasións ó contragolpe, gozando así das mellores ocasións. Mentres que o Ponteceso continuaba co seu dominio, o ariete local Rodri, dispuxo de dous mans a mans con Pombo que o porteiro visitante resolveu con acerto.
Gran partido do Malpica en defensa, que se mostrou moi serio ante o segundo clasificado e incluso puido levarse a vitoria de estar máis acertado de cara á portería. Sen embargo, o punto colleitado é bo xa que os resultados da xornada favorecéron ó cadro de Ramón Esmorís.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Malpica 2 - Buño 0


SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Fariña, Andrés, Charro, (min.87 Rubén), Quique, Lema, Manuel, Elías, (Coki, min. 79).
Buño SD: Añón, Óscar, Aitor, Diego, Mario, Jorge, (Richard), Aldao, Carlos, Víctor, Emilio, (Manu), Neucha.
Goles: 1-0 Min. 48: Manuel, de penalti cometido a Lema. 2-0 Min. 85: Fariña dende o medio do campo tras un erro do porteiro.

O malpica volvía a casa despois de dúas xornadas xogando fora no que conseguira dous valiosos empates. A tarde presentábase propicia para consolidar eses bos resultados conseguindo os tres puntos ante o colista da categoría. Aínda así, as condicións cliamtolóxicas non eran as mellores xa que se levantara un forte vento que non ía deixar xogar con comodidade.
Na primeira parte o equipo local acusou o vento en contra e sobretodo as maiores gañas dos visitantes, que con pouco futbol pero moita intensidade conseguiron pouco a pouco crear perigo. Victor, o mellor home dos visitantes, dispuxo de varias ocasión nas que fixo intervir a Toni, que estivo moi acertado. O conxunto de Esmoris non era capaz de saír coa pelota xogada debido a gran presión que estaban a realizar os xogadores do Buño. Aínda así, o resultado non se moveu na primeira metade.
Trala reanudación, todo cambiou. Agora o vento sopraba a favor do cadro local e as forzas iban minguando nos visitantes. A consecuencia disto, o Malpica dispuxo de 5 corners consecutivos nos que creou moito perigo, de feito, no último deles, foi no que se orixinou o penalti que deu lugar ó 1-0. Lema recolleu un balón solto na área, amagou co disparo e foi derribado polo seu marcador, penalti claro aínda que moi protestado. Manuel foi o encargado de transformalo mandando o balón a escadra dereita da portería. O partido poñíase de cara para o Malpica que nos minutos seguintes seguiu atacando e provocando máis ocasións de perigo por medio de Lema, que rematou cun forte cabezazo un corner botado por Diego, obrigando ó porteiro a facer unha espectacular parada mandando o balón ó longueiro.
Pouco a pouco, o dominio do Malpica foi decrecendo, pero o equipo visitante nunca dou sensación de verdadeiro perigo, tendo como única ocasión aillada un tiro de Victor que Toni mandou a corner sen problemas. No minuto 85, nunha das innumerables faltas que fixo o Buño, Fariña colgaba un balón sin aparente perigo á área visitante, que tras botar, o porteiro "tragouse" de maneira escandalosa sentenciando así o encontro.
Non foi un encontro moi vistoso, pero os tres puntos son moi importantes para acabar a primeira volta entre os catro primeiros e afrontar a visita do Ponteceso con moita moral.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Carnota 1 - Malpica 1

UD Carnota: Luís, Jorge, Nico, Berto, Eli, (m. 76,Demetrio), Ubaldo, Nando, Sergio, Casti, Tropi, Martín.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Javi, Víctor, Fariña,Marco,Charro, Lema (m.70, Coki), Rodri, Manuel, Elías.
Goleadores: o - 1, Min. 74, Rodri despois dun gran contraataque. 1 - 1, Min. 81, Casti tras unha boa conbinación do equipo local.

Chegaba o Malpica cun equipo de circunstancias para estrear o novo campo de Lombáns, o que acudiron un centear de persoas, ante un Carnota que estaba a xogar un fútbol mellor do que indicaba a súa clasificación.
O partido empezou cun ritmo alto e xa no minuto 6, o mellor xogador do Carnota no partido de onte estivo a punto de adiantar ós seus cunha volea que se estrelou no longueiro. Pouco a pouco, o equipo local foise facendo co medio do campo gracias a un equilibrado trivote e conseguiu o control do partido. Aínda así, o conxunto de Esmorís creaba perigo nas contras e a punto estivo de adiantarse nun deles. Manuel mandou un perfecto pase ó Charro que enganchou unha gran volea dende a esquina esquerda pero o balón estrelouse no longueiro. A primeira parte remataría sen máis accións destacadas.
No segundo tempo o cadro visitante botouse un pouco atrás polo cansancio e o Carnota aproveitouno para crear boas ocasións. No minuto 50, Fariña derribou claramente ó dianteiro do conxunto local dentro da área e o árbitro sinalou penalti. O encargado de lanzalo foi Tropi, que escolleu o lado dereito de Toni que fixo unha gran parada adiviñando as intencións do extremo local. Mentras, o Malpica só creaba perigo a balón parado e en algunha contra, como a lanzada de novo por Manuel cun bo pase sobre Charro, que tras atraer ós dous centrais, deixoulle o balón a Rodri case na área pequena, e o seu tiro foi rexeitado polo porteiro. Isto foi un aviso do que pasaría uns minutos despois. Tras un centro á área do Malpica, Coki recollía o balón e mandábao de primeiras a Manuel que enviaba un gran pase a Rodri, que cunha gran arrancada se desfacía do central e batía ó porteiro elevando o balón ante a súa saída culminando así un perfecto contraataque. O partido poñíase de cara para o conxunto visitante. Pero pouco duraría a alegría, xa que só cinco minutos despois o Carnota conseguiría empatar tras unha gran xogada colectiva por medio de Casti. Os últimos 10 minutos de encontro foron un resumo do que foi o partido, o Carnota controlando o partido e o Malpica buscando a contra, como a do último minuto na que o Charro conseguiu desfacerse de tres contrarios e foi derribado na frontal cando xa encaraba ó porteiro. A falta tirouna Fariña moi desviada.
A nota negativa puxoa Rodri, xa que foi expulsado por doble cartón amarelo nos últimos intres de partido. Cabe destacar o debut de Fariña, que aguantou perfectamente os 90 minutos pese a só entrenar esta semana.